A cousa explícase desde o punto de vista histórico pola evolución do
vocabulario.
En resumo, porque teñen orixes e evolución diferente.
Orixe:
/extensĭo, -ōnis
//extendĕre/
Comentario:
O substantivo e*x*tensión vén "directamente" do *substantivo* do latín
E*X*TENSIO, mentres que o adxectivo "estendido" vén do *verbo* romance
"e*s*tender" a partir do cal se crea un novo participio, "estendido",
que, ao usarse para describir situacións, acaba por converterse para os
falantes en adxectivo tanto ou máis que verbo (en participio). É unha
situación moi común en galego por ter moitos dobretes nos participios
(fritido-frito) que dan lugar a novos adxectivos e substantivos cando,
ao mesmo tempo, mantén herdeiros dos antigos substantivos latinos.
O cambio do -X- polo -s- é simple:
-X- é en realidade -[ks]-. Segundo o tipo de palabra (sen explicar máis
profundidades agora) a evolución dese -ks- latino tomou dous camiños
a) Converterse no noso -x- (de xente): EXEMPLU(M) > exemplo
b) Simplificar no -s- : EXTRA NEU(M) > estraño
Se te das conta en galego tamén temos "extenso" que non é exactamente o
mesmo que "estendido". Extenso vén, pois, directamente do verbo latino
antigo mentres "estendido" nace xa no verbo do latín moderno (isto é, no
galego). Iso explica por un lado a diferenza da escrita e por outra a
diferenza do seu significado:
Exemplo de uso:
- A herba quedou estendida despois de dúas horas de traballo. (resultado
dunha acción)
- O campo é extenso coma o que máis. (descrición dunha cousa)
Como verás non son intercambiables.
Outros casos:
O mesmo pasa por exemplo con cinguir-cinguido-cinto,
tinxir-tinxida-tinta, romper-rompido-roto, etc....
Espero que sirva.
Antón Méixome
Daniel Muñiz Fontoira escribió:
Como curiosidade:
extensión é con x
estendido é con s
algún linguista que explique isto???
Saudos
Por certo, non puiden ir á guademy, aínda que me gustaría ter ido no
lugar de pasalo no hospital coa miña dona, nada grave pero había que estar.