Re: [KDE][XFCE]

2008-06-03 Conversa Leandro Regueiro
2008/6/2 marce mvillar...@gmail.com:
 O Luns 02 Xuño 2008 16:49, Leandro Regueiro escribiu:
 Pero para manter a antiga tradición dos trasnegos, que non sabemos a
 cantos centos de anos se remonta exactamente este costume, estou
 perdendo o tempo mirando como habería que facer para traducir o Xfce.
 Vaia, pois eu tampouco sei de cando ven isto... teríamos que perguntarlle aos
 trilobites que andan por aquí. Ramón, lembras a orixe do costume ese? ;-D

 Pero se queres podeslle dicir que se poña en contacto comigo e que se
 poña agora, ainda que o método de tradución dos de xfce é un pouco
 raro... A miña idea é empezar de cero a tradución, xa que penso que se
 emporcou demasiado cas traducións de Rosetta.
 Fareino de imediato.

 Respecto do do vídeo estou totalmente de acordo. Habería que mirar
 eses programas tipo istanbul a ver que tal rulan,

 Isque? Home, eu acabo de revisar a tradución de Kwin e varias cadeas poñen ven
 claro record video... e caseque sendo así prefiro commodityzarme

Ben, supoño que finalmente se fará. Vin que o novo tradutor parece que
nunca traduciu. Un vídeo sobre as cousas básicas igual non lle viña
mal. Do que desgraciadamente igual non se pode falar moi polo miúdo é
do proceso de obtención dos ficheiros e do proceso de entrega dos
resultados, xa que iso é o que varía moito dun proxecto de tradución a
outro.

Estiven revisando a wiki do Xfce e teñen cousas desactualizadas e a
guía que teñen está incompleta.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: [KDE][XFCE]

2008-06-03 Conversa Ramon Flores
Em Segunda, 2 de Junho de 2008, o marce escreveu:
 O Luns 02 Xuño 2008 16:49, Leandro Regueiro escribiu:
  Pero para manter a antiga tradición dos trasnegos, que non sabemos a
  cantos centos de anos se remonta exactamente este costume, estou
  perdendo o tempo mirando como habería que facer para traducir o Xfce.

 Vaia, pois eu tampouco sei de cando ven isto... teríamos que perguntarlle
 aos trilobites que andan por aquí. Ramón, lembras a orixe do costume
 ese? ;-D

Se non lembro mal ven dun decreto do Imperador Teodosio, mais é posíbel que xa 
veña dos tempos da República (Romana). :-)

Ramon


Re: [KDE][XFCE]

2008-06-03 Conversa Miguel Solla
Envío o .po dunha pequena tradución que rematei onte. É un xestor de
bluetooh para gnome,
bluemanhttp://blueman.tuxfamily.org/index.php?option=com_contentview=articleid=51Itemid=56(a
min resultoume bastante útil). Non sei se é moi típico na lista o de
enviar os .po, pero seguro que hai alguén por aí que controla como poñelo a
disposición de maís peña e todo iso.
Teño un par de dúbidas de novato respecto desta tradución, cóntovos:
quedóuseme colgada actualización do ubuntu a hardy e estaba tendo bastantes
problemas ultimamente (para instalar outras distribucións no cacharro os
problemas son aínda maiores), onte por fin resucitou e tira bastante ben. O
caso é que a tradución fíxena en liña (desde outros cacharros en windows),
no launchpad. Pode alguén explicar basicamente que é isto da Rosetta e o
Launchpad, por que aparece no contorno de tradución un enlace a canonical,
por que tardan tanto en actualizar as traducións? Xa sei que todo cristo
anda enleado, pero tampouco corre apuro.
Outra cousa, de cara a finais de mes, se cadra eu tamén podería botar unha
man na tradución do Xfce, pero son outro que tal baila, precisaría de vídeo
e seguramente de máis información (e paciencia) para poder comezar. E unha
vez que xa está isto escrito, espero que se trate dun proxecto pequeno...




2008/6/3 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:

 2008/6/2 marce mvillar...@gmail.com:
  O Luns 02 Xuño 2008 16:49, Leandro Regueiro escribiu:
  Pero para manter a antiga tradición dos trasnegos, que non sabemos a
  cantos centos de anos se remonta exactamente este costume, estou
  perdendo o tempo mirando como habería que facer para traducir o Xfce.
  Vaia, pois eu tampouco sei de cando ven isto... teríamos que perguntarlle
 aos
  trilobites que andan por aquí. Ramón, lembras a orixe do costume ese?
 ;-D
 
  Pero se queres podeslle dicir que se poña en contacto comigo e que se
  poña agora, ainda que o método de tradución dos de xfce é un pouco
  raro... A miña idea é empezar de cero a tradución, xa que penso que se
  emporcou demasiado cas traducións de Rosetta.
  Fareino de imediato.
 
  Respecto do do vídeo estou totalmente de acordo. Habería que mirar
  eses programas tipo istanbul a ver que tal rulan,
 
  Isque? Home, eu acabo de revisar a tradución de Kwin e varias cadeas
 poñen ven
  claro record video... e caseque sendo así prefiro commodityzarme

 Ben, supoño que finalmente se fará. Vin que o novo tradutor parece que
 nunca traduciu. Un vídeo sobre as cousas básicas igual non lle viña
 mal. Do que desgraciadamente igual non se pode falar moi polo miúdo é
 do proceso de obtención dos ficheiros e do proceso de entrega dos
 resultados, xa que iso é o que varía moito dun proxecto de tradución a
 outro.

 Estiven revisando a wiki do Xfce e teñen cousas desactualizadas e a
 guía que teñen está incompleta.

 Ata logo,
  Leandro Regueiro



_blueman-gl.po
Description: application/po


Re: [KDE][XFCE]

2008-06-03 Conversa Leandro Regueiro
2008/6/3 Miguel Solla brado...@gmail.com:
 Envío o .po dunha pequena tradución que rematei onte. É un xestor de
 bluetooh para gnome, blueman (a min resultoume bastante útil). Non sei se é
 moi típico na lista o de enviar os .po, pero seguro que hai alguén por aí
 que controla como poñelo a disposición de maís peña e todo iso.
 Teño un par de dúbidas de novato respecto desta tradución, cóntovos:
 quedóuseme colgada actualización do ubuntu a hardy e estaba tendo bastantes
 problemas ultimamente (para instalar outras distribucións no cacharro os
 problemas son aínda maiores), onte por fin resucitou e tira bastante ben. O
 caso é que a tradución fíxena en liña (desde outros cacharros en windows),
 no launchpad. Pode alguén explicar basicamente que é isto da Rosetta e o
 Launchpad, por que aparece no contorno de tradución un enlace a canonical,
 por que tardan tanto en actualizar as traducións? Xa sei que todo cristo
 anda enleado, pero tampouco corre apuro.

Como ben dis o de Rosetta e Launchpad é unha boa lea. Que llo explique
outro por favor, que eu ando falto de tempo.

 Outra cousa, de cara a finais de mes, se cadra eu tamén podería botar unha
 man na tradución do Xfce, pero son outro que tal baila, precisaría de vídeo
 e seguramente de máis información (e paciencia) para poder comezar. E unha
 vez que xa está isto escrito, espero que se trate dun proxecto pequeno...

Si, é bastante pequeno, só unhas 5000 cadeas. Ainda que remexendo
igual aparecen máis. Tereino que investigar cando teña tempo...

Ata logo,
  Leandro Regueiro