2008/6/3 Miguel Solla <brado...@gmail.com>:
> Envío o .po dunha pequena tradución que rematei onte. É un xestor de
> bluetooh para gnome, blueman (a min resultoume bastante útil). Non sei se é
> moi típico na lista o de enviar os .po, pero seguro que hai alguén por aí
> que controla como poñelo a disposición de maís peña e todo iso.
> Teño un par de dúbidas de novato respecto desta tradución, cóntovos:
> quedóuseme colgada actualización do ubuntu a hardy e estaba tendo bastantes
> problemas ultimamente (para instalar outras distribucións no cacharro os
> problemas son aínda maiores), onte por fin resucitou e tira bastante ben. O
> caso é que a tradución fíxena en liña (desde outros cacharros en windows),
> no launchpad. Pode alguén explicar basicamente que é isto da Rosetta e o
> Launchpad, por que aparece no contorno de tradución un enlace a canonical,
> por que tardan tanto en actualizar as traducións? Xa sei que todo cristo
> anda enleado, pero tampouco corre apuro.

Como ben dis o de Rosetta e Launchpad é unha boa lea. Que llo explique
outro por favor, que eu ando falto de tempo.

> Outra cousa, de cara a finais de mes, se cadra eu tamén podería botar unha
> man na tradución do Xfce, pero son outro que tal baila, precisaría de vídeo
> e seguramente de máis información (e paciencia) para poder comezar. E unha
> vez que xa está isto escrito, espero que se trate dun proxecto pequeno...

Si, é bastante pequeno, só unhas 5000 cadeas. Ainda que remexendo
igual aparecen máis. Tereino que investigar cando teña tempo...

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a