Envío o .po dunha pequena tradución que rematei onte. É un xestor de
bluetooh para gnome,
blueman<http://blueman.tuxfamily.org/index.php?option=com_content&view=article&id=51&Itemid=56>(a
min resultoume bastante útil). Non sei se é moi típico na lista o de
enviar os .po, pero seguro que hai alguén por aí que controla como poñelo a
disposición de maís peña e todo iso.
Teño un par de dúbidas de novato respecto desta tradución, cóntovos:
quedóuseme colgada actualización do ubuntu a hardy e estaba tendo bastantes
problemas ultimamente (para instalar outras distribucións no cacharro os
problemas son aínda maiores), onte por fin resucitou e tira bastante ben. O
caso é que a tradución fíxena en liña (desde outros cacharros en windows),
no launchpad. Pode alguén explicar basicamente que é isto da Rosetta e o
Launchpad, por que aparece no contorno de tradución un enlace a canonical,
por que tardan tanto en actualizar as traducións? Xa sei que todo cristo
anda enleado, pero tampouco corre apuro.
Outra cousa, de cara a finais de mes, se cadra eu tamén podería botar unha
man na tradución do Xfce, pero son outro que tal baila, precisaría de vídeo
e seguramente de máis información (e paciencia) para poder comezar. E unha
vez que xa está isto escrito, espero que se trate dun proxecto pequeno...




2008/6/3 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:

> 2008/6/2 marce <mvillar...@gmail.com>:
> > O Luns 02 Xuño 2008 16:49, Leandro Regueiro escribiu:
> >> Pero para manter a antiga tradición dos trasnegos, que non sabemos a
> >> cantos centos de anos se remonta exactamente este costume, estou
> >> perdendo o tempo mirando como habería que facer para traducir o Xfce.
> > Vaia, pois eu tampouco sei de cando ven isto... teríamos que perguntarlle
> aos
> > trilobites que andan por aquí..... Ramón, lembras a orixe do costume ese?
> ;-D
> >
> >> Pero se queres podeslle dicir que se poña en contacto comigo e que se
> >> poña agora, ainda que o método de tradución dos de xfce é un pouco
> >> raro... A miña idea é empezar de cero a tradución, xa que penso que se
> >> emporcou demasiado cas traducións de Rosetta.
> > Fareino de imediato.
> >
> >> Respecto do do vídeo estou totalmente de acordo. Habería que mirar
> >> eses programas tipo istanbul a ver que tal rulan,
> >
> > Isque? Home, eu acabo de revisar a tradución de Kwin e varias cadeas
> poñen ven
> > claro "record video"... e caseque sendo así prefiro "commodity"zarme
>
> Ben, supoño que finalmente se fará. Vin que o novo tradutor parece que
> nunca traduciu. Un vídeo sobre as cousas básicas igual non lle viña
> mal. Do que desgraciadamente igual non se pode falar moi polo miúdo é
> do proceso de obtención dos ficheiros e do proceso de entrega dos
> resultados, xa que iso é o que varía moito dun proxecto de tradución a
> outro.
>
> Estiven revisando a wiki do Xfce e teñen cousas desactualizadas e a
> guía que teñen está incompleta.
>
> Ata logo,
>                  Leandro Regueiro
>

Attachment: _blueman-gl.po
Description: application/po

Responderlle a