Re: [dúbida] wrapper

2008-10-20 Conversa Javier Pico
To wrap = envolver.

Wrapper = envoltorio.

Comunmente, considerase wrapper aquelo que encapsula outros elementos que,
de por si, xa teñen entidade propia, para poder traballar con eles en
determinadas circunstancias.

Un exemplo: o ndiswrapper que permite usar en gnu/linux os controladores
para windows das tarxetas wi-fi.

On Sun, Oct 19, 2008 at 11:51 PM, mvillarino mvillar...@gmail.com wrote:

 Só para desenvolventes: que é un wrapper? (e como traducilo)
 --
 Best regards,
 MV


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



Re: [Dúbida] Service pack

2008-10-20 Conversa damufo



mvillarino escribiu:

O Domingo 19 Outubro 2008 19:31, Leandro Regueiro escribiu:

Se hai maioría haberá que ceder. Lembro ter visto, creo que en
opensuse ou en mandriva, algo coma update bunch, que tampouco
soubera moi ben como traducir. Por iso digo que creo que abusamos de
paquete.
Bunch é un grupo. Dependendo dos elementos, así será a palabra máis 
axeitada: ramo, acio, feixe... Como non creo que haxa unha palabra 
patrimonial para referirse a vaias actualización que van a unha, pois grupo 
de actualizacións

ou feixe de actualizacións as dúas opcións gústanme.
Tamén penso que é mellor usar un termo diferente a paquete.

--
damufo


Re: [Dúbida] Service pack

2008-10-20 Conversa damufo


Antón Méixome escribiu:

Proposta:

Service pack  paca de actualizacións
Dependence package  dependencias de paquete

...
Pack  paca (sinónimo de paquete). O que nos levaría a paca de
 actualizacións seguindo a tendencia deste fío de discusión.

Esta tamén me parece unha boa proposta.


Re: Wait - KPackageKit

2008-10-20 Conversa damufo


mvillarino escribiu:
Debe ser que me canto menos novo son, máis raro me torno, pero ultimamente 
estou a desenvolver reticencias a estas mensaxes que conteñen un trazo que 
separa un texto do nome do programa.

Que solucións pode haber?(*)



[*]Non, non me vou medicar, pero grazas pola suxestión.

A ver se entendín ben:

Se non me erro o joomla! antes usaba esa forma que agora substitue polas 
paranteses.


Wait (KPackageKit)



Re: [dúbida] wrapper

2008-10-20 Conversa damufo

Eu tamén uso
wrapper: envoltorio.

Javier Pico escribiu:

To wrap = envolver.

Wrapper = envoltorio.

Comunmente, considerase wrapper aquelo que encapsula outros elementos 
que, de por si, xa teñen entidade propia, para poder traballar con eles 
en determinadas circunstancias.


Un exemplo: o ndiswrapper que permite usar en gnu/linux os controladores 
para windows das tarxetas wi-fi.


On Sun, Oct 19, 2008 at 11:51 PM, mvillarino mvillar...@gmail.com 
mailto:mvillar...@gmail.com wrote:


Só para desenvolventes: que é un wrapper? (e como traducilo)
--
Best regards,
MV


--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net
mailto:proxecto-unsubscr...@trasno.net.




Re: [Dúbida] Service pack

2008-10-20 Conversa Leandro Regueiro
 Dependence package  dependencias de paquete

Non me fixara antes, pero isto máis ben tradúcese coma paquete
dependente ou paquete de dependencias.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: Wait - KPackageKit

2008-10-20 Conversa Leandro Regueiro
A min tenme toda a pinta de ser a cabeceira dunha ventá ou algo
semellante, que se mostra cando o programa packagekit está traballando
arreo. Eu traduciriaa coma Agarde - Packagekit

Ata logo,
   Leandro Regueiro


Re: [dúbida] wrapper

2008-10-20 Conversa Miguel Branco

 wrapper: envoltorio.

Nalgúns casos wrapper non é empregado tamén coma 'adaptador'? Refirome ós 
wrappers para drivers  so on. 


Re: [Wesnoth]

2008-10-20 Conversa Leandro Regueiro
 Falando de nomes de cousas e topónimos, en certas campañas aparece
 unha poboación chamada Dwarven Doors que ainda non sei moi ben como
 traducir. Supostamente é unha poboación da Alianza do Norte na que
 viven ananos e humanos e está sobre terra preto da entrada principal
 de Knalga (un dos grandes reinos dos ananos), alguén ten ideas para a
 tradución?

 Eu o traducín como as Portas dos Ananos, pero onde o traducín referíase ao
 lugar, creo, e non á facción.

Dwarven Doors é unha poboación, ou lugar, como queiras chamarlle. A
min Porta dos Ananos non é que me convenza moito.

Falando outra vez do de wesnothians, teño visto unha cadea we are
wesnothians, que traducin coma somos de Wesnoth.

Volvendo ó tema das campañas, o fodido non é a campaña, senón algún
escenario, por exemplo en The Hammer of Thursagan, o fodido é o último
escenario, que pasei o outro dia e me levou máis de 270 turnos (case
sete horas).

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: [dúbida] wrapper

2008-10-20 Conversa Javier Pico
Realmente o caso que coñezo que se emprega para drivers é o do Ndiswrapper
para usar os drivers para windows das tarxetas wifi en linux.

En ese caso tamén se pode considerar un envoltorio pois o que fai é
encapsular un controlador propietario e proporcionar ó sistema operativo a
interface para traballar con el de xeito transparente.

On Mon, Oct 20, 2008 at 2:36 PM, Miguel Branco bandu...@gmail.com wrote:


  wrapper: envoltorio.

 Nalgúns casos wrapper non é empregado tamén coma 'adaptador'? Refirome ós
 wrappers para drivers  so on.


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



Re: Akademy-es: rexistro obradoiro de localización?

2008-10-20 Conversa mvillarino
 Estiven pensando que como me parece previsible que haxa poucas presentacións
 rexistradas (cubrín eu onte esa da que falei e asignaronlle ID:5) e pola xente
 que hai rexistrada de momento (ie. hai algún estudante de culleredo) que igual
 non era mala idea rexistrar tamén un obradoiro de tradución de software (e de
 paso xa que Marce vai, poñelo de co-autor do asunto, :) ).

Se non queda outra, vale. Pero non pode ser o venres á tarde, aínda
que teño pendendes uns días de vacacións non teño garantido poder
coller ese día.
Advírtoche que á parte de borde son un tocapelotas, polo que de ser
admitida xa podes ir preparándote, son __moi__ esixente cos resultados
que agardo do meu traballo...

 Se non me engano hoxe é o último día, así que á noite cando veña do choio
 rexístroo (q fai falta reclutar xente prá secta, LOL).

Ao parecer ampliouse o prazo de presentación de propostas unha semana.


Re: Akademy-es: rexistro obradoiro de localización?

2008-10-20 Conversa Miguel Branco

 Advírtoche que á parte de borde son un tocapelotas, polo que de ser
 admitida xa podes ir preparándote, son __moi__ esixente cos resultados
 que agardo do meu traballo...

ui!, espero estar á altura logo, :) . En serio, o de que eras un pouco borde 
xa o sabía, o de tocapelotas... tereime que afacer á idea. Aviso de que son un 
pouco chambón pra algunhas cousas; así q, si, é probable que che vaian dar 
ganas de me dar un par de 'collejas', hehe. 

(=apúntote coma coautor


Re: [Wesnoth]

2008-10-20 Conversa mvillarino
O Luns 20 Outubro 2008 14:40, Leandro Regueiro escribiu:
 escenario, por exemplo en The Hammer of Thursagan, o fodido é o último
 escenario, que pasei o outro dia e me levou máis de 270 turnos (case
 sete horas).
Animaliño
-- 
Best regards,
MV


Re: Akademy-es: rexistro obradoiro de localización?

2008-10-20 Conversa Miguel Branco

 Ao parecer ampliouse o prazo de presentación de propostas unha semana.

Pois non, quixen rexista-lo fai un pouco e xa non me deixou. mérde!