>> Falando de nomes de cousas e topónimos, en certas campañas aparece
>> unha poboación chamada "Dwarven Doors" que ainda non sei moi ben como
>> traducir. Supostamente é unha poboación da Alianza do Norte na que
>> viven ananos e humanos e está sobre terra preto da entrada principal
>> de Knalga (un dos grandes reinos dos ananos), alguén ten ideas para a
>> tradución?
>
> Eu o traducín como as Portas dos Ananos, pero onde o traducín referíase ao
> lugar, creo, e non á facción.

Dwarven Doors é unha poboación, ou lugar, como queiras chamarlle. A
min Porta dos Ananos non é que me convenza moito.

Falando outra vez do de wesnothians, teño visto unha cadea "we are
wesnothians", que traducin coma "somos de Wesnoth".

Volvendo ó tema das campañas, o fodido non é a campaña, senón algún
escenario, por exemplo en The Hammer of Thursagan, o fodido é o último
escenario, que pasei o outro dia e me levou máis de 270 turnos (case
sete horas).

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a