Re: [ASOCIACIÓN][VOTACIÓN] Reunión Federación LUGs

2009-12-09 Conversa mvillarino
2009/12/8 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:

 alternativas legais á federación (= asociación de asociacións), (fundación?,
 instituto?), fusión de asociacións...

Tedes 300 000 EUR ? non? entón ide esquecendo a palabra fundación.
De instituto deixa a ver (que non acho ren)

a) Sería asumible aceptar un proceso de fusión? en que condicións?

Si, nas condicións de federación. Isto implica, segundo a lexislación
vixente, unha modificación estatutaria en cada unha das persoas
xurídicas que vaian federarse.

b) caso de desbotar a fusión, que fórmula legal considerades axeitada?

(con)Federación.

c) que se debería esixir que se inclúa no estatuto da federación?

Mande??? Supoño que o m.c.m. e en parágrafo á parte as demais cousas,
excluíndo o termo Linux da redacción.

d) quen pode formar parte da asociación?
e) en que condicións se podería unir unha asociación á federación? por convite
dunha asociación membro? por solicitude e votación? con auditoría dun membro
socio?

Creo que a lexislación actual algo dí ao respecto. Os propósitos teñen
que ir casando, e evidentemente teñen que ter as contas nun estado
auditábel.

f) aceptaríanse patróns? con ou sen dereito a voz? persoas físicas e/ou
xurídicas?

Si, por que non?


g) habería que esixir cotas? como se contribúe ó mantemento da federación?

Apoquinando unha taxa en función do número de socios, por exemplo o
equivalente ao IVA máximo que haxa no momento (1/5 dos ingresos totais
teóricos por cotas (= num socios * cota asociado) )

h) como se mide o peso relativo das asociacións dentro da federación?
ecuánime? proporcional a número de socios activos? proporcional a contribución
económica?

Visto g), as dúas últimas propostas son sinónimas. Eu apoio as pelas.

i) que tipo de poder debería ter a federación sobre das actividades dos LUGs?
laxo? férreo? intervencionista? non intervencionista?...

Semi-intervencionista, polo menos a nível partys (i.e., reducindo
costes de quen floss=party), e reducindo custos fixos.


j) que tipo de directiva tería a federación?
{presidente/vicepresidente/secretario/ tesoureiro} +...?: vicetesoureiro,
vogais...

a mínima que se poda; ten en conta as dificultades que nos supón a nós
vernos, pois pon iso a nível coordinación do voluntariado floss en
Galiza... para cagarse.

k) que se precisa da federación ou outra figura legal que se constitúa? p.ex
contratación de asesoría

A ver, que volo digo eu: externalización/outsourcing da contabilidade
e xestión fiscal.

l) condición de expulsión dos asociados?

Como mínimo por non pagar ;-)


Re: Localización de Grub2

2009-12-09 Conversa Leandro Regueiro
2009/12/7 Fran Diéguez lis...@mabishu.com:
 Ola rapaces,

 como algúns de vós se puido dar de conta o novo Grub2 non é localizábel
 debido a que non teñen implementado a compatibilidade.

 Deixando claro que baixo o meu punto incluír Grub2 é un atraso sustancial
 (sen compatibilidade de protección por contrasinal, localización e arrinque
 por rede...).

 En fin que veño de recibir unha discusión en Ubuntu na que se fala de que se
 está a traballar nese senso.

 O principal tema e que están no proxecto translationproject.org
 http://translationproject.org/domain/grub.html
 e xa hai algunha información no sitio web orixinal
 http://grub.enbug.org/AboutInternationalization

 [1] http://lists.gnu.org/archive/html/grub-devel/2009-01/msg00082.html
 [2] http://lists.gnu.org/archive/html/grub-devel/2009-01/msg00118.html
 [3] http://lists.gnu.org/archive/html/grub-devel/2009-04/msg00181.html
 [4] http://www.mail-archive.com/grub-devel@gnu.org/msg13899.html


 Pode algun dos que estades dentro do translationproject seguirlle a pista a
 isto.

Non sei. Quizais, aínda que non sei como. Igual Tsao sabe algo máis do tema.


Re: [ASOCIACIÓN][VOTACIÓN] Reunión Federación LUGs

2009-12-09 Conversa Leandro Regueiro
2009/12/8 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:

 Ola,

 O pasado Sábado n'A Estrada celebrouse unha segunda reunión sobre da posible
 formación dunha federación de LUGs. Acudín representando a  A. Proxecto Trasno
 e estivo ademais o noso vice M. Bouzada en calidade de representante de
 GALPON. Supoño que Denís nun par de días pasará a acta e eu remitiréivola.
 Entre tanto dou conta do esencial da discusión:

 1. Asistiron (se non recordo mal): GLUG, GHANDALF, GALITE, GALPON e A.
 PROXECTO TRASNO. Fóra destes, algún grupo xa manifestou que non participaría
 na federación (p.ex GPUL) e outros nin contestaron

 2. Non se chegou a ningún acordo firme neste momento bardante de volver a nos
 reunir o 6 de Febreiro en Lugo e levar unha serie de discusións ós nosos
 respectivos grupos/asociacións.

 3. Expuxéronse motivos en favor da Federación e tamén algún punto en contra.
 As posturas foron dispares neste aspecto.  Denís (representando a GLUG) expuxo
 como posibilidade que os LUGs se foran fusionando; o que evitaría formar unha
 federación. GHANDALF, recén constituídos, posicionaronse absolutamente en
 contra  de formar parte dun proceso de fusión e manifestaron que se retirarían
 das discusión se así se decidise.  Pola nosa parte eu manifestei que, inda que
 máis que desexable, a a fusión tería sentido no ámbito dos LUGs, mais que a
 federación podería servir para acoller a asociacións do software libre que non
 son sensu stricto LUGs, como grupos de desenvolvedores, tradutores coma nós,
 ou mesmo asociacións. Ben é certo que se podería fundar o reformar unha
 asociación para acoller unha serie de obxectivos moito máis amplos. Así que
 discutido este punto traballouse omitindo a definición legal do que se vaia a
 facer, discutíronse unha serie de puntos do que debería esa forma legal
 contribuír a cada grupo. Do cal deduzo que sería posible valorar outras
 alternativas legais á federación (= asociación de asociacións), (fundación?,
 instituto?), fusión de asociacións...

 4. Da reunión anterior e desta, si que hai acordo en que a asociación sería de
 -o que sexa- software libre e non  Linux (non sei que me explico) e
 que os asociados terían que ser asociacións sen ánimo e lucro, e ollo! porque
 isto implicaría que AGASOL podería formar parte da asociación. Neste sentido
 eu manifesteime a favor, inda que é unha opinión non consensuada aquí.

 5. Falouse do peso relativo de cada asociación dentro da federación.
 Aceptouse que para as discusións previas á federación cada asociación tivera o
 mesmo peso (1 asociación, 1 voto). Igualmente valorouse que inicialmente
 podería ser o mesmo para a federación. Outras alternativas válidas legalmente
 sería que cada asociación tivera peso segundo o financiamento ou segundo o
 número de socios activos. En función da contribución económica foi case que
 desbotada. A contribución por número de socios _activos_ é difícil de definir
 e valorouse como complexa.

 e seguro que se falaron máis cousa que agora non recordo e que seguro Miguel
 pode ter a ben aportar :)

 Polo tanto, preguntas de cara a seguinte reunión ( e que necesito que tódolos
 socios fundadores contestedes... tranquilos, tedes dous meses) :

 a) Sería asumible aceptar un proceso de fusión? en que condicións?

Para os LUGs quizais sexa boa idea, aínda que non o van aceptar. Para
empezar comentabas que certos LUGs nin sequera asisten ás reunións
sobre o da Federación...

 b) caso de desbotar a fusión, que fórmula legal considerades axeitada?

A que menos problemas dea, sempre que valla para o que se quere.

 c) que se debería esixir que se inclúa no estatuto da federación?

Máis ou menos o mcm dos fins dos LUGs, quizais algún máis, como dar
apoio aos LUGs en todas as formas que lle sexa posible.

 d) quen pode formar parte da asociación?

Calquera relacionado co apoio do SL, a súa difusión...

 e) en que condicións se podería unir unha asociación á federación? por convite
 dunha asociación membro? por solicitude e votación? con auditoría dun membro
 socio?

Eu diria que calquera vale, despois teria que ser aprobado polos
demais no caso de ser asociación... pensouse en ter a particulares
como socios?

 f) aceptaríanse patróns? con ou sen dereito a voz? persoas físicas e/ou
 xurídicas?

Pode que si. Igual que en Trasno? Mellor contemplalo, non?

 g) habería que esixir cotas? como se contribúe ó mantemento da federación?

Evidentemente dalgún sitio haberá que sacar cartos para manter o
tinglado. Igual os LUGs poden contribuír cunha cota non esaxerada...

 h) como se mide o peso relativo das asociacións dentro da federación?
 ecuánime? proporcional a número de socios activos? proporcional a contribución
 económica?

Eu diria proporcional á súa implicación na federación, pero ha ser
difícil. Outra opción sería proporcional ao labor que desenvolven.
Sempre nos quedará a opción de proporcional ao número de socios
inscritos...

 i) que tipo de poder debería ter a federación sobre das actividades dos LUGs?
 laxo? 

Re: Ubuntu Translation bug handling process

2009-12-09 Conversa Leandro Regueiro
On Mon, Dec 7, 2009 at 1:34 PM, Fran Diéguez lis...@mabishu.com wrote:

 Un apunte moi clarificador sobre os gtk-* stock icons para tradutores e 
 desenvolvedores

E en que parte se le iso?

  Original Message 
 Subject: Ubuntu Translation bug handling process
 Date: Thu, 3 Dec 2009 20:27:54 +0100
 From: Sense Hofstede se...@qense.nl
 To: Ubuntu Bugsquad ubuntu-bugsq...@lists.ubuntu.com, Ubuntu Translators 
 ubuntu-translat...@lists.ubuntu.com

 Hello,

 Browsing the BugDay of this day[1] I can't help but feel that a lot of
 these bugs have appeared on the list because the ubuntu-translators
 project doesn't want to use or cannot set importance and the Triaged
 status. I suspect the latest.
 This means that the status of the bug reports that are mainly handled
 by Ubuntu Translators will continue to pop up on search results like
 the one used for the lists of this BugDay.

 The triaging process for translation bugs is further complicated by
 the requirement to report it both against the source package of the
 affected application and the ubuntu-translations project. This forces
 us to maintain two sets of statuses, each subject to the rule of a
 different team. This causes confusion.

 Then there is the problem of the difference between translations made
 at Launchpad and translations made upstream. Some bugs have to be
 fixed here, some have to be forwarded upstream.

 I suggest to make the process of reporting more clear by implementing
 the following changes:

 1. The starting point of all translation bugs -- unless you know
 better already -- can still be the source package of the affected
 application.
 2. No extra tasks for bugs in upstream translations, this only adds
 extra clutter to the overview, generates extra mail noise and
 generates more work and confusion.
 3. Bugs in translations done at Launchpad should be reported against
 ubuntu-translations and keep the source package task, because:
 4. The source package task is for maintaining the status of the bug
 concerning the system -- i.e. if the bug has been Triaged(=reported
 properly upstream or at ubuntu-translations) or if the Fix is Released
 -- the ubuntu-translations task should be for the status of the fix in
 Rosetta or the team only
 4b. This means that translation bugs always need to be 'forwarded
 upstream', be it to real upstreams or to ubuntu-translations. This is
 what the triagers should focus on when triaging these bugs.
 5. Responsible for setting the status in ubuntu-translations are their
 (appointed?) members, responsible for the source package task is Bug
 Control (and the Bugsquad). Some members of ubuntu-translations that
 are very active on Launchpad/Malone could be granted membership of
 Ubuntu Bugcontrol -- if they don't already are a member -- to make it
 easier for them to manage the source package tasks.
 6. Use the Triaged status for the source package when the Bugsquad
 doesn't need to do any work on it anymore!

 These points don't add a lot of new stuff, but things would be a bit
 clearer if both teams would agree on them and integrate them into the
 documentation.

 [1] https://wiki.ubuntu.com/UbuntuBugDay/20091203

 Regards,
 --
 Sense Hofstede
 /ˈsen.sɜː ˈhɒf.steɪdɜː/

 --
 ubuntu-translators mailing list
 ubuntu-translat...@lists.ubuntu.com
 https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-translators


Re: [ASOCIACIÓN][VOTACIÓN] Reunión Federación LUGs

2009-12-09 Conversa Adrián Chaves Fernández
Reenviado á lista.

 enviachesmo só a  mibn. podo reenviar á lista?
 
 2009/12/8 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com
 
   Polo tanto, preguntas de cara a seguinte reunión ( e que necesito que
tódolos socios fundadores contestedes... tranquilos, tedes dous meses)
   :
  
   a) Sería asumible aceptar un proceso de fusión? en que condicións?
 
  Non é que o vexa imposible, pero creo que cómpre que os proxectos con
  distintas metas se centren en ditas metas, algo que podería verse
  contrariado
  por unha fusión.
 
  Pero imaxino que os puntos positivos poderían ser moitos. O que habería
  que pensar é que diferencia práctica habería entre unha fusión e unha
  federación.
 
   b) caso de desbotar a fusión, que fórmula legal considerades axeitada?
 
  Federación.
 
   c) que se debería esixir que se inclúa no estatuto da federación?
 
  NS/NC.
 
   d) quen pode formar parte da asociación?
 
  Supoño que calquera organización que cumpra os criterios precisos (que
  habería
  que definir coidadosamente).
 
   e) en que condicións se podería unir unha asociación á federación? por
convite dunha asociación membro? por solicitude e votación? con
auditoría dun membro socio?
 
  Eu optaría por solicitude+votación. Pero non estaría de máis ter claro o
  tipo
  de organizacións que cadrarían coa federación.
 
   f) aceptaríanse patróns? con ou sen dereito a voz? persoas físicas
   e/ou xurídicas?
 
  Non entendo moi ben a pregunta, pero por se ten algo que ver: coido que a
  federación sería a unión de organizacións, polo que persoas individuais
  non terían sentido para min.
 
   g) habería que esixir cotas? como se contribúe ó mantemento da
 
  federación?
 
  Boa pregunta.
 
   h) como se mide o peso relativo das asociacións dentro da federación?
   ecuánime? proporcional a número de socios activos? proporcional a
contribución económica?
 
  Ao mellor se podería definir unha contribución fixa por persoa para a
  federación, que dita contribución se realizase baixo o amparo dunha ou
  máis organizacións (eu, Adrián Chaves Fernández, contribúo coa taxa anual
  establecida coma membro de Trasno e X Software Libre, polo que conto coma
  un
  membro activo en cada unha destas dúas organizacións).
 
  Ë o método que se me ocorre agora mesmo para contar de xeito medianamente
  fiable a cantidade de membros activos.
 
  De todos xeitos, se ben as discusións as levarían a cabo representantes
  de cada organización, ao mellor as votacións deberían facerse de xeito
  individual, ou que en lugar de ter un voto cada asociación, presentase os
  votos correspondentes aos seus membros activos.
 
  Realmente non sei se me expliquei ben XD
 
   i) que tipo de poder debería ter a federación sobre das actividades dos
LUGs? laxo? férreo? intervencionista? non intervencionista?...
 
  Eu o vexo coma unha forma de diálogo e toma conxunta de decisións, pero
  non creo que a federación debese ter poder sobre as organizacións. Se
  trata de colaborar naqueles puntos en que coincidamos, non de forzar a
  uns a colaborar
  naqueles puntos en que non coinciden.
 
   j) que tipo de directiva tería a federación?
   {presidente/vicepresidente/secretario/ tesoureiro} +...?:
   vicetesoureiro, vogais...
 
  NS/NC.
 
   k) que se precisa da federación ou outra figura legal que se constitúa?
p.ex contratación de asesoría
 
  Espero que non. Hai que minimizar gastos.
 
   l) condición de expulsión dos asociados?
 
  Supoño que de estaren de acordo na expulsión todas as organizacións
  membros menos o posible expulsado, a expulsión debería facerse efectiva.
  Pero outros
  casos habería que pensalos a fondo.
 


[ASOCIACIÓN][VOTACIÓN] Reunión Federación LUGs

2009-12-09 Conversa Alejo Pacín Jul
Adxunto a miña resposta anterior, que se me foi a pinza e mandeilla só a
Miguel.

PD: por certo, a ver se se pode solucionar xa o tema ese de darlle a
respostar e que o faga directamente á lista e non ó remitente particular,
que me armo cada barullo con tanta lista e tanto procedemento...

-- Forwarded message --
From: Alejo Pacín Jul alej...@gmail.com
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: 2009/12/9
Subject: Re: [ASOCIACIÓN][VOTACIÓN] Reunión Federación LUGs
To: Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com


Moi boas.

Como xa manifestei noutro fío anterior sobre este tema, estou totalmente en
contra de formar parte desa federación/asociación/oquesevosocorra. Teño as
miñas razóns tanto xerais coma persoais, aínda que considero que esta lista
non é o sitio para expoñelas (se alguén ten interese en coñecelas, non teño
problema en comentarllo en privado).

Imaxino que pode haber algún trasnego máis da mesma opinión e por iso, se
non hai ninguén en contra, gustaríame que se incluíse esta opción entre as
propostas para que poida ser tida en conta.

Un saúdo,

 Alejo Pacín.

2009/12/8 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com


 Ola,

 O pasado Sábado n'A Estrada celebrouse unha segunda reunión sobre da
 posible
 formación dunha federación de LUGs. Acudín representando a  A. Proxecto
 Trasno
 e estivo ademais o noso vice M. Bouzada en calidade de representante de
 GALPON. Supoño que Denís nun par de días pasará a acta e eu remitiréivola.
 Entre tanto dou conta do esencial da discusión:

 1. Asistiron (se non recordo mal): GLUG, GHANDALF, GALITE, GALPON e A.
 PROXECTO TRASNO. Fóra destes, algún grupo xa manifestou que non
 participaría
 na federación (p.ex GPUL) e outros nin contestaron

 2. Non se chegou a ningún acordo firme neste momento bardante de volver a
 nos
 reunir o 6 de Febreiro en Lugo e levar unha serie de discusións ós nosos
 respectivos grupos/asociacións.

 3. Expuxéronse motivos en favor da Federación e tamén algún punto en
 contra.
 As posturas foron dispares neste aspecto.  Denís (representando a GLUG)
 expuxo
 como posibilidade que os LUGs se foran fusionando; o que evitaría formar
 unha
 federación. GHANDALF, recén constituídos, posicionaronse absolutamente en
 contra  de formar parte dun proceso de fusión e manifestaron que se
 retirarían
 das discusión se así se decidise.  Pola nosa parte eu manifestei que, inda
 que
 máis que desexable, a a fusión tería sentido no ámbito dos LUGs, mais que a
 federación podería servir para acoller a asociacións do software libre que
 non
 son sensu stricto LUGs, como grupos de desenvolvedores, tradutores coma
 nós,
 ou mesmo asociacións. Ben é certo que se podería fundar o reformar unha
 asociación para acoller unha serie de obxectivos moito máis amplos. Así que
 discutido este punto traballouse omitindo a definición legal do que se vaia
 a
 facer, discutíronse unha serie de puntos do que debería esa forma legal
 contribuír a cada grupo. Do cal deduzo que sería posible valorar outras
 alternativas legais á federación (= asociación de asociacións),
 (fundación?,
 instituto?), fusión de asociacións...

 4. Da reunión anterior e desta, si que hai acordo en que a asociación sería
 de
 -o que sexa- software libre e non  Linux (non sei que me explico) e
 que os asociados terían que ser asociacións sen ánimo e lucro, e ollo!
 porque
 isto implicaría que AGASOL podería formar parte da asociación. Neste
 sentido
 eu manifesteime a favor, inda que é unha opinión non consensuada aquí.

 5. Falouse do peso relativo de cada asociación dentro da federación.
 Aceptouse que para as discusións previas á federación cada asociación
 tivera o
 mesmo peso (1 asociación, 1 voto). Igualmente valorouse que inicialmente
 podería ser o mesmo para a federación. Outras alternativas válidas
 legalmente
 sería que cada asociación tivera peso segundo o financiamento ou segundo o
 número de socios activos. En función da contribución económica foi case que
 desbotada. A contribución por número de socios _activos_ é difícil de
 definir
 e valorouse como complexa.

 e seguro que se falaron máis cousa que agora non recordo e que seguro
 Miguel
 pode ter a ben aportar :)

 Polo tanto, preguntas de cara a seguinte reunión ( e que necesito que
 tódolos
 socios fundadores contestedes... tranquilos, tedes dous meses) :

 a) Sería asumible aceptar un proceso de fusión? en que condicións?
 b) caso de desbotar a fusión, que fórmula legal considerades axeitada?
 c) que se debería esixir que se inclúa no estatuto da federación?
 d) quen pode formar parte da asociación?
 e) en que condicións se podería unir unha asociación á federación? por
 convite
 dunha asociación membro? por solicitude e votación? con auditoría dun
 membro
 socio?
 f) aceptaríanse patróns? con ou sen dereito a voz? persoas físicas e/ou
 xurídicas?
 g) habería que esixir cotas? como se contribúe ó mantemento da federación?
 h) como se mide o peso relativo das asociacións dentro da federación?
 ecuánime? 

Re: Localización de Grub2

2009-12-09 Conversa Francisco J. Tsao Santin

On Wed, 9 Dec 2009, Leandro Regueiro wrote:



Pode algun dos que estades dentro do translationproject seguirlle a pista a
isto.


Non sei. Quizais, aínda que non sei como. Igual Tsao sabe algo máis do tema.


A verdade é que non estaba moi enterado, de feito fai poucas semanas que 
me enterei do salto tan grande que hai no grub nunha actualización a 
debian sid...


Se tedes moito interese, vixio o tema e cando haxa algo sólido, aviso por 
eiquí...
--
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB


Re: Localización de Grub2

2009-12-09 Conversa Fran Diéguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Francisco J. Tsao Santin wrote:
 On Wed, 9 Dec 2009, Leandro Regueiro wrote:
 

 Pode algun dos que estades dentro do translationproject seguirlle a
 pista a
 isto.

 Non sei. Quizais, aínda que non sei como. Igual Tsao sabe algo máis do
 tema.
 
 A verdade é que non estaba moi enterado, de feito fai poucas semanas que
 me enterei do salto tan grande que hai no grub nunha actualización a
 debian sid...
 
 Se tedes moito interese, vixio o tema e cando haxa algo sólido, aviso
 por eiquí...

Graciñas Tsao,

agradeceríacho porque non podo estar pendente de miles de cousas xa que
ao final me esquenzo.

Saúdos
-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAksgH7oACgkQmLtmJqKk+bgA+wCfcegQrP/1aS6P9xf4h9GHKcKB
vJQAmQEjz1PiIMwEnijjRhqXUZgXVV/s
=m4BB
-END PGP SIGNATURE-