2009/12/8 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
>
> Ola,
>
> O pasado Sábado n'A Estrada celebrouse unha segunda reunión sobre da posible
> formación dunha federación de LUGs. Acudín representando a  A. Proxecto Trasno
> e estivo ademais o noso vice M. Bouzada en calidade de representante de
> GALPON. Supoño que Denís nun par de días pasará a acta e eu remitiréivola.
> Entre tanto dou conta do esencial da discusión:
>
> 1. Asistiron (se non recordo mal): GLUG, GHANDALF, GALITE, GALPON e A.
> PROXECTO TRASNO. Fóra destes, algún grupo xa manifestou que non participaría
> na federación (p.ex GPUL) e outros nin contestaron
>
> 2. Non se chegou a ningún acordo firme neste momento bardante de volver a nos
> reunir o 6 de Febreiro en Lugo e levar unha serie de discusións ós nosos
> respectivos grupos/asociacións.
>
> 3. Expuxéronse motivos en favor da Federación e tamén algún punto en contra.
> As posturas foron dispares neste aspecto.  Denís (representando a GLUG) expuxo
> como posibilidade que os LUGs se foran fusionando; o que evitaría formar unha
> federación. GHANDALF, recén constituídos, posicionaronse absolutamente en
> contra  de formar parte dun proceso de fusión e manifestaron que se retirarían
> das discusión se así se decidise.  Pola nosa parte eu manifestei que, inda que
> máis que desexable, a a fusión tería sentido no ámbito dos LUGs, mais que a
> federación podería servir para acoller a asociacións do software libre que non
> son sensu stricto LUGs, como grupos de desenvolvedores, tradutores coma nós,
> ou mesmo asociacións. Ben é certo que se podería fundar o reformar unha
> asociación para acoller unha serie de obxectivos moito máis amplos. Así que
> discutido este punto traballouse omitindo a definición legal do que se vaia a
> facer, discutíronse unha serie de puntos do que debería esa forma legal
> contribuír a cada grupo. Do cal deduzo que sería posible valorar outras
> alternativas legais á federación (= asociación de asociacións), (fundación?,
> instituto?), fusión de asociacións...
>
> 4. Da reunión anterior e desta, si que hai acordo en que a asociación sería de
> "-o que sexa- software libre" e non "---- Linux" (non sei que me explico) e
> que os asociados terían que ser asociacións sen ánimo e lucro, e ollo! porque
> isto implicaría que AGASOL podería formar parte da asociación. Neste sentido
> eu manifesteime a favor, inda que é unha opinión non consensuada aquí.
>
> 5. Falouse do peso relativo de cada asociación dentro da "federación".
> Aceptouse que para as discusións previas á federación cada asociación tivera o
> mesmo peso (1 asociación, 1 voto). Igualmente valorouse que inicialmente
> podería ser o mesmo para a federación. Outras alternativas válidas legalmente
> sería que cada asociación tivera peso segundo o financiamento ou segundo o
> número de socios activos. En función da contribución económica foi case que
> desbotada. A contribución por número de socios _activos_ é difícil de definir
> e valorouse como complexa.
>
> e seguro que se falaron máis cousa que agora non recordo e que seguro Miguel
> pode ter a ben aportar :)
>
> Polo tanto, preguntas de cara a seguinte reunión ( e que necesito que tódolos
> socios fundadores contestedes... tranquilos, tedes dous meses) :
>
> a) Sería asumible aceptar un proceso de fusión? en que condicións?

Para os LUGs quizais sexa boa idea, aínda que non o van aceptar. Para
empezar comentabas que certos LUGs nin sequera asisten ás reunións
sobre o da Federación...

> b) caso de desbotar a fusión, que fórmula legal considerades axeitada?

A que menos problemas dea, sempre que valla para o que se quere.

> c) que se debería esixir que se inclúa no estatuto da federación?

Máis ou menos o mcm dos fins dos LUGs, quizais algún máis, como dar
apoio aos LUGs en todas as formas que lle sexa posible.

> d) quen pode formar parte da asociación?

Calquera relacionado co apoio do SL, a súa difusión...

> e) en que condicións se podería unir unha asociación á federación? por convite
> dunha asociación membro? por solicitude e votación? con "auditoría" dun membro
> socio?

Eu diria que calquera vale, despois teria que ser aprobado polos
demais no caso de ser asociación... pensouse en ter a particulares
como socios?

> f) aceptaríanse "patróns"? con ou sen dereito a voz? persoas físicas e/ou
> xurídicas?

Pode que si. Igual que en Trasno? Mellor contemplalo, non?

> g) habería que esixir cotas? como se contribúe ó mantemento da federación?

Evidentemente dalgún sitio haberá que sacar cartos para manter o
tinglado. Igual os LUGs poden contribuír cunha cota non esaxerada...

> h) como se mide o peso relativo das asociacións dentro da federación?
> ecuánime? proporcional a número de socios activos? proporcional a contribución
> económica?

Eu diria proporcional á súa implicación na federación, pero ha ser
difícil. Outra opción sería proporcional ao labor que desenvolven.
Sempre nos quedará a opción de proporcional ao número de socios
inscritos...

> i) que tipo de poder debería ter a federación sobre das actividades dos LUGs?
> laxo? férreo? intervencionista? non intervencionista?...

laxo, pero debería axudar sempre que poida. Debería server como canle
de comunicación e colaboración entre LUGs.

> j) que tipo de directiva tería a federación?
> {presidente/vicepresidente/secretario/ tesoureiro} +...?: vicetesoureiro,
> vogais...

O que comentou Marce está moi atinado. Sería unha problemática
semellante á de Trasno.

> k) que se precisa da federación ou outra figura legal que se constitúa? p.ex
> contratación de asesoría

Servizos de apoio aos LUGs, e outros asociados, como por exemplo ese
que comentas. Tamén organización de eventos nos que colaboren varios
LUGs, servir como canle de comunicación para facilitar a
colaboración...

> l) condición de expulsión dos asociados?

Penso que isto haberá que pensalo ben, pero agora mesmo non creo
posible que un LUG tome unha posición tal que o haxa que expulsar da
Federación...

> e penso que non me esquence nada.
>
> Como só estou pedindo a opinión de cara a preparar a seguinte reunión, iremos
> aplicando o artigo nº28 e nº29.4 dos estatutos segundo vaiamos avanzando no
> debate.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a