Re: [terminoloxia] early adopter of bleeding edge

2011-07-01 Conversa mvillarino
En proz.com está:
-usuario pioneiro.
-vangarda / de prototipo

Sería un segundo tipo de usuario segundo o propensos a adoptar novas
cousas, despois dos innovadores.

2011/6/30 Antón Méixome cert...@certima.net:
 Necesito unha tradución xeitosa para este concepto que vai ser moi relevante
 na vida de LibO.

 early adopters fai parella con conservative users (esta non ten dúbida) e
 versión laggards que está relacionada con outra tamén importante: bleeding
 edge

 http://en.wikipedia.org/wiki/Bleeding_edge_technology


 En resumo:

 early adopter + bleeding edge
 conservative user + laggards

 Tradución?


 Tamén viría ben asentar xa o tema de

 -branches
 -releases
 -version



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [OT] Pecha Galicia-Hoxe

2011-07-01 Conversa Antón Méixome
Obituario de urxencia da RAG
http://www.realacademiagalega.org/notices/FindNotice.do?noticeIdentifier=77startIndex=1count=100

Unha proposta moi en verde aínda: Sermos Galiza
http://sermosgaliza.blogspot.com/2011/07/un-medio-de-comunicacion-necesario.html
Estamos a falar portanto dun proxecto que deberá arrancar con un diario
dixital e un semanario en papel, este cunha vocación máis interpretativa e
de análise e a información máis demorada expresada en xéneros xornalísticos
como a entrevista ou a reportaxe. Mais o proxecto non debe pórse límites. En
troca, debe aspirar a afianzarse e crecer. À partida pensando na radio.
Mesmo en formatos máis novos, como a radio dixital. E de aí para diante.




2011/6/29 mvillarino mvillar...@gmail.com

 2011/6/29 Frco. Javier Rial dev.fjr...@gmail.com:
  Tamén entendo a postura totalmente, e sabemos que o ámbito empresarial no
  que se moven é distinto ao ámbito normal.. o que non quita que siga
 sendo
  triste que ningún xornal nin a nivel estatal poida vivir sen
 subvencións..
  non o sabía/non coñezo as cifras pero fíome do que me dis

 Pode falarse de ámbito empresarial cando non hai mercado ou cando o
 que é non abonda para dar beneficios? Se a resposta é non, entón
 poderíamos concluir que o 4º poder non é máis que un apéndice do
 márquetin de outren: o poder político partidista ou o poder político
 mercantil (segundo o periódico (*) ).

 O grupo Prisa está á beira dun cantil moi perigoso pero non caerá
 porque hai un interese de partido por detrais ao que lle interesa que
 se diga que non o fan mal.
 Recoletos (agora Unidad Editorial) tampouco está en moi bons momentos
 etc. etc.

 E o mellor do asunto: que como para entrar no mercado tradicional é
 preciso un capital do copón teñen praticamente garantido que non vai
 haber outra fonte de información para as masas ! ...
 que empregue a mesma tecnoloxía.

 (*) as novas e demais fear uncentainty doubt acerca do futuro do EUR
 proceden maiormente de medios da mancomunidade anglosaxona que depende
 da prevalencia do USD e da GBP para seguir de reis do mambo. En
 decembro ± 3 meses veremos como vai a cousa... como será o mundo con
 15 (000) 000 000 000 de USD menos (tres ceros arriba ou abaixo).

  Isto é o máis triste sen lugar a dúbidas.. que as subvencións sexan das
  cantidades que son para xornais onde a presencia é anecdótica..

 Triste? si, para quen lle importe lingua...

  Igualmente, estaría ben que na carta de despedida que publican (ou máis
  adiante, na edición dixital), tentaran debullar un pouco máis polo miudo
 as
  cifras do sector.. entón a opinión de moitas cambiaría, como a miña o
 acaba
  de facer



  Máis off-topic dentro do OT: outra cousa é o modelo de negocio do
 xornalismo
  actual: tirada impresa vs futuro on-line.. están preparados os
 xornais
  para o salto ao mercado dixital..

 Non. algún rotativo de ny (non lembro se o ft ou o nyt) estivo a facer
 probas con varias modalidades de subscripción pero ná... hai unha
 cousa que teño máis que clara: nisto de soltar a pela por internet
 quen leva varios ironman de vantaxe son as empresas que se adican
 concomitantemente á produción e distribucion de ... pornografía. Estes
 mudan o sistema de distribución segundo lles conveña.

 Deica.
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto