Obituario de urxencia da RAG
http://www.realacademiagalega.org/notices/FindNotice.do?noticeIdentifier=77&startIndex=1&count=100

Unha proposta moi en verde aínda: Sermos Galiza
http://sermosgaliza.blogspot.com/2011/07/un-medio-de-comunicacion-necesario.html
Estamos a falar portanto dun proxecto que deberá arrancar con un diario
dixital e un semanario en papel, este cunha vocación máis interpretativa e
de análise e a información máis demorada expresada en xéneros xornalísticos
como a entrevista ou a reportaxe. Mais o proxecto non debe pórse límites. En
troca, debe aspirar a afianzarse e crecer. À partida pensando na radio.
Mesmo en formatos máis novos, como a radio dixital. E de aí para diante.




2011/6/29 mvillarino <mvillar...@gmail.com>

> 2011/6/29 Frco. Javier Rial <dev.fjr...@gmail.com>:
> > Tamén entendo a postura totalmente, e sabemos que o ámbito empresarial no
> > que se moven é distinto ao ámbito "normal".. o que non quita que siga
> sendo
> > triste que ningún xornal nin a nivel estatal poida vivir sen
> subvencións..
> > non o sabía/non coñezo as cifras pero fíome do que me dis
>
> Pode falarse de ámbito empresarial cando non hai mercado ou cando o
> que é non abonda para dar beneficios? Se a resposta é non, entón
> poderíamos concluir que o 4º poder non é máis que un apéndice do
> márquetin de outren: o poder político partidista ou o poder político
> mercantil (segundo o periódico (*) ).
>
> O grupo Prisa está á beira dun cantil moi perigoso.... pero non caerá
> porque hai un interese de partido por detrais ao que lle interesa que
> se diga que non o fan mal.
> Recoletos (agora Unidad Editorial) tampouco está en moi bons momentos
> etc. etc.
>
> E o mellor do asunto: que como para entrar no mercado tradicional é
> preciso un capital do copón teñen praticamente garantido que non vai
> haber outra fonte de información para as masas !!!!!!!!!!!!! .......
> que empregue a mesma tecnoloxía.
>
> (*) as novas e demais fear uncentainty doubt acerca do futuro do EUR
> proceden maiormente de medios da mancomunidade anglosaxona que depende
> da prevalencia do USD e da GBP para seguir de reis do mambo. En
> decembro ± 3 meses veremos como vai a cousa... como será o mundo con
> 15 (000) 000 000 000 de USD menos (tres ceros arriba ou abaixo).
>
> > Isto é o máis triste sen lugar a dúbidas.. que as subvencións sexan das
> > cantidades que son para xornais onde a presencia é anecdótica..
>
> Triste? si, para quen lle importe lingua...
>
> > Igualmente, estaría ben que na carta de despedida que publican (ou máis
> > adiante, na edición dixital), tentaran debullar un pouco máis polo miudo
> as
> > cifras do sector.. entón a opinión de moitas cambiaría, como a miña o
> acaba
> > de facer
>
>
>
> > Máis off-topic dentro do OT: outra cousa é o modelo de negocio do
> xornalismo
> > actual: "tirada impresa" vs "futuro on-line".. están preparados os
> xornais
> > para o salto ao mercado dixital..
>
> Non. algún rotativo de ny (non lembro se o ft ou o nyt) estivo a facer
> probas con varias modalidades de subscripción pero ná... hai unha
> cousa que teño máis que clara: nisto de soltar a pela por internet
> quen leva varios ironman de vantaxe son as empresas que se adican
> concomitantemente á produción e distribucion de ... pornografía. Estes
> mudan o sistema de distribución segundo lles conveña.
>
> Deica.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a