Re: Opcións vs. configuracións vs. preferencias

2011-09-08 Conversa Antón Méixome
Refíreste ao impacto que provocaría por exemplo na barra de tarefas de
Gnome: Sistema  Preferencias

En xeral, eu a «settings» hai tempo que o veño traducindo como
«configuración» na inmensa maioría dos casos, con valor abstracto ou
colectivo. Cando non aquece porque é necesario facer caso do plural,
entón si que utilizo «opcións». Funciona moi ben en LibO

Non me parece mal o cambio que propós, pero a ganancia non é moita.
Preferiría configuración porque fai parella con
Sistemaadministración



2011/8/28 Fran Dieguez fran.dieg...@mabishu.com:
 Ola meus,

 últimamente estou coa tradución da documentación do escritorio GNOME 3
 ademais das novas aportacións que Ubuntu está incluíndo na Ubuntu 10.10
 no panel de opcións/configuracións/preferencias do sistema.

 Estáseme pasando pola cabeza cambiar as referencias de Configuracións
 que hai agora polo GNOME 3 nos menús e o propio diálogo a algo menos
 techie. As opcións que barallo son:

  - Opcións
  - Preferencias

 Persoalmente Opcións é o que máis me gusta. Por dúas razóns:

  1.- É máis curta co que é máis doada de ler e os menús non son tan
 grandes.
  2.- É a que menos techie sona das tres.

 Pregunto isto xa que este simple cambio repercutirá tanto na UI e
 documentación de GNOME como na IU e documentación das distros que
 empreguen GNOME (i.e. Ubuntu).

 Any thoughts?

 Saúdos

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Diferences between a terminal, a shell, a tty, a console

2011-09-08 Conversa Antón Méixome
Moi boa referencia... o problema para min é prompt


2011/8/29 Fran Dieguez lis...@mabishu.com:
 Envío para futura referencia

 http://unix.stackexchange.com/questions/4126/what-is-the-exact-difference-between-a-terminal-a-shell-a-tty-and-a-cons/4132#4132

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Servizo centralizado de traducións (Proxecto de fin de carreira)

2011-09-08 Conversa Antón Méixome
Grazas Tomás polo teu traballo e benvido á lista :-)

A ver logo se se pode montar pronto nun servidor para vela de modo
conveniente. Ten a palabra sobre isto Fran


2011/9/5 Tomás Vega castroveg...@gmail.com:
 Ola a todos,
 en primeiro lugar preséntome, son Tomás, estudante de enxeñería informática,
 e estou a desenvolver (como traballo de fin de carreira) para OSL, unha
 aplicación web que servirá como servidor centralizado de traducións; supoño
 que algúns xa coñeceredes o tema, pero para quen non teña coñecemento; a
 aplicación, de forma moi resumida,  permitirá subir arquivos TMX ó servidor,
 almacenárase o contido de ditos arquivos e posteriormente poderase utilizar
 un buscador que emitirá resultados segundo a búsqueda realizada.

Necesitamos esa ferramenta

Unha idea... sería posible crear un miniprograma para crear
automaticamente e -- coa estrutura completa e correcta dos TMX que
manexará ese servidor-- os ficheiros .tmx a partir de ficheiros .po.

ou aínda máis «avanzado». Que o servidor poida recibir un arquivo
(tar.gz ou zip) cun conxunto de .po e que automaticamente cree a
memoria e a incorpore.


 Levo traballando algún tempo no proxecto baixo a coordinación e axuda de
 Fran Diéguez; estiven sobre todo adaptándome á tecnoloxía escollida para
 levalo a cabo (Zend Framework), pero entre as clases antes e agora o
 traballo, o proxecto aínda está, poderíase dicir que, botando a andar. De
 agora en adiante penso centrarme moito mais nel e por iso gustaríame
 pedirvos a vosa colaboración, non só me refiro a probalo a ver se funciona,
 senón como vos gustaría que fose, que credes que lle falta, que cousas vedes
 que son útiles e cales non, é dicir, como queredes que sexa, xa que a fin de
 contas está pensada para vós :)

 Ata agora teño feita o que sería unha versión base (que seguramente conteña
 algún erro, xa aviso xD) que poderedes atopar en gitHub, o meu usuario en
 gitHub é tomasVega e o proxecto chámase proyectoOSL. Estou pendente de
 falar con Fran para montala no servidor e que teñades acceso directo (que é
 moito mais cómodo), en calqueira caso, se lle botades unha ollada non
 teñades en conta o estilo da páxina (que é simplemente para dar formato).

 Aínda que no montedes a aplicación, todas aquelas ideas ou suxerencias que
 teñades respecto á mesma (tanto funcionalidades como suxerencias sobre o
 estilo da páxina, etc) serán benvidas e tratarei de implementalas na medida
 do posible.

 Por último, dicirvos que estou na procura dun nome para App, pensei nalgún
 coma Trobador pero non me convencen, e gustaríame, se vos parece,
 compartir esta tarefa con vos, xa que seguramente poderades achegar un nome
 máis adecuado do que o poida facer eu xD

Sobre o nome ... sorpréndeme a proposta trobador. Supóñote de
formación informática e non sei se sabes que trobar significa
atopar. Asi que trobador é un nome perfecto para un buscador de
coincidencias.


 E iso é todo, perdoade polo tostón de email e desculpade o meu galego, no
 adoito a usalo a nivel escrito, as correcións ortográficas tamén son
 benvidas.

Está moi ben escrito


 Saúdos.

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto