Refíreste ao impacto que provocaría por exemplo na barra de tarefas de Gnome: Sistema > Preferencias
En xeral, eu a «settings» hai tempo que o veño traducindo como «configuración» na inmensa maioría dos casos, con valor abstracto ou colectivo. Cando non aquece porque é necesario facer caso do plural, entón si que utilizo «opcións». Funciona moi ben en LibO Non me parece mal o cambio que propós, pero a ganancia non é moita. Preferiría "configuración" porque fai parella con "Sistema>administración" 2011/8/28 Fran Dieguez <[email protected]>: > Ola meus, > > últimamente estou coa tradución da documentación do escritorio GNOME 3 > ademais das novas aportacións que Ubuntu está incluíndo na Ubuntu 10.10 > no panel de opcións/configuracións/preferencias do sistema. > > Estáseme pasando pola cabeza cambiar as referencias de "Configuracións" > que hai agora polo GNOME 3 nos menús e o propio diálogo a algo menos > "techie". As opcións que barallo son: > > - Opcións > - Preferencias > > Persoalmente "Opcións" é o que máis me gusta. Por dúas razóns: > > 1.- É máis curta co que é máis doada de ler e os menús non son tan > grandes. > 2.- É a que menos "techie" sona das tres. > > Pregunto isto xa que este simple cambio repercutirá tanto na UI e > documentación de GNOME como na IU e documentación das distros que > empreguen GNOME (i.e. Ubuntu). > > Any thoughts? > > Saúdos > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

