Grazas Tomás polo teu traballo e benvido á lista :-) A ver logo se se pode montar pronto nun servidor para vela de modo conveniente. Ten a palabra sobre isto Fran
2011/9/5 Tomás Vega <[email protected]>: > Ola a todos, > en primeiro lugar preséntome, son Tomás, estudante de enxeñería informática, > e estou a desenvolver (como traballo de fin de carreira) para OSL, unha > aplicación web que servirá como servidor centralizado de traducións; supoño > que algúns xa coñeceredes o tema, pero para quen non teña coñecemento; a > aplicación, de forma moi resumida, permitirá subir arquivos TMX ó servidor, > almacenárase o contido de ditos arquivos e posteriormente poderase utilizar > un buscador que emitirá resultados segundo a búsqueda realizada. Necesitamos esa ferramenta Unha idea... sería posible crear un miniprograma para crear automaticamente e -- coa estrutura completa e correcta dos TMX que manexará ese servidor-- os ficheiros .tmx a partir de ficheiros .po. ou aínda máis «avanzado». Que o servidor poida recibir un arquivo (tar.gz ou zip) cun conxunto de .po e que automaticamente cree a memoria e a incorpore. > > Levo traballando algún tempo no proxecto baixo a coordinación e axuda de > Fran Diéguez; estiven sobre todo adaptándome á tecnoloxía escollida para > levalo a cabo (Zend Framework), pero entre as clases antes e agora o > traballo, o proxecto aínda está, poderíase dicir que, botando a andar. De > agora en adiante penso centrarme moito mais nel e por iso gustaríame > pedirvos a vosa colaboración, non só me refiro a probalo a ver se funciona, > senón como vos gustaría que fose, que credes que lle falta, que cousas vedes > que son útiles e cales non, é dicir, como queredes que sexa, xa que a fin de > contas está pensada para vós :) > > Ata agora teño feita o que sería unha versión base (que seguramente conteña > algún erro, xa aviso xD) que poderedes atopar en gitHub, o meu usuario en > gitHub é "tomasVega" e o proxecto chámase "proyectoOSL". Estou pendente de > falar con Fran para montala no servidor e que teñades acceso directo (que é > moito mais cómodo), en calqueira caso, se lle botades unha ollada non > teñades en conta o estilo da páxina (que é simplemente para dar formato). > > Aínda que no montedes a aplicación, todas aquelas ideas ou suxerencias que > teñades respecto á mesma (tanto funcionalidades como suxerencias sobre o > estilo da páxina, etc) serán benvidas e tratarei de implementalas na medida > do posible. > > Por último, dicirvos que estou na procura dun nome para App, pensei nalgún > coma "Trobador" pero non me convencen, e gustaríame, se vos parece, > compartir esta tarefa con vos, xa que seguramente poderades achegar un nome > máis adecuado do que o poida facer eu xD Sobre o nome ... sorpréndeme a proposta "trobador". Supóñote de formación informática e non sei se sabes que "trobar" significa "atopar". Asi que "trobador" é un nome perfecto para un buscador de coincidencias. > > E iso é todo, perdoade polo tostón de email e desculpade o meu galego, no > adoito a usalo a nivel escrito, as correcións ortográficas tamén son > benvidas. Está moi ben escrito > > Saúdos. > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

