Re: [pology][kde] ortografía

2012-06-05 Conversa mvillarino
Si, claro que interesa.

De resumo disto saco poido dar todo como bon (óblast nakhon e esas) e
meter todo a piñón no dicionario.
Non vexas a de traballo que me quitas de riba.

Pero neste caso debo ser un pouco autocrítico: realmente non paga a
pena matarse a facer un dicionario para isto, xa que son moi poucos
ficheiros os que teñen esta información xeográfica (un ou dous en
kdelibs, e a maiores un dun xogo; e un par de ficheiros máis por
outros lugares).
Onde si ten un certo sentido é nos nomes de divisas, que poden estar
reduplicados en kmymoney e nese outro que non recordo agora o nome;
como son poucas, ese si que  o farei.

En resumo, para kgeography: que vou facer unha pasada de corrección ortográfica.
Para o check-spell-ec: non vou meter máis nomes xeográficos que os xa
metidos, agás pedido en contra, e se ven acompañado de ficheiro coa
información relevante.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [pology][kde] ortografía

2012-06-05 Conversa Antón Méixome
2012/6/5 Antón Méixome :
> 2012/6/4 Antón Méixome :
>> 2012/6/4 Antón Méixome :
>>> 2012/6/4 mvillarino :
> Sabedes dalgunha listaxe de países, as súas divisións e cidades ? (se
> non, tomaeria a wikipedia como referencia para a ortografía, tampouco
> vos matedes)

 Estiven a mirar disto e necesito facer unhas consultas:

 Área eslava:
 - Que vos parece se traduzo Óblast como Rexión?
 - E Vóblast como o mesmo que óblast?
 - E Krai como "marca" ou como o mesmo que óblast?

 India:
 -Que vos parece se traduzo "Pradesh" como rexión ou provincia?

 Tailandia:
 -Que vos parece se traduzo "Nakhon" como "cidade"?
>>>
>>> O mellor consello poderías obtelo de at...@crtvg.es
>>> É unha pena que o Atlas non funcione ben http://www.onomastico.org/
>>>
>>> Ai teñen, que me consta, a mellor base de datos dese tipo de
>>> información xeográfica en galego e contacto con especialistas do
>>> máximo nivel para temas de transliteración.
>>>
>>>
>>
>> Non é que non queira entrar no que preguntas, é que non me considero
>> suficientemente competente.
>> Pode ser moi confuso tentar algún tipo de equivalencia. Por exemlo,
>> Oblast' pode ser algo como rexión ou provincia ou área ou territorio e
>> así as demais. Podémolas definir pero traducilas, non o vexo.
>>
>> Eu deixaríaos como estranxeirismos, coa adaptación alfabética imprescindible.
>>
>> Aquí podes profundizar máis seguramente
>> http://www.ungiwg.org/data.htm
>>
>
> Rebuscando entre os meus materiais, de cando colaborei co proxecto de
> toponimia da CRTVG (2008) nun aspecto colateral, atopei dúas cousas
> que poden servir como guieiros
>
> - decálogo de criterios para exotopónimos
> - criterios de transcrición ruso → galego
>
> Resumo
>
> Criterios xerais, decálogo
>
> 1. Orixinal. Respectarase a forma de cada topónimo, na súa lingua orixinal
> 2. Mínima intervención. Nunca se buscará un exónimo para un topónimo
> que careza de forma propia en galego ou na contorna cando a lingua
> orixinal non presente especial dificultade de transcrición ou
> pronuncia. Washington, non *Waxinton
> 3. Oficialidade. Cando convivan máis dunha forma, unha na lingua
> propia local e outras na/s lingua/s oficiais dese territorio,
> admítense todas como válidas e como fonte para a determinación da
> forma galega. Tolosa (occitano) / Toulousse (francés)
> 4. Tradición galega. Aténdense as formas históricas do galego,
> especialmente se aínda se conservan vivas. Castela
> 5. Homologabilidade. As formas deben ser coherentes entre si e
> harmónicas coas linguas veciñas e as internacionais.
> 6. Atención á casuística do artigo. O artigo dos topónimos forma parte
> del e a súa adaptación ao galego depende da tradición, o uso e a que o
> artigo sexa recoñecible. Atenderase o caso concreto. As Palmas / Las
> Palmas, Os Ánxeles, Os Ángeles / Los Ángeles, El Cairo / O Cairo /
> Shatt-al-Arab
> 7. Topónimos compostos. Tradúcense os elementos transparentes. Nova
> York pero Sillicon Valley
> 8. Grafemas alófonos. Os grafemas galegos, as letras, ademais de ter o
> valor común poden ter distintos usos e valores de pronuncia dependendo
> da lingua font. Jersey (o son do -ll- poderia así escribirse con -ll-
> e con -j- en galego) , Oaxaca, Zanzibar.
> 9. Acentuación. Cando se mantén a forma orixinal coa súa grafía ou
> transliteración non se usan acentos diacríticos en galego. Taiwan
> 10. A aplicación destes criterios enténdese susceptible de ser
> adaptada ás circunstacias da comunicación.
>
> Logo envío o outro que é moito máis complexo
>

Bué, a todo isto, interesa?


>
>>>
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [pology][kde] ortografía

2012-06-05 Conversa Antón Méixome
2012/6/4 Antón Méixome :
> 2012/6/4 Antón Méixome :
>> 2012/6/4 mvillarino :
 Sabedes dalgunha listaxe de países, as súas divisións e cidades ? (se
 non, tomaeria a wikipedia como referencia para a ortografía, tampouco
 vos matedes)
>>>
>>> Estiven a mirar disto e necesito facer unhas consultas:
>>>
>>> Área eslava:
>>> - Que vos parece se traduzo Óblast como Rexión?
>>> - E Vóblast como o mesmo que óblast?
>>> - E Krai como "marca" ou como o mesmo que óblast?
>>>
>>> India:
>>> -Que vos parece se traduzo "Pradesh" como rexión ou provincia?
>>>
>>> Tailandia:
>>> -Que vos parece se traduzo "Nakhon" como "cidade"?
>>
>> O mellor consello poderías obtelo de at...@crtvg.es
>> É unha pena que o Atlas non funcione ben http://www.onomastico.org/
>>
>> Ai teñen, que me consta, a mellor base de datos dese tipo de
>> información xeográfica en galego e contacto con especialistas do
>> máximo nivel para temas de transliteración.
>>
>>
>
> Non é que non queira entrar no que preguntas, é que non me considero
> suficientemente competente.
> Pode ser moi confuso tentar algún tipo de equivalencia. Por exemlo,
> Oblast' pode ser algo como rexión ou provincia ou área ou territorio e
> así as demais. Podémolas definir pero traducilas, non o vexo.
>
> Eu deixaríaos como estranxeirismos, coa adaptación alfabética imprescindible.
>
> Aquí podes profundizar máis seguramente
> http://www.ungiwg.org/data.htm
>

Rebuscando entre os meus materiais, de cando colaborei co proxecto de
toponimia da CRTVG (2008) nun aspecto colateral, atopei dúas cousas
que poden servir como guieiros

- decálogo de criterios para exotopónimos
- criterios de transcrición ruso → galego

Resumo

Criterios xerais, decálogo

1. Orixinal. Respectarase a forma de cada topónimo, na súa lingua orixinal
2. Mínima intervención. Nunca se buscará un exónimo para un topónimo
que careza de forma propia en galego ou na contorna cando a lingua
orixinal non presente especial dificultade de transcrición ou
pronuncia. Washington, non *Waxinton
3. Oficialidade. Cando convivan máis dunha forma, unha na lingua
propia local e outras na/s lingua/s oficiais dese territorio,
admítense todas como válidas e como fonte para a determinación da
forma galega. Tolosa (occitano) / Toulousse (francés)
4. Tradición galega. Aténdense as formas históricas do galego,
especialmente se aínda se conservan vivas. Castela
5. Homologabilidade. As formas deben ser coherentes entre si e
harmónicas coas linguas veciñas e as internacionais.
6. Atención á casuística do artigo. O artigo dos topónimos forma parte
del e a súa adaptación ao galego depende da tradición, o uso e a que o
artigo sexa recoñecible. Atenderase o caso concreto. As Palmas / Las
Palmas, Os Ánxeles, Os Ángeles / Los Ángeles, El Cairo / O Cairo /
Shatt-al-Arab
7. Topónimos compostos. Tradúcense os elementos transparentes. Nova
York pero Sillicon Valley
8. Grafemas alófonos. Os grafemas galegos, as letras, ademais de ter o
valor común poden ter distintos usos e valores de pronuncia dependendo
da lingua font. Jersey (o son do -ll- poderia así escribirse con -ll-
e con -j- en galego) , Oaxaca, Zanzibar.
9. Acentuación. Cando se mantén a forma orixinal coa súa grafía ou
transliteración non se usan acentos diacríticos en galego. Taiwan
10. A aplicación destes criterios enténdese susceptible de ser
adaptada ás circunstacias da comunicación.

Logo envío o outro que é moito máis complexo


>>
>>> ___
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto