2012/6/5 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2012/6/4 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>> 2012/6/4 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>> 2012/6/4 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>:
>>>>> Sabedes dalgunha listaxe de países, as súas divisións e cidades ? (se
>>>>> non, tomaeria a wikipedia como referencia para a ortografía, tampouco
>>>>> vos matedes)
>>>>
>>>> Estiven a mirar disto e necesito facer unhas consultas:
>>>>
>>>> Área eslava:
>>>> - Que vos parece se traduzo Óblast como Rexión?
>>>> - E Vóblast como o mesmo que óblast?
>>>> - E Krai como "marca" ou como o mesmo que óblast?
>>>>
>>>> India:
>>>> -Que vos parece se traduzo "Pradesh" como rexión ou provincia?
>>>>
>>>> Tailandia:
>>>> -Que vos parece se traduzo "Nakhon" como "cidade"?
>>>
>>> O mellor consello poderías obtelo de at...@crtvg.es
>>> É unha pena que o Atlas non funcione ben http://www.onomastico.org/
>>>
>>> Ai teñen, que me consta, a mellor base de datos dese tipo de
>>> información xeográfica en galego e contacto con especialistas do
>>> máximo nivel para temas de transliteración.
>>>
>>>
>>
>> Non é que non queira entrar no que preguntas, é que non me considero
>> suficientemente competente.
>> Pode ser moi confuso tentar algún tipo de equivalencia. Por exemlo,
>> Oblast' pode ser algo como rexión ou provincia ou área ou territorio e
>> así as demais. Podémolas definir pero traducilas, non o vexo.
>>
>> Eu deixaríaos como estranxeirismos, coa adaptación alfabética imprescindible.
>>
>> Aquí podes profundizar máis seguramente
>> http://www.ungiwg.org/data.htm
>>
>
> Rebuscando entre os meus materiais, de cando colaborei co proxecto de
> toponimia da CRTVG (2008) nun aspecto colateral, atopei dúas cousas
> que poden servir como guieiros
>
> - decálogo de criterios para exotopónimos
> - criterios de transcrición ruso → galego
>
> Resumo
>
> Criterios xerais, decálogo
>
> 1. Orixinal. Respectarase a forma de cada topónimo, na súa lingua orixinal
> 2. Mínima intervención. Nunca se buscará un exónimo para un topónimo
> que careza de forma propia en galego ou na contorna cando a lingua
> orixinal non presente especial dificultade de transcrición ou
> pronuncia. Washington, non *Waxinton
> 3. Oficialidade. Cando convivan máis dunha forma, unha na lingua
> propia local e outras na/s lingua/s oficiais dese territorio,
> admítense todas como válidas e como fonte para a determinación da
> forma galega. Tolosa (occitano) / Toulousse (francés)
> 4. Tradición galega. Aténdense as formas históricas do galego,
> especialmente se aínda se conservan vivas. Castela
> 5. Homologabilidade. As formas deben ser coherentes entre si e
> harmónicas coas linguas veciñas e as internacionais.
> 6. Atención á casuística do artigo. O artigo dos topónimos forma parte
> del e a súa adaptación ao galego depende da tradición, o uso e a que o
> artigo sexa recoñecible. Atenderase o caso concreto. As Palmas / Las
> Palmas, Os Ánxeles, Os Ángeles / Los Ángeles, El Cairo / O Cairo /
> Shatt-al-Arab
> 7. Topónimos compostos. Tradúcense os elementos transparentes. Nova
> York pero Sillicon Valley
> 8. Grafemas alófonos. Os grafemas galegos, as letras, ademais de ter o
> valor común poden ter distintos usos e valores de pronuncia dependendo
> da lingua font. Jersey (o son do -ll- poderia así escribirse con -ll-
> e con -j- en galego) , Oaxaca, Zanzibar.
> 9. Acentuación. Cando se mantén a forma orixinal coa súa grafía ou
> transliteración non se usan acentos diacríticos en galego. Taiwan
> 10. A aplicación destes criterios enténdese susceptible de ser
> adaptada ás circunstacias da comunicación.
>
> Logo envío o outro que é moito máis complexo
>

Bué, a todo isto, interesa?


>
>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a