2012/6/4 Antón Méixome <[email protected]>: > 2012/6/4 Antón Méixome <[email protected]>: >> 2012/6/4 mvillarino <[email protected]>: >>>> Sabedes dalgunha listaxe de países, as súas divisións e cidades ? (se >>>> non, tomaeria a wikipedia como referencia para a ortografía, tampouco >>>> vos matedes) >>> >>> Estiven a mirar disto e necesito facer unhas consultas: >>> >>> Área eslava: >>> - Que vos parece se traduzo Óblast como Rexión? >>> - E Vóblast como o mesmo que óblast? >>> - E Krai como "marca" ou como o mesmo que óblast? >>> >>> India: >>> -Que vos parece se traduzo "Pradesh" como rexión ou provincia? >>> >>> Tailandia: >>> -Que vos parece se traduzo "Nakhon" como "cidade"? >> >> O mellor consello poderías obtelo de [email protected] >> É unha pena que o Atlas non funcione ben http://www.onomastico.org/ >> >> Ai teñen, que me consta, a mellor base de datos dese tipo de >> información xeográfica en galego e contacto con especialistas do >> máximo nivel para temas de transliteración. >> >> > > Non é que non queira entrar no que preguntas, é que non me considero > suficientemente competente. > Pode ser moi confuso tentar algún tipo de equivalencia. Por exemlo, > Oblast' pode ser algo como rexión ou provincia ou área ou territorio e > así as demais. Podémolas definir pero traducilas, non o vexo. > > Eu deixaríaos como estranxeirismos, coa adaptación alfabética imprescindible. > > Aquí podes profundizar máis seguramente > http://www.ungiwg.org/data.htm >
Rebuscando entre os meus materiais, de cando colaborei co proxecto de toponimia da CRTVG (2008) nun aspecto colateral, atopei dúas cousas que poden servir como guieiros - decálogo de criterios para exotopónimos - criterios de transcrición ruso → galego Resumo Criterios xerais, decálogo 1. Orixinal. Respectarase a forma de cada topónimo, na súa lingua orixinal 2. Mínima intervención. Nunca se buscará un exónimo para un topónimo que careza de forma propia en galego ou na contorna cando a lingua orixinal non presente especial dificultade de transcrición ou pronuncia. Washington, non *Waxinton 3. Oficialidade. Cando convivan máis dunha forma, unha na lingua propia local e outras na/s lingua/s oficiais dese territorio, admítense todas como válidas e como fonte para a determinación da forma galega. Tolosa (occitano) / Toulousse (francés) 4. Tradición galega. Aténdense as formas históricas do galego, especialmente se aínda se conservan vivas. Castela 5. Homologabilidade. As formas deben ser coherentes entre si e harmónicas coas linguas veciñas e as internacionais. 6. Atención á casuística do artigo. O artigo dos topónimos forma parte del e a súa adaptación ao galego depende da tradición, o uso e a que o artigo sexa recoñecible. Atenderase o caso concreto. As Palmas / Las Palmas, Os Ánxeles, Os Ángeles / Los Ángeles, El Cairo / O Cairo / Shatt-al-Arab 7. Topónimos compostos. Tradúcense os elementos transparentes. Nova York pero Sillicon Valley 8. Grafemas alófonos. Os grafemas galegos, as letras, ademais de ter o valor común poden ter distintos usos e valores de pronuncia dependendo da lingua font. Jersey (o son do -ll- poderia así escribirse con -ll- e con -j- en galego) , Oaxaca, Zanzibar. 9. Acentuación. Cando se mantén a forma orixinal coa súa grafía ou transliteración non se usan acentos diacríticos en galego. Taiwan 10. A aplicación destes criterios enténdese susceptible de ser adaptada ás circunstacias da comunicación. Logo envío o outro que é moito máis complexo >> >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

