Re: Roi González Villa - Vivaelcelta

2013-02-06 Conversa Miguel Branco
2013/2/6 damufo 

>  Ola Roi:
>
> Eu levo a extensión que incorpora o corrector, non fago o corrector,
> empaquétoo para que se poida usar no Firefox e no Thunderbird.
>

Desculpa. Preguntoume por quen levaba a xestión diso e vexo que non me
entendeu ou non me expliquei ben.


> A versión actual ten a versión de Miguel Solla o cal supoño que cambiarei
> en canto se probe e demostre que a de Proxecto Trasno funciona mellor que a
> que actualmente hai.
>

Agradécese :)


> Seguramente sexa interesante discutir isto na seguinte trasnada.
>

Por min sen problema.


>  Saúdos.
>
>
> En 06/02/2013 21:36, Vivaelcelta escribiu:
>
> Ola, díxome Miguel Branco que ti es o que fai o corrector de galego para o 
> Firefox. E quería preguntarche cando farás unha nova versión. Xa que se 
> fixeron moitos cambios como pode verse aquí 
> http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell
>
>
>
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Roi Gonz�lez Villa - Vivaelcelta

2013-02-06 Conversa damufo

Ola Roi:

Eu levo a extensión que incorpora o corrector, non fago o corrector, 
empaquétoo para que se poida usar no Firefox e no Thunderbird.
A versión actual ten a versión de Miguel Solla o cal supoño que 
cambiarei en canto se probe e demostre que a de Proxecto Trasno funciona 
mellor que a que actualmente hai.

Seguramente sexa interesante discutir isto na seguinte trasnada.

Saúdos.


En 06/02/2013 21:36, Vivaelcelta escribiu:

Ola, díxome Miguel Branco que ti es o que fai o corrector de galego para o 
Firefox. E quería preguntarche cando farás unha nova versión. Xa que se fixeron 
moitos cambios como pode verse aquí http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell



___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Hunspell] Módulo de Trasno

2013-02-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
O Mércores, 6 de Febreiro de 2013 13:31:49 Leandro Regueiro escribiu:
> Antes de nada, mirei todos os detalles que comentas e todos son do
> glosario herdado. Para que quede claro, os cadros que aparezan con
> fondo azul son acordos de Trasnadas (discutidos e revisados) e os
> cadros que teñen fondo gris son termos herdados do anterior glosario
> do Proxecto Trasno (quitando aqueles termos que se volveron tratar nas
> Trasnadas para evitar confusións) e que se chantaron aí directamente
> sen ningún tipo de revisión.

Do que se trata é de que o módulo reflicta os acordos das trasnadas, así que 
engadirei unicamente as entradas en azul. Con iso quedan solucionadas todas as 
miñas dúbidas, que se correspondían en todos os casos —como ti mesmo dis— a 
entradas en gris.

Grazas!

PS: «sen embargo» → «porén[1]».


[1] http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=porén
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Hunspell] Módulo de Trasno

2013-02-06 Conversa mvillarino
Por alusión: A maioría son herdadas de cando facía as traducións coa
norma ortográfica de mínimos reintegrados.


>> 7) Para «keyring» temos «chaveiro» e «claveiro». A segunda forma, non
>> contemplada polo DRAG, imaxino que se engadiu polas diferencias entre
>> «clave» e «chave». Coméntoo por se acaso, pero de primeiras vai engadido.
>
> O de «claveiro» é cousa de Marce. Descoñezo as razóns. Por certo, ata
> onde sei «keyring» tradúcese moitisimas veces como «anel de chaves» ou
> «anel». E tamén se ten traducido como «claviculario». Quizais sexa un
> termo que habería que incluír para a próxima Trasnada.

Pois as razóns son as que van a seguir, se a memoria non me falla:

Estaba a traducir un programa que serve especificamente para a xestión
da colección das chaves GPG, penso que o kgpg, e considerei que: a)
«keyring» é un concepto en si, aínda que proceda de aglutinar «key»
con «ring»; b) a palabra anel é moi propensa a acabar con polisemia;
c) Que bonita palabra esa, «claviculario»/«clavario»
(http://estraviz.org/clav%C3%A1rio
;http://www.priberam.pt/dlpo/default.aspx?pal=clav%C3%A1rio;
http://lema.rae.es/drae/?val=clavario; oi que carallo, parece que a
rag non a ten :-P) que ademais, está referida a unha persoa ( <-
programa) e non a un almacén de datos ( <- chaveiro / claveiro), e ven
de perillas para facer esa distinción entre a infraestrutura e o
programa de escritorio

... máis ou menos.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Hunspell] Módulo de Trasno

2013-02-06 Conversa Leandro Regueiro
2013/2/6 Leandro Regueiro :
> 2013/2/5 Adrián Chaves Fernández :
>> Ola.
>>
>>
>>
>> Estou agora mesmo creando o módulo de Transo para o Hunspell, que incluirá
>> aquelas palabras acordadas nas trasnadas que o DRAG non considere correctas.
>>
>>
>>
>> Escribo algunhas cousas que atopei no HTML que recolle os acordos ata
>> Trasnada 12.0:
>
> Antes de nada, mirei todos os detalles que comentas e todos son do
> glosario herdado. Para que quede claro, os cadros que aparezan con
> fondo azul son acordos de Trasnadas (discutidos e revisados) e os
> cadros que teñen fondo gris son termos herdados do anterior glosario
> do Proxecto Trasno (quitando aqueles termos que se volveron tratar nas
> Trasnadas para evitar confusións) e que se chantaron aí directamente
> sen ningún tipo de revisión.
>
>
>> 1) Atopeime :
>>
>> * O termo «circumflexo» («acento circumflexo»). O correcto é «circunflexo».
>
> Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esa entrada incluíraa Marce e
> descoñezo a razón de telo escrito así.
>
>
>> * O termo «ponto» («ponto de intersección»). O correcto é «punto».
>
> Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esa entrada incluíraa Marce e
> descoñezo a razón de telo escrito así.
>
>
>> * O termo «coñecimento» («extractor de coñecimento»). O correcto é
>> «coñecemento».
>
> Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esa entrada incluíraa Marce e
> descoñezo a razón de telo escrito así.
>
>
>> * O termo «caír» (como tradución para «nuke»). O correcto é «caer».
>
> Pois se é incorrecto, pon o correcto.
>
>
>> * O termo «independiente» (como tradución para «standalone»). O correcto é
>> «independente».
>
> Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esta igual foi unha metedura de zoca 
> miña.
>
>
>> 2) Para traducir «blink» temos tres termos: pestanexar (recomendado),
>> palpebrexar e escintilar. O DRAG non considera correcta a palabra
>> «palpebrexar». De momento engadina ao módulo de Trasno, pero quizais
>> deberiades de considerar retirala da lista na seguinte trasnada.
>
> Se non lembro mal, isto discutírase na rolda e despois rexistrouse no
> glosario anterior do Proxecto Trasno tal cal aparece agora no HTML de
> consulta dinámica. Se tal pode volverse discutir nunha Trasnada para
> revisalo.
>
>
>> 3) Cal sería o plural de «cluster», «clusters»? Estráñame que non usásemos
>> til para este termo, como si que se fixo con «búfer» (plural «búferes»).
>
> Como vén do antigo glosario do Proxecto Trasno o máis probable é que
> se rexistrara sen ter en conta esa norma que acordamos durante unha
> das Trasnadas. Eu entendo que habería que poñelo con til. A palabra xa
> non é tan pouco frecuente como o era antes e de feito xa é bastante
> común vela ou escoitala nos medios de comunicación, aínda que quizais
> referida a outros conceptos diferentes. Respecto do plural que nolo
> aclare algún lingüista.
>
>
>> 4) Aceptáronse «predefinido» e «predefinición», pero non se acordou nada
>> sobre o verbo, «predefinir». ¿Deberían engadir as súas formas como verbo
>> (transitivo)?
>
> Non teño nin idea.
>
>
>> 5) Para «however» aparece entre outras «sen embargo». Tiña entendido que esa
>> forma é incorrecta, e non vexo na lista «porén».
>
> Pois colariase. Se é incorrecto haberá que poñelo ben. Cal sería a
> forma correcta?
>
>
>> 6) Para «inbox», a posibilidade (non recomendada) de usar «buzón». O DRAG
>> indica expresamente que «buzón» é incorrecto. Debería engadirse ao módulo?
>
> Algo que o DRAG di claramente que é incorrecto non se debería poñer.
> Vouno eliminar directamente do HTML de consulta dinámica.
>
>
>> 7) Para «keyring» temos «chaveiro» e «claveiro». A segunda forma, non
>> contemplada polo DRAG, imaxino que se engadiu polas diferencias entre
>> «clave» e «chave». Coméntoo por se acaso, pero de primeiras vai engadido.
>
> O de «claveiro» é cousa de Marce. Descoñezo as razóns. Por certo, ata
> onde sei «keyring» tradúcese moitisimas veces como «anel de chaves» ou
> «anel». E tamén se ten traducido como «claviculario». Quizais sexa un
> termo que habería que incluír para a próxima Trasnada.
>
>
>> 8) En que caso damos «ok» por correcto? oO
>
> Hai bastantes números para que sexa un cazapo.
>
>
>> 9) Cal sería o plural de «píxel»?
>
> Eu emprego «píxeles» segundo o que me recomendara algunha vez Méixome.
> Sería cuestión de volver discutir isto de novo, porque «punto» non me
> convence de todo como solución xeral.
>
>
>> 10) É «url» ou «URL»?
>
> Será «URL».
>
>
> Como vexo que todo isto pode levar a confusións, e a maior parte do
> que indica Adrián creo que son claramente erros que se deberían
> corrixir, vou modificalos no HTML de consulta dinámica para evitar
> problemas futuros.

Xa están actualizados tanto o TBX como o HTML de consulta dinámica.

Deica

>> Respecto do módulo de Trasno, se ben vou incluír instrucións para compilalo,
>> creo que as distribucións —así como os complementos que fornezamos para
>> aplicativos como o Firefox ou o LibreOffice— non deberían incluír este
>> módulo, e por tanto non estou pensa

Re: [Hunspell] Módulo de Trasno

2013-02-06 Conversa Leandro Regueiro
2013/2/5 Adrián Chaves Fernández :
> Ola.
>
>
>
> Estou agora mesmo creando o módulo de Transo para o Hunspell, que incluirá
> aquelas palabras acordadas nas trasnadas que o DRAG non considere correctas.
>
>
>
> Escribo algunhas cousas que atopei no HTML que recolle os acordos ata
> Trasnada 12.0:

Antes de nada, mirei todos os detalles que comentas e todos son do
glosario herdado. Para que quede claro, os cadros que aparezan con
fondo azul son acordos de Trasnadas (discutidos e revisados) e os
cadros que teñen fondo gris son termos herdados do anterior glosario
do Proxecto Trasno (quitando aqueles termos que se volveron tratar nas
Trasnadas para evitar confusións) e que se chantaron aí directamente
sen ningún tipo de revisión.


> 1) Atopeime :
>
> * O termo «circumflexo» («acento circumflexo»). O correcto é «circunflexo».

Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esa entrada incluíraa Marce e
descoñezo a razón de telo escrito así.


> * O termo «ponto» («ponto de intersección»). O correcto é «punto».

Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esa entrada incluíraa Marce e
descoñezo a razón de telo escrito así.


> * O termo «coñecimento» («extractor de coñecimento»). O correcto é
> «coñecemento».

Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esa entrada incluíraa Marce e
descoñezo a razón de telo escrito así.


> * O termo «caír» (como tradución para «nuke»). O correcto é «caer».

Pois se é incorrecto, pon o correcto.


> * O termo «independiente» (como tradución para «standalone»). O correcto é
> «independente».

Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esta igual foi unha metedura de zoca miña.


> 2) Para traducir «blink» temos tres termos: pestanexar (recomendado),
> palpebrexar e escintilar. O DRAG non considera correcta a palabra
> «palpebrexar». De momento engadina ao módulo de Trasno, pero quizais
> deberiades de considerar retirala da lista na seguinte trasnada.

Se non lembro mal, isto discutírase na rolda e despois rexistrouse no
glosario anterior do Proxecto Trasno tal cal aparece agora no HTML de
consulta dinámica. Se tal pode volverse discutir nunha Trasnada para
revisalo.


> 3) Cal sería o plural de «cluster», «clusters»? Estráñame que non usásemos
> til para este termo, como si que se fixo con «búfer» (plural «búferes»).

Como vén do antigo glosario do Proxecto Trasno o máis probable é que
se rexistrara sen ter en conta esa norma que acordamos durante unha
das Trasnadas. Eu entendo que habería que poñelo con til. A palabra xa
non é tan pouco frecuente como o era antes e de feito xa é bastante
común vela ou escoitala nos medios de comunicación, aínda que quizais
referida a outros conceptos diferentes. Respecto do plural que nolo
aclare algún lingüista.


> 4) Aceptáronse «predefinido» e «predefinición», pero non se acordou nada
> sobre o verbo, «predefinir». ¿Deberían engadir as súas formas como verbo
> (transitivo)?

Non teño nin idea.


> 5) Para «however» aparece entre outras «sen embargo». Tiña entendido que esa
> forma é incorrecta, e non vexo na lista «porén».

Pois colariase. Se é incorrecto haberá que poñelo ben. Cal sería a
forma correcta?


> 6) Para «inbox», a posibilidade (non recomendada) de usar «buzón». O DRAG
> indica expresamente que «buzón» é incorrecto. Debería engadirse ao módulo?

Algo que o DRAG di claramente que é incorrecto non se debería poñer.
Vouno eliminar directamente do HTML de consulta dinámica.


> 7) Para «keyring» temos «chaveiro» e «claveiro». A segunda forma, non
> contemplada polo DRAG, imaxino que se engadiu polas diferencias entre
> «clave» e «chave». Coméntoo por se acaso, pero de primeiras vai engadido.

O de «claveiro» é cousa de Marce. Descoñezo as razóns. Por certo, ata
onde sei «keyring» tradúcese moitisimas veces como «anel de chaves» ou
«anel». E tamén se ten traducido como «claviculario». Quizais sexa un
termo que habería que incluír para a próxima Trasnada.


> 8) En que caso damos «ok» por correcto? oO

Hai bastantes números para que sexa un cazapo.


> 9) Cal sería o plural de «píxel»?

Eu emprego «píxeles» segundo o que me recomendara algunha vez Méixome.
Sería cuestión de volver discutir isto de novo, porque «punto» non me
convence de todo como solución xeral.


> 10) É «url» ou «URL»?

Será «URL».


Como vexo que todo isto pode levar a confusións, e a maior parte do
que indica Adrián creo que son claramente erros que se deberían
corrixir, vou modificalos no HTML de consulta dinámica para evitar
problemas futuros.


Deica

> Respecto do módulo de Trasno, se ben vou incluír instrucións para compilalo,
> creo que as distribucións —así como os complementos que fornezamos para
> aplicativos como o Firefox ou o LibreOffice— non deberían incluír este
> módulo, e por tanto non estou pensado en incluílo de maneira predeterminada
> cando se compila o corrector. Eu véxoo como algo especial para nós á hora de
> traducir. Se considerades que debería ir incluído de maneira predeterminada,
> por favor, manifestade a vosa opinión.
>
>
>
> A falta de aclarar estas cues

Re: [Terminoloxía] headless

2013-02-06 Conversa mvillarino
Pode ser.
Non recordo ben o por que, á combinación pantalla+teclado+rato
chámolle "terminal", polo que tamén podería ser "modo sen terminal"

2013/2/6 Miguel Bouzada :
> Headless mode → Modo remoto ?
>
> http://en.wikipedia.org/wiki/Headless_system
> A headless system is a computer system or device that has been configured to
> operate without a monitor (the missing "head"), keyboard, and mouse. A
> headless system is typically controlled via a network connection, although
> some headless system devices require a connection to be made via RS232 for
> administration of the device.
> --
> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


[Terminoloxía] headless

2013-02-06 Conversa Miguel Bouzada
Headless mode → Modo remoto ?

http://en.wikipedia.org/wiki/Headless_system
A headless system is a computer system or device that has been configured
to operate without a monitor (the missing "head"), keyboard, and mouse. A
headless system is typically controlled via a network connection, although
some headless system devices require a connection to be made via RS232 for
administration of the device.
-- 
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto