2013/2/6 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2013/2/5 Adrián Chaves Fernández <[email protected]>: >> Ola. >> >> >> >> Estou agora mesmo creando o módulo de Transo para o Hunspell, que incluirá >> aquelas palabras acordadas nas trasnadas que o DRAG non considere correctas. >> >> >> >> Escribo algunhas cousas que atopei no HTML que recolle os acordos ata >> Trasnada 12.0: > > Antes de nada, mirei todos os detalles que comentas e todos son do > glosario herdado. Para que quede claro, os cadros que aparezan con > fondo azul son acordos de Trasnadas (discutidos e revisados) e os > cadros que teñen fondo gris son termos herdados do anterior glosario > do Proxecto Trasno (quitando aqueles termos que se volveron tratar nas > Trasnadas para evitar confusións) e que se chantaron aí directamente > sen ningún tipo de revisión. > > >> 1) Atopeime : >> >> * O termo «circumflexo» («acento circumflexo»). O correcto é «circunflexo». > > Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esa entrada incluíraa Marce e > descoñezo a razón de telo escrito así. > > >> * O termo «ponto» («ponto de intersección»). O correcto é «punto». > > Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esa entrada incluíraa Marce e > descoñezo a razón de telo escrito así. > > >> * O termo «coñecimento» («extractor de coñecimento»). O correcto é >> «coñecemento». > > Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esa entrada incluíraa Marce e > descoñezo a razón de telo escrito así. > > >> * O termo «caír» (como tradución para «nuke»). O correcto é «caer». > > Pois se é incorrecto, pon o correcto. > > >> * O termo «independiente» (como tradución para «standalone»). O correcto é >> «independente». > > Pois se é incorrecto, pon o correcto. Esta igual foi unha metedura de zoca > miña. > > >> 2) Para traducir «blink» temos tres termos: pestanexar (recomendado), >> palpebrexar e escintilar. O DRAG non considera correcta a palabra >> «palpebrexar». De momento engadina ao módulo de Trasno, pero quizais >> deberiades de considerar retirala da lista na seguinte trasnada. > > Se non lembro mal, isto discutírase na rolda e despois rexistrouse no > glosario anterior do Proxecto Trasno tal cal aparece agora no HTML de > consulta dinámica. Se tal pode volverse discutir nunha Trasnada para > revisalo. > > >> 3) Cal sería o plural de «cluster», «clusters»? Estráñame que non usásemos >> til para este termo, como si que se fixo con «búfer» (plural «búferes»). > > Como vén do antigo glosario do Proxecto Trasno o máis probable é que > se rexistrara sen ter en conta esa norma que acordamos durante unha > das Trasnadas. Eu entendo que habería que poñelo con til. A palabra xa > non é tan pouco frecuente como o era antes e de feito xa é bastante > común vela ou escoitala nos medios de comunicación, aínda que quizais > referida a outros conceptos diferentes. Respecto do plural que nolo > aclare algún lingüista. > > >> 4) Aceptáronse «predefinido» e «predefinición», pero non se acordou nada >> sobre o verbo, «predefinir». ¿Deberían engadir as súas formas como verbo >> (transitivo)? > > Non teño nin idea. > > >> 5) Para «however» aparece entre outras «sen embargo». Tiña entendido que esa >> forma é incorrecta, e non vexo na lista «porén». > > Pois colariase. Se é incorrecto haberá que poñelo ben. Cal sería a > forma correcta? > > >> 6) Para «inbox», a posibilidade (non recomendada) de usar «buzón». O DRAG >> indica expresamente que «buzón» é incorrecto. Debería engadirse ao módulo? > > Algo que o DRAG di claramente que é incorrecto non se debería poñer. > Vouno eliminar directamente do HTML de consulta dinámica. > > >> 7) Para «keyring» temos «chaveiro» e «claveiro». A segunda forma, non >> contemplada polo DRAG, imaxino que se engadiu polas diferencias entre >> «clave» e «chave». Coméntoo por se acaso, pero de primeiras vai engadido. > > O de «claveiro» é cousa de Marce. Descoñezo as razóns. Por certo, ata > onde sei «keyring» tradúcese moitisimas veces como «anel de chaves» ou > «anel». E tamén se ten traducido como «claviculario». Quizais sexa un > termo que habería que incluír para a próxima Trasnada. > > >> 8) En que caso damos «ok» por correcto? oO > > Hai bastantes números para que sexa un cazapo. > > >> 9) Cal sería o plural de «píxel»? > > Eu emprego «píxeles» segundo o que me recomendara algunha vez Méixome. > Sería cuestión de volver discutir isto de novo, porque «punto» non me > convence de todo como solución xeral. > > >> 10) É «url» ou «URL»? > > Será «URL». > > > Como vexo que todo isto pode levar a confusións, e a maior parte do > que indica Adrián creo que son claramente erros que se deberían > corrixir, vou modificalos no HTML de consulta dinámica para evitar > problemas futuros.
Xa están actualizados tanto o TBX como o HTML de consulta dinámica. Deica >> Respecto do módulo de Trasno, se ben vou incluír instrucións para compilalo, >> creo que as distribucións —así como os complementos que fornezamos para >> aplicativos como o Firefox ou o LibreOffice— non deberían incluír este >> módulo, e por tanto non estou pensado en incluílo de maneira predeterminada >> cando se compila o corrector. Eu véxoo como algo especial para nós á hora de >> traducir. Se considerades que debería ir incluído de maneira predeterminada, >> por favor, manifestade a vosa opinión. >> >> >> >> A falta de aclarar estas cuestións, o módulo está listo. Para quen lle >> queira botar unha ollada: >> https://github.com/Gallaecio/hunspell-gl/tree/trasno/src/trasno >> >> >> >> Un saúdo. >> >> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

