Por alusión: A maioría son herdadas de cando facía as traducións coa norma ortográfica de mínimos reintegrados.
>> 7) Para «keyring» temos «chaveiro» e «claveiro». A segunda forma, non >> contemplada polo DRAG, imaxino que se engadiu polas diferencias entre >> «clave» e «chave». Coméntoo por se acaso, pero de primeiras vai engadido. > > O de «claveiro» é cousa de Marce. Descoñezo as razóns. Por certo, ata > onde sei «keyring» tradúcese moitisimas veces como «anel de chaves» ou > «anel». E tamén se ten traducido como «claviculario». Quizais sexa un > termo que habería que incluír para a próxima Trasnada. Pois as razóns son as que van a seguir, se a memoria non me falla: Estaba a traducir un programa que serve especificamente para a xestión da colección das chaves GPG, penso que o kgpg, e considerei que: a) «keyring» é un concepto en si, aínda que proceda de aglutinar «key» con «ring»; b) a palabra anel é moi propensa a acabar con polisemia; c) Que bonita palabra esa, «claviculario»/«clavario» (http://estraviz.org/clav%C3%A1rio ;http://www.priberam.pt/dlpo/default.aspx?pal=clav%C3%A1rio; http://lema.rae.es/drae/?val=clavario; oi que carallo, parece que a rag non a ten :-P).... que ademais, está referida a unha persoa ( <- programa) e non a un almacén de datos ( <- chaveiro / claveiro), e ven de perillas para facer esa distinción entre a infraestrutura e o programa de escritorio.... ... máis ou menos. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

