Re: Axuda con estas cadeas no Firefox

2011-06-02 Conversa J.M. Castroagudín
Am Fri, 3 Jun 2011 00:22:53 +0200
schrieb Enrique Estévez Fernández e...@keko.me:

 Boas.
 
 Como traduciríades isto (está nunha especie de carta que che
 recomendan que escribas a xente para convencelos de que migren a
 Firefox 4).

Penso que para este caso concreto, vai ser preciso obviar aquel
principio de tratar ao usuario de vostede.

 
 OK, now you've got it. So you're not only getting the best the Web has
 to offer, you're also helping make sure that it stays open,
 accessible, transparent, safe and — most of all — awesome. Pretty
 cool, right? That's because Mozilla Firefox values principles over
 profit and answers to no one but you.

Vale, xa o pillaches. Non só estás a recibir o mellor que a Web pode
ofrecer, senón que tamén estas axudando a asegurar que permaneza
aberta, accesíbel, transparente, segura e - por riba de todo -
alucinante. Mola, eh? Isto é así porque Mozilla Firefox valora os
principios máis que os beneficios, e non responde ante ninguén máis ca
ti.

Dúbidas: Molar, alucinante... Son palabras que eu non uso ao falar.
E, se cadra, cousas coma caralludo non ían quedar ben de todo.

Ah, e o do principio, you got it, non sei se realmente se refire a
pillar, entender, ou se xusto antes se fai referencia a algo que
teñas, ou ao que acabas de instalar, ou así.


 
 Oh, and if all that seems like too much, I'd be happy to come over and
 install it for you. We could have a coffee, hang out and catch up. It
 just wouldn't be fair to keep Firefox 4 all to myself.

Ah, e se todo isto che parece moito, con moito gusto me acerco a
instalarcho. Poderiamos tomar un café, pasar un anaco xuntos e pórnos
ao día. Non sería xusto quedarme con Fx4 só para min.


O de catch up, fieime do google translator, pero non podo poñer a man
no lume...

 
 Yours in better browsing,
 

Eu isto poríao máis ao noso estilo, algo como sinceramente teu, e
desexándoche unha mellor navegación,, ou algo así. Ou só o de
desexándoche...


 Saúdos.
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín (jchaves)
http://chav.es
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: CentOS

2011-05-05 Conversa J.M. Castroagudín
Am Thu, 5 May 2011 19:11:54 +0200
schrieb Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com:

 Por imperativos familiares teño que afacerme a traballar con CentOS...
 hai alguén que estea afeito a el?
 
Boas,

A min tocárame hai tempo enredar hai tempo con RedHat, por culpa de non
sei que cousa que comprara (ou ía comprar) a empresa e que non levaba
soporte para Debian. Así que, antes de comprar aquela cousa, recordo ter
trasteado cunha CentOS, para írmonos afacendo.

A nivel dun usuario: pouca diferencia hai. Segues tendo un escritorio,
co seu navegador e con todas as cousas que hai en calquera distro.

Para instalar cousas: creo que tiña algo coma o Synaptic, pero non
che sei dicir máis. Dende a consola, hai que usar yum en vez de
apt-*. Creo recordar que yum search era algo máis xeitoso ca o
apt-cache search, e que yum update non era coma o at-get update,
senón coma un upgrade. Pero vaia, unha vez cambias algo o chip, logo
te afás. 

Que máis... podes atopar algún cambio no /etc, e pode que non teñas
cousas como locate, updatedb... Pero non sei se non viñan
instalados, ou é que non os había nos repos... Igual tampouco tes
cousas como o update-alternatives, pero xa non me acordo. Ademais,
pode que todo isto xa cambiara dende aquela...

Ao final, é unha distro que usa Linux e máis as utilidades GNU, así que
calquera cousa que tiveras funcionando nunha Debian-like, hanche de
funcionar aí. Estou a pensar en cousas coma scripts que usen grep, awk,
e así, e en cousas algo máis estrámboticas que teñan que mirar
algo en /proc, ou cousas raras.

Mmm... que máis... pode que, se non tocas nada durante a instalación,
teñas predeterminadas cousas coma SElinux. Recordo hai tempo ter
probado unha fedora, mantendo /home aparte, e cando volvín a Debian,
tiña os permisos dos ficheiros de /home algo trastocados.

Pouca cousa máis che podo contar así de memoria. Se cadra cando empeces
a fedellar atopas cousas raras, e ao mellor se as comentas podo
recordar se a min tamén me pasara, e botarche unha man...


Por certo... isto é algo off-topic, non? jejeje

-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín (jchaves)
http://chav.es
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Reaproveitar tradución

2011-03-25 Conversa J.M. Castroagudín
On Fri, 25 Mar 2011 15:05:17 +0100
Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com wrote:

 2011/3/25 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
  Hai varias opcións:
 
  1) Abres o Poedit e creas unha memoria de tradución con todos os
  ficheiros. Despois abres os ficheiros que tes que traducir e daslle
  a facer unha tradución automática (non lembro se o facía só ou se
  había que sincronizar co POT). As traducións suxeridas deberían
  aparecer todas como dubidosas.
  2) Creas un compendio de PO cos ficheiros PO antigos usando a orde
  pocompendium. Usando a orde msgfmt e indicando un parámetro que
  agora non lembro dislle que use o pocompendium como fonte de
  traducións válidas.
 
 Mirei un pouco por riba e non atopo información de como facelo da
 forma 2. Teño que marchar, pero podo asegurarche que a primeira forma
 funciona.

En realidade creo que non é co 'msgfmt'. É con 'msgmerge'. Se pos 'man
msgmerge' nun terminal, terás información máis estendida, pero en
resumo ven sendo algo así:

msgmerge traducido.po sen_traducir.po -o ficheiro_novo.po

Se en vez de 'traducido' usas un compendio de todo o traducido, pois
mellor, claro. Pero ven sendo iso.


 
  2011/3/25 damufo dam...@gmail.com:
  Boas:
  Sempre me atopo co mesmo problema e vese que non son quen de
  resolvelo. Resulta que teño un cartefol con 150 ficheiros .po
  pendentes de traducir. E teño outro cartafol con uns 90 .po que
  están traducidos. Gustaríame saber se hai maneira de poder facer
  un merge entra ficheiros po dos dous cartafoles.
 
  Estou coa tradución do Joomla 1.6 e a verdade é que estou bastante
  agoniado co tema. O que máis me amola é ter que estar a traducir o
  xa traducido, non teño nin idea de como reaproveitar o traballo
  feito e o de partir de 0 non me está a resultar nada motivante.
  Para a tradución da parte da portada traducín o 100% desde cero a
  traveso do pootle de trasno agora teño pendente a parte de
  administración (uns 150 ficheiros) e non estou moi motivado a
  traducir todo desde 0. Volvo á pregunta inicial, hai forma de
  pasar o xa traducido ao pendente de traducir para que o que
  coincida sexa inserido como suxestión?
 
  Veño de probar varias opcións. Wordforge, o que mellor pinta ten,
  pero non dou sabido como usalo.
  O virtaal, non vexo que xestione proxectos e como no meu caso
  manexo tantos ficheiros non me acaba de convencer ademáis só
  permite o uso dun ficheiro de teminoloxía.
 
  Paréceme raro que non haxa algo tan simple como:
 
  Teño este grupo de ficheiros .po sen traducir.
  pois agora busca neste outro grupo posibles traducións para os
  primeiros (os que están sen traducir) isto existe?
 
 
 
 
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
 
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín (jchaves)
http://chav.es
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Terminoloxía] Rubber band selection

2011-02-03 Conversa J.M. Castroagudín
On Thu, 3 Feb 2011 17:54:17 +0100
Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com wrote:

 2011/2/3 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
  2011/2/3 J.M. Castroagudín chavescesu...@gmail.com:
  On Wed, 2 Feb 2011 23:51:26 +0100
  mvillarino mvillar...@gmail.com wrote:
 
  todos ese ficheiros. Creo que da igual que só seleccione aqueles
  ficheiros cuxa icona quedou totalmente dentro da caixa no
  momento de soltar o botón ou que tamén inclúa aqueles cuxa icona
  quedou parcialmente dentro.
 
  No programa ese os diferentes métodos de escolla levan apelidos
  diferentes. (Tal vez o qcad e semellantes tamén)
 
  E que ten de malo seleccionar arrastrando? Eu creo que sempre lle
  chamei así, aínda que moi seguro non estou tampouco...
 
  E “selección de arrastre” como substantivo, por gracioso que poida
  soar, entenderíase :)
 
 Creo que me convence máis «selección elástica». O da «selección por
 arrastre» da a idea de arrastrar algo, creo eu. Hai máis opinións ou
 ideas?

Pois... claro que arrastras algo. O punteiro do rato. non?

PS: na miña terra dise arrastear. Bue, na miña terra, ou se cadra
só na miña casa, vaya usté a saber. Alguén máis o di así?

 
 Deica
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín (jchaves)
http://chav.es
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [gnome-gl] Corrección de GNOME con posieve e as regras de MVillarino

2011-01-26 Conversa J.M. Castroagudín
On Wed, 26 Jan 2011 18:45:26 +0100
Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com wrote:

[...]
 
 Propoño facer un obradoiro de dez minutos na vindeira Trasnada para
 que a xente aprenda a usar o básico.

Eu apuntaríame. 

Estou ultimamente moi mangante cos ordenadores, non dou conseguido que
me entren as ganas de poñerme a fozar con este tema, pero parece que
ten moi boa pinta...


 
 Deica
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín (jchaves)
http://chav.es
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Terminoloxía] Guitar tablature

2011-01-03 Conversa J.M. Castroagudín
On Mon, 03 Jan 2011 15:11:38 +0100
Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com wrote:

 Eu na miña vida escoitei tradución. Ocorréuseme “taboatura” algunha
 vez, pero non me convence, soa moi forzado. Xa sabedes que na música
 son moitos os termos que ou se deixan sen adaptar ou apenas se
 cambian, e para o caso que nos ocupa, “tablatura” paréceme unha
 adaptación coherente con dita realidade do termo orixinal francés[1].
 
 [1] http://www.etymonline.com/index.php?term=tablature
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Por se serve de algo: Toco (mal) a guitarra, e tanto eu coma case todo
o mundo que coñezo lle chama tablatura. Aínda que supoño que se trata
dun calco (seguramente do español, pero vaia, que o español tamén o
calcaría do inglés), así que estar estamos como estabamos.

Que vos parecería tirar por outro lado? chamarlle transcrición,
notación, ou algo así?

Se alguén non sabe de que falamos: unha tablatura ven sendo algo
parecido a un pentagrama, só que con seis liñas no canto de cinco (no
caso da guitarra, claro). Cada liña representa unha corda da guitarra.
En lugar de figuras musicais (brancas, redondas, corcheas, silencios)
empréganse números, sinalando en que traste de cada corda hai que poñer
os dedos da man esquerda para tocar unha peza dada.

É dicir, trátase, como no caso dunha partitura, dunha 'notación' ou
'transcrición' dunha peza de música, só que no caso da tablatura non é
tan exacta coma unha partitura (non ten en conta a duración de cada
son, p.ex.), e resulta moito máis sinxela de ler (ás veces non hai nin
que saber que nota se está a tocar, é completamente straightforward:
dedo no primeiro traste da corda catro. Cunha partitura tes que lela
(re sostido) e despois pensar como se fai un re sostido na guitarra
(dedo no primeiro traste da corda catro).

Coa práctica, acaba sendo case máis fácil ler partituras, pero cando
empezas co instrumento, e non tes ganas de romper os cornos, as
'tablaturas' son infinitamente útiles.

-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín (jchaves)
http://chav.es
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: pootle

2010-12-23 Conversa J.M. Castroagudín
On Thu, 23 Dec 2010 10:17:18 +0100
Indalecio Freiría Santos ifrei...@gmail.com wrote:

Boas,

Aquel día que se falou deste asunto tiven media hora libre para fozar.
Pero non cheguei a nada. (ían xa para as tres da mañá). E como parece
que cada día teño menos tempo, voume quitar do medio. Se non se axuda,
polo menos non estorbar.

Penso que podo confirmar que o contrasinal do admin non se reseteou de
ningún xeito (eu tiña o passwd gardado no firefox dende había meses e
segue funcionando...). Tamén podo dicir que, debido á función de gardar
contrasinais do navegador, non sei nin cal é (quen a queira, que ma
pida en privado, ou que lla pida a alguén da directiva, e eu dareilla,
mirando no propio Firefox). Poida que ese correo de reseteo sexa tamén
produto dun erro no pootle (do mesmo, ou doutro).

E pouco máis vos podo contar. A quen se vaia encargar disto: seríache
de axuda se cadra facer unha enquisa sobre:

- Quen cambiou algo no servidor (xa que antes funcionaba, e agora non)
- Se alguén fedellou no pootle en si
- Se houbo actualizacións 'destacables' de python (se ninguén tocou no
  pootle, a cousa podería andar no python... se cadra)
- Outras cousas a mirar (non tiven nin tempo): django, translate
  toolkit, python... calquera fallo nun destes (ou noutros) pódenos
  tocar a moral.

Xa vos adianto que eu ultimamente só fixen algún cambio no glósima
(termos.trasno.net). Nin actualicei paquetes, nin toquei nada en
ningures. Quen saiba algo, que llo diga ao voluntario que se presente
para este tema.

Se alguén se quere facer cargo, que fale con alguén da directiva, ou
así. Eu non teño tempo, e fódeme estar sen facelo e a xente agardando.
Así que ... que se meta outro no sitio.

E que máis... se cadra debíase sacar esta conversa da lista do
proxecto. Estamos a meter ruido onde non debemos, jeje.

Ala, ta logo, se teño tempo.


 A min chegoume un correo do pootle dicindo que o contrasinal do
 usuario admin acabábase de resetear.
 
 2010/12/23 damufo d...@dani.gl
 
  Boas:
  Está alguén mirando o erro pootle?
 
 
  En 2010/12/20 21:08, Lucia.Morado escribiu:
 
  Pois por defecto veñen varios usuarios predefinidos. Un deles é o
  administrador, que ten o nome de admin e contrasinal admin
  tamén. A primeira vez que se instala o servidor recomendase
  cambiar a contrasinal do administrador ou crear (en permisos)
  outro usuario con poderes de administrador e eliminar o admin.
 
  Non sei se responde isto á túa pregunta.
 
  Saúdos,
 
  Lucía
 
  -Original Message-
  From: proxecto-boun...@trasno.net
  [mailto:proxecto-boun...@trasno.net] On Behalf Of damufo
  Sent: 20 December 2010 19:53
  To: proxecto@trasno.net
  Subject: Re: pootle
 
  Grazas! Lucía.
  Por certo, quen é o administrador do sistema, quen instalou o
  pootle ou quen ten permiso para anovalo á ultima versión?
 
 
  En 2010/12/20 20:40, Lucia.Morado escribiu:
 
  Ola:
 
  Non sei realmente a que se debe o erro. Polo que vin na rede pode
  ser un erro de Django, que é unha das aplicacións necesarias para
  executar o servidor.
 
  Cando se instala o servidor veñen unha serie de proxectos de
  demostración e idiomas por defecto, polo que vexo xa foron
  eliminados, ¿alguén probou se funcionaban correctamente? O que
  penso eu é que pode que algunha cousa non estea ben instalada no
  servidor ou que lle falte algo. Voulle pasar esta dúbida a
  Friedel Wolff a ver se nos sabe dicir o problema técnico.
 
  Saúdos,
 
  Lucía
  -Original Message-
  From: proxecto-boun...@trasno.net
  [mailto:proxecto-boun...@trasno.net] On Behalf Of damufo
  Sent: 20 December 2010 19:31
  To: proxecto@trasno.net
  Subject: Re: pootle
 
  Hola Lucía:
 
  Creei un proxecto, engadinlle o galego.
  Unha vez que entro no idioma creado da o senguinte erro.
 
 
   Erro do servidor
 
  Produciuse un erro. Agradécese a súa paciencia.
 
  ContentType matching query does not exist.
 
 
  Tamén me salta este erro se vou a Administración -Permisos e en
  máis sitios.
  Sabes a que pode ser debido? ou a quen lle podo preguntar estas
  cuestións?
 
  Miña intención unha vez creado o proxecto é subir os ficheiros a
  traducir.
 
 
 
  En 2010/12/20 16:50, Lucia.Morado escribiu:
 
  Ola:
 
  Levo un tempo traballando con Pootle e incluso din algunha clase
  sobre o seu uso. Se queredes, nisto si que vos podo botar unha
  man e administrar algún proxecto ou axudar aos administradores a
  poñelos en marcha.
 
  Saúdos,
 
  Lucía
 
  *From:*proxecto-boun...@trasno.net
  [mailto:proxecto-boun...@trasno.net] *On Behalf Of *Miguel
  Bouzada *Sent:* 20 December 2010 12:29
  *To:* proxecto@trasno.net
  *Subject:* Re: pootle
 
  Veño de dar permisos de admin (permite subir ficheiros) a:
  damufo, Gallaecio e solla
 
  2010/12/20 Miguel
  Bouzadambouz...@gmail.commailto:mbouz...@gmail.com
  
 
  Imos por partes... hai tempo comentei nun fío que Pootle estaba
  rulando, mais que non estaba totalmente operativo xa que
  precisabamos que alguén se fixera cargo del, administralo, 

Re: Traducciones de Chromium en euskara y en galego

2010-12-23 Conversa J.M. Castroagudín
On Fri, 24 Dec 2010 01:24:08 +0100
Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com wrote:

Bo traballo, rapaces! sodes os namber guan!


 Si señor!
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín (jchaves)
http://chav.es
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: pootle

2010-12-20 Conversa J.M. Castroagudín
On Mon, 20 Dec 2010 21:57:16 +0100
Fran Dieguez lis...@mabishu.com wrote:

 Que o sysadmin olle o error_log do apache xa que aló é onde poderá
 ver o que realmente acontece.
 

Boas,

xa cheguei ao meu ordenador (pensei que hoxe xa non podería fedellar
con este tema). E... bueno... parece que podo confirmar un par de
cousas:

- Son admin do pootle (non sei se alguén máis tiña o password). De
  feito, o navegador conectouse como admin automaticamente.
- En efecto, hai un erro no pootle.

Pouco máis podo dicir por agora. Mañá teño que madrugar, pero mirarei
de adicarlle unha horiña ou así a ver se consigo algo. Polo menos dende
aquí teño acceso ssh, jeje.

Ala, xa vos direi se consigo algo. Ta loguiño.

P.S.: O error_log parece, a primeira vista, bastante críptico. Vou ter
que poñer a cachola a funcionar. E non quería, xa contaba con poñela en
standby ata mañá polo menos...



-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín (jchaves)
http://chav.es
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto