On Fri, 25 Mar 2011 15:05:17 +0100
Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> wrote:

> 2011/3/25 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> > Hai varias opcións:
> >
> > 1) Abres o Poedit e creas unha memoria de tradución con todos os
> > ficheiros. Despois abres os ficheiros que tes que traducir e daslle
> > a facer unha tradución automática (non lembro se o facía só ou se
> > había que sincronizar co POT). As traducións suxeridas deberían
> > aparecer todas como dubidosas.
> > 2) Creas un compendio de PO cos ficheiros PO antigos usando a orde
> > pocompendium. Usando a orde msgfmt e indicando un parámetro que
> > agora non lembro dislle que use o pocompendium como fonte de
> > traducións válidas.
> 
> Mirei un pouco por riba e non atopo información de como facelo da
> forma 2. Teño que marchar, pero podo asegurarche que a primeira forma
> funciona.

En realidade creo que non é co 'msgfmt'. É con 'msgmerge'. Se pos 'man
msgmerge' nun terminal, terás información máis estendida, pero en
resumo ven sendo algo así:

msgmerge traducido.po sen_traducir.po -o ficheiro_novo.po

Se en vez de 'traducido' usas un compendio de todo o traducido, pois
mellor, claro. Pero ven sendo iso.


> 
> > 2011/3/25 damufo <dam...@gmail.com>:
> >> Boas:
> >> Sempre me atopo co mesmo problema e vese que non son quen de
> >> resolvelo. Resulta que teño un cartefol con 150 ficheiros .po
> >> pendentes de traducir. E teño outro cartafol con uns 90 .po que
> >> están traducidos. Gustaríame saber se hai maneira de poder facer
> >> un merge entra ficheiros po dos dous cartafoles.
> >>
> >> Estou coa tradución do Joomla 1.6 e a verdade é que estou bastante
> >> agoniado co tema. O que máis me amola é ter que estar a traducir o
> >> xa traducido, non teño nin idea de como reaproveitar o traballo
> >> feito e o de partir de 0 non me está a resultar nada motivante.
> >> Para a tradución da parte da portada traducín o 100% desde cero a
> >> traveso do pootle de trasno agora teño pendente a parte de
> >> administración (uns 150 ficheiros) e non estou moi motivado a
> >> traducir todo desde 0. Volvo á pregunta inicial, hai forma de
> >> pasar o xa traducido ao pendente de traducir para que o que
> >> coincida sexa inserido como suxestión?
> >>
> >> Veño de probar varias opcións. Wordforge, o que mellor pinta ten,
> >> pero non dou sabido como usalo.
> >> O virtaal, non vexo que xestione proxectos e como no meu caso
> >> manexo tantos ficheiros non me acaba de convencer ademáis só
> >> permite o uso dun ficheiro de teminoloxía.
> >>
> >> Paréceme raro que non haxa algo tan simple como:
> >>
> >> Teño este grupo de ficheiros .po sen traducir.
> >> pois agora busca neste outro grupo posibles traducións para os
> >> primeiros (os que están sen traducir) isto existe?
> >>
> >>
> >>
> >>
> >> _______________________________________________
> >> Proxecto mailing list
> >> Proxecto@trasno.net
> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >>
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



-- 
Saúde,

J. M. Castroagudín (jchaves)
http://chav.es
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a