Re: sobre os nomes dos paises, etc...

2006-08-25 Conversa lbarcala
 A rag non funciona, só é un organismo de propaganda politica.


 Iván Seoane escribió:
 na páxina de galego en liña (a que puxen antes) tamén tén pra
 envia-las dúbidas. A min sempre me responderon e máis ou menos tiñan
 idea do asunto. O que pasa é que a RAG debería ter un sitio onde
 respondese dúbidas (se saben claro, porque non me dan moita
 confianza).

Penso que o servizo da RAG para facer isto (responder dúbidas) é TERMIGAL,
xa que depende deles. E si que soen responder. Probade a enviarlles un
correo, ou se é moi urxente unha chamadiña de teléfono.

Mario

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Algúns sitios onde consultar as dúbidas terminolóxic as

2006-08-24 Conversa lbarcala
 On 8/23/06, Daniel Muñiz Fontoira dmun...@gmail.com wrote:

 E nós tampouco. Preguntádelle esta dúbida en
 http://www.galegoenlinna.uvigo.es/index.asp a ver que vos din.


Para calquera dúbida terminolóxica referente ao galego tamén podedes
contactar co TERMIGAL (é un organismo oficial que depende da RAG e do
Centro Ramón Piñeiro) que, ata onde sei, soe respostar tanto por teléfono
como por correo electrónico ás dúbidas.

TERMIGAL
Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades
Estrada Santiago-Noia, Km 3.
A Barcia
15896 Santiago de Compostela
ESPAÑA
Tel.: 981-542654
termi...@cirp.es

Para máis información:

http://www.termilat.info/env136.htm

Tamén sei que fai pouco (1 ano ou por aí) se creou a Sociedade Galega de
Terminoloxía:

http://www.terminoloxia.org/

Penso que teñen unha lista de correo onde tamén discuten cal é o termo
máis axeitado para cada caso (non sei se de acceso público ou só
asociados).

E finalmente creo que tamén hai unha lista na Universidade de Santiago de
Compostela onde respostan a dúbidas deste tipo. O que non sei é se
poderiamos acceder a este servizo xente de fora desa Universidade.

Un saúdo,

  Mario

___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: Algúns sitios onde consultar as dúbidas terminolóxic as

2006-08-24 Conversa lbarcala


 O certo é que polo que vexo estes organismos dedicanse a debater cal é
 a palabra máis axeitada para usar en galego. O que a nós nos fai falta
 é saber cal é a tradución máis axeitada para unha palabra en inglés.
 En todo caso, moitas grazas, esta información sempre é útil.


Non sei nos outros casos, pero no TERMIGAL tamén fan iso. Ti dislles o
termo noutra lingua que queres traducir e o contexto no que aparece (ou
incluso as alternativas en galego que ti barallas), e eles dinche cal é a
escolla máis axeitada para o caso.

Mario


___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno