> On 8/23/06, Daniel Muñiz Fontoira <[email protected]> wrote: > E nós tampouco. Preguntádelle esta dúbida en > http://www.galegoenlinna.uvigo.es/index.asp a ver que vos din. >
Para calquera dúbida terminolóxica referente ao galego tamén podedes contactar co TERMIGAL (é un organismo oficial que depende da RAG e do Centro Ramón Piñeiro) que, ata onde sei, soe respostar tanto por teléfono como por correo electrónico ás dúbidas. TERMIGAL Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades Estrada Santiago-Noia, Km 3. A Barcia 15896 Santiago de Compostela ESPAÑA Tel.: 981-542654 [email protected] Para máis información: http://www.termilat.info/env136.htm Tamén sei que fai pouco (1 ano ou por aí) se creou a Sociedade Galega de Terminoloxía: http://www.terminoloxia.org/ Penso que teñen unha lista de correo onde tamén discuten cal é o termo máis axeitado para cada caso (non sei se de acceso público ou só asociados). E finalmente creo que tamén hai unha lista na Universidade de Santiago de Compostela onde respostan a dúbidas deste tipo. O que non sei é se poderiamos acceder a este servizo xente de fora desa Universidade. Un saúdo, Mario _______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

