Re: [ESTATUTO] Procedementos de elección da directiva

2009-07-28 Conversa Leandro Regueiro
Ola,
como estou en modo paso de todo xa porque estou farto apoiarei o que
decida a maioría dos que opinen e teñan coñecemento dos problemas
reais no relacionado co tema en cuestións en asociacións reais.

Aínda así penso que a elección non deberia durar horas, e penso que se
debería votar ás persoas, pero repito que por acabar antes apoiarei a
decisión da maioria.

Respecto ao de substituír ao presi penso que deberia haber algunhas
lista de persoas ás que lle tocaria por orde, pero apoiarei a decisión
da maioria.

A ver se pechamos isto canto antes e constituimos xa a asociación. Eu
mentres estou en época de estudo non quero andar indo dun lado a outro
nin estar discutindo interminablemente.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: [ESTATUTO] Procedementos de elección da directiva

2009-07-26 Conversa Adrián Chaves Fernández

 V. En resumo, que método propoñedes? (Dani, Xosé, podedes omitir este paso)

A opción de elixir  un presidente, e este elixir o seu equipo é unha opción 
coa que non estaba dacordo ao principio, pero que sempre e cando o equipo sexa 
ratificado pola asemblea, vexo como a opción máis axeitada para a asemblea 
(mantén en todo momento o poder) e para a directiva (o equipo, ao ser elixido 
persoalmente polo presi, imaxino terá grandes posibilidades de traballar con 
comodidade).


[ESTATUTO] Procedementos de elección da directiva

2009-07-23 Conversa Miguel Branco
[ADVERTENCIA]: tema IMPORTANTE, correo MOI longo. Collede de comer e beber, 
parade de vez en cando, e meditade o que ledes. Se opinades TODOS chegaremos a 
unha conclusión pronto e axudádesme a acabar de pechar o estatuto. Se non 
opinades seguiremos debatendo ad nauseam e ad aetermun e seguiremos sen ter 
estatuto. Grazas! 

Abro fío aparte para o máis polémico dos apartados do estatuto: o da elección 
da directiva. Visto que hai posturas dispares e non hai consenso explícito 
darredor de ningunha, se vos parece empezamos de cero neste punto.

Necesítase decidir:
1. se elixir os cargos da directiva por separado (métodos de gañador único) ou 
por xunto (métodos de gañador múltiple: listas pechadas? elección por 
candidato?)
2. Número de rondas de votacións (irá en función do método) 
3. procedemento de substitución da directiva (especialmente, do presidente)

Vou expoñer, a risco de parecer freaky de máis,:
1. canto método de elección é posible 
2. métodos de elección en distros e fundacións destacadas
3. vantaxes e desvantaxes de diferentes métodos

[INSTRUCIÓNS]: para facilitarme a min a vida (a non ser que queirades vos 
acabar de redactar o estatuto) NON comentedes no apartado 1 e 2 seguintes (son 
só informativos), senón no 3, e debaixo dos puntos I, II e III segundo qué 
comentedes. Se queredes discutir algo do estatuto diferente da elección da 
directiva abride outro fío con asunto [ESTATUTO]. Grazas!!

1. Resumo de procedementos de elección:
(hai unha entrada na wikipedia moi boa acerca disto ;) )

Grupo I - Gañador único
  Métodos para a elección de cargos por separado
Bloque I. Pluralidade
O  gañador leva todo. Gáñase en elección simple sen necesidade de maioría 
absoluta. É o modelo americano de elección nas primarias dos partidos, p.ex.
Bloque II. Sistemas de múltiples rondas
O votante decide entre candidatos e escolle só un:
- Sistema de dúas voltas: procédese a unha segunda volta, caso de non haber 
maioría absoluta na primeira, entre os dous candidatos máis votados. Modelo 
electoral presidencial francés, p.ex.
- Sistema exhaustivo: sucédense votacións ata que un candidato obteña maioría 
absoluta, en cada ronda elimínase o candidato con menos votos. 

Bloque III. Sistemas de preferencia
Os votantes ordenan os candidatos por orde de preferencia.

- Criterio de Condorcert: elíxese o candidato, que en comparanza cos demais é 
o máis preferido. Destes o 'método de condorcet' é a variación máis empregada. 
O votante coloca por preferencias os candidatos, no reconto, emparéllase cada 
candidato con outro (fanse tódalas combinacións posibles) e por cada 'cara a 
cara' elíxese un gañador. Aquel candidato que gañara máis veces é o gañador. 

- Votación preferencial: os votantes ordenan por preferencia os candidatos, se 
non hai candidato con maioría absoluta, elimínase o candidatos con menos votos 
e eses votos son transferidos ó candidato que lle siga en preferencia. 
Repítese sucesivamente o reconto ata obter maioría. úsase, p.ex nas 
presidenciais de Irlanda.

- Reconto Borda: os candidatos reciben puntos segundo a preferencia na que 
foran colocados. Os puntos que se asignan a cada candidatos van en función do 
número de candidatos: así, se hai cinco candidatos, por cada voto no que un 
candidato fora de primeiro recibe cinco puntos, por ir en segundo catro e 
sucesivamente. O candidato con máis puntos gaña. Este método valería para 
elixir múltiples  postos (por orde de puntuación)


Blique IV. Métodos sen asignación de rango

-Voto aprobatorio: de entre tódolos candidatos, o votante pode escoller só a 
un ou a cantos queira sen lles asignar preferencias. Quen teñan maior número 
de votos gaña. Este método pretende reflectir verdadeiras preferencias.
- Voto con rango: os votante asígnanlles ós candidatos valores dentro dun 
rango. Faise a media (ou outra medida estatística de tendencia central ;) ) e 
elíxese o candidato con mellor puntuación. 

Grupo II - Gañadores múltiples
Bloque I. Representación proporcional
- Lista de partido pechada: solución por todos coñecida e mediante a cal 
votamos no noso amatisimo Reino de España
- Lista de partido aberta: o votante decide por algún sistema a orde dos 
candidatos dentro do partido.
- Voto único transferible: sistema de voto persoal para cubrir múltiples 
postos.  O  votante ordena por preferencias os candidatos. Establécese unha 
cota para gañar a elección, calquera candidato que a sobrepase é elixido; un 
sistema é aplicar que Q = (votos/(postos a cubrir ))+ 1)+1. Cando un candidato 
sobrepase a cota, transfírense os seus votos ás seguintes preferencias etc

Bloque II. Representación semiproporcional
- Votación limitada: os postos cúbrense segundo os votos recibidos, que son 
tantos como postos menos un. 
- Votacións paralelas:  neste caso procédese a dúas votacións independentes 
nas que se elixen determinados candidatos por votación directa, e outros por 
un sistema de representación proporcional. 

Bloque III. Representación non proporcional