Re: Uso de hunspell desde Pology

2011-06-07 Conversa mvillarino
Hai tempo que non traballo nisto, pero polo que recordo o motor
enchant é o predeterminado, e no caso de querer empregalo e non estar
instalada o módulo py-enchant (o nome non o teño claro) avisa cunha
mensaxe de erro nalgures.

Os módulos relevante poden atoparse e instalarse desde o pypi.

O principal problema é que iirc py-enchant, e igualmente pyhunspell
NON aproveitan o potencial de hunspell para os dicionarios no sentido
de que hai que foderse e seguir en 199x co formato aspell (palabra \b
palabra2\n palabra2feminino \n palabra2plural \n et coetera ad
nauseam) no canto de co formato de dicionario especializado de
hunspell (palabra\n palabra2 coma_esta\n palabra3 coma_estoutra\n c.)
o cal ten as súas evidentes vantaxes á hora de elaborar axiña e ben
dicionarios personalizados, malia a limitación en código fonte que o
hunspell pon  á cantidade máxima destes que se poden usar á vez ao
executar a corrección.

Respecto do dito por Xavier noi seu correo:
Marabilloso, eu adoro o yakuake !
Aliás, para usar a corrección ortográfica con -slokalize hai ou que
estar moi taladrado, ou ter uns dicionarios persoais ans de
grandes, ou tocar moito os ficheiros metendo marcas de excepción.
Pero é unha posibilidade.

A cuestión é (son):
a) Eu teño mooi pouco tempo, polo  que se alguén quere meterse a
actualizar os ficheiros do pology para o galego, que o faiga (que eu
saiba nunca se lle negou a ninguén unha conta real para o subversion
en kde)

b) Fálase moito de pasar regras, pasar corrección moi ben: pero
moi pouco de que para aproveitar a tope as posibilidades de
automatización de determinadas tarefas o pology require de meterlle
mao aos ficheiros, isto é, de meter na cabeceira e nas unidades de
tradución campos especializados para esta ferramente (ver no manual o
que se refire a proxecto e ás excepcións).
 b') Xa que logo: pensastes ben até onde chegar a usar o pology?

 Eu tentarao no seu día sen ningún éxito por iso quería pedir consello de
 como facelo e que pasos exactos se deben realizar. Logo eu fago o manual
 no wiki de Trasno como tenho feito co resto de pology e o seu uso en
 GNOME.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Uso de hunspell desde Pology

2011-06-06 Conversa Xabier Villar
Non é que teña configurado nada en especial, simplemente me limito a
executar un par de ordes. As ordes en concreto son:

posieve check-rules -slang:gl -slokalize extragear-sysadmin/

para comprobar a adecuación as normas de estilo, e

posieve check-spell-ec -sprovider:hunspell  -slang:gl -slokalize
extragear-sysadmin/

para facer corrección ortográfica, asumindo que en efecto está empregando o
hunspell como lle indico. Atendendo á recomendación de Bouzada, comprobei se
mentres executaba a última orde estaba en execución enchant, pero non é así.
Con todo, nin con ps aux vexo ningñun proceso novo despois do python que
lanza o posieve, nin en top me aparece ningún proceso relevante que me dea
pistas de que motor ortográfico está traballando (é python o que consume o
98% dos ciclos). Aínda así, tendo en conta que está instalado
hunspell-gl-es-volga, e non o está myspell-gl-es, creo que podo estar seguro
de estar empregando o hunspell :P

Para amosarvos un resultado da execución, subín unhas imaxes ó seguinte
albume:

http://imgur.com/a/0P1gV

Evidentemente, as cadeas que se mostran teñen erros, xa o sei. Se estiveran
ben xa non os detectaría posieve XD. En todo caso notar que é interesante
que o propio posieve abre os ficheiros con erro e só se mostran as liñas
correspondentes, cos comentarios explicativos do erro cometido como notas
temporais.
Outra cousa, se meto a opción -saccel: con -slokalize fállame, a ver se vai
ser iso o que che pasa a ti, Fran.


El 6 de junio de 2011 10:23, Fran Dieguez lis...@mabishu.com escribió:

 Ola a tod@s,

 O outro día na trasnada comentoume Xavier que tinha configurado o Pology
 para que lle verificara ortograficamente as traducións dun ficheiro po.

 Eu tentarao no seu día sen ningún éxito por iso quería pedir consello de
 como facelo e que pasos exactos se deben realizar. Logo eu fago o manual
 no wiki de Trasno como tenho feito co resto de pology e o seu uso en
 GNOME.

 Saúdos
 --
 Fran Dieguez lis...@mabishu.com


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




-- 

Xabier Villar
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto