[Galician] [URXE] Revisión da tradución das páxinas O estado de Mozilla

2011-10-06 Conversa Enrique Estévez Fernández
Boas.

(A rolda parecde que estivo caída e comentouse a tradución do proxecto
na rolda do proxecto Trasno)

Primeiro de nada, moitas grazas a Lucía pola man que botou coa páxina da FAQ.

En segundo lugar, comentar que a tradución foi moi rápida e literal.
Nalgún momento tívose que botar man da tradución do castelán, que
seguro que tamén foi rápida como a nosa, xa que o tempo apremia, xa
que mañá ás 16 da tarde lanzan o proxecto. Por is precisa revisión.

Aínda nos falta por traducir a páxina das oportunidades. Agradecese a
tradución dos parágrafos e que os enviades no propio correo. Parágrafo
en inglés e a continuación en galego.

Ahí quedan as ligazóns as páxinas en galego:

http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/
http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/opportunities/
http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/people/
http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/ahead/
http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/faq/

Ao fondo da páxina hai un selector para ver a páxina noutros idiomas.
Creo que o vídeo que hai na páxina de futuro (ahead) estase traducindo
e Universal subtítulos, se alguén se anima, agradecese.

O dito, un que non dá para máis, xa que tamén tiven que actualizar os
repositorios.
https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
A ver o que tardan en meter máis traballo. Ao final houbo sorte e as
cadeas aínda son iguais da versión de Calendar que tiñamos nas tres
ramas que hai agora co ciclo rápido de desenvolvemento, co que podemos
partir de cero. Así será máis fácil mantelo.

Saúdos.


[Galician] [URXE] Revisión da tradución das páxinas O estado de Mozilla

2011-10-06 Conversa Enrique Estévez Fernández
Ola.

Moitas grazas pola suxestións. Tan pronto poido xa as aplico.

Acaban de confirmarme que se apraza o lanzamento ata o Monday
(sábado,non si). Gañamos algo de tempo.

A páxina das oportunities non está traducida, só os títulos. Preciso axuda.

Saúdos.

2011/10/6 ifrit ifrit en sonche.eu:
 2011/10/5 Enrique Estévez Fernández eu en keko.me:
 Boas.

 (A rolda parecde que estivo caída e comentouse a tradución do proxecto
 na rolda do proxecto Trasno)

 Primeiro de nada, moitas grazas a Lucía pola man que botou coa páxina da 
 FAQ.

 En segundo lugar, comentar que a tradución foi moi rápida e literal.
 Nalgún momento tívose que botar man da tradución do castelán, que
 seguro que tamén foi rápida como a nosa, xa que o tempo apremia, xa
 que mañá ás 16 da tarde lanzan o proxecto. Por is precisa revisión.

 Aínda nos falta por traducir a páxina das oportunidades. Agradecese a
 tradución dos parágrafos e que os enviades no propio correo. Parágrafo
 en inglés e a continuación en galego.

 Ahí quedan as ligazóns as páxinas en galego:

 http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/

 Invitámolo a que obteñas máis información sobre o Proxecto Mozilla e
 que te unas a nós nos continuos esforzos para construír unha Internet
 mellor. (Estas frases rompen a coherencia de tratar ao usuario de
 vd.)


 http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/opportunities/

 Nesta só están traducidos os títulos.

 http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/people/ (a 
 próxima vez temos que aparecer nesta páxina :D

 No mundo de Mozilla, as persoas sono todo. - as persoas o son todo.
 Middle East - Oriente Próximo
 Ammán - Amán
 Grazas ao entusiasmo e a paixón desta comunidade, Firefox goza da
 maior cota de mercado do mundo en Indonesia. eu cambiaría por ...,
 en Indonesia Firefox goza da maior cota de mercado do mundo.


 http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/ahead/

 unha comunidade de centos de desenvolvedores, enxeñeiros, estudantes,
 artistas, emprendedores e outros tantos eu cambiaría por e outros
 moitos
 Precisará de todos nos - nós
 Busca o teu lugar e únete a nos. - Busque o seu lugar e únase a nós.

 http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/faq/

 Actualmente temos acordos cun número de provedores de busca que
 difire polo mercado. Que quere dicir esta frase?
 ds relacións - das



 Ao fondo da páxina hai un selector para ver a páxina noutros idiomas.
 Creo que o vídeo que hai na páxina de futuro (ahead) estase traducindo
 e Universal subtítulos, se alguén se anima, agradecese.

 O dito, un que non dá para máis, xa que tamén tiven que actualizar os
 repositorios.
 https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
 A ver o que tardan en meter máis traballo. Ao final houbo sorte e as
 cadeas aínda son iguais da versión de Calendar que tiñamos nas tres
 ramas que hai agora co ciclo rápido de desenvolvemento, co que podemos
 partir de cero. Así será máis fácil mantelo.

 Saúdos.
 ___
 Galician mailing list
 Galician en mozdev.org
 https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician




 --
 
 http://about.me/ifrit
 
 ___
 Galician mailing list
 Galician en mozdev.org
 https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician