é posible unha reunión?

2006-06-20 Conversa Antonio Perez Casas

Boas a todos e todas,

O primeiro presentarme, son Antonio Pérez Casas, recentemente deixei a 
Universidade de Santiago para  ir a traballar a Consellaría de 
Innovación e Industria en temas relacionados coa Sociedade da 
Información, e entre outras tarefas son un dos responsables 
(irresponsable dirán algúns) de mancomun.org, apunteime recentemente a 
lista de trasno e máis ou menos coñezo os debates da mesma.


Con respecto ás iniciativas da Consellaría até este momento podo aceptar 
e concordar que non sempre acertamos, en concreto con non ter botado 
máis tempo en explicar a iniciativa da administración polo Software 
Libre, así como non ter tido máis en conta aos diferentes grupos e 
persoas que levades anos colaborando nas traduccións e no software 
libre, en calquera caso é un desacerto non intencionado, provocado por 
un exceso de traballo e non ter tomado o tempo necesario e coa 
dificultade adicional que implica á administración o traballo con grupos 
non “formais”, por suposto ista última expresión non pretende ser unha 
escusa. Pero repito non hai ningunha intención na iniciativa en non 
colaborar con todos os que coincidan no obxectivos de potenciar o 
software libre e o software en galego, como moito desacerto no mecanismo 
para materializar está colaboración con algúns dos grupos.


O que non comparto e nego son o resto de comentarios sobre supostas 
intencións ocultas de favorecer a alguén ou menosprezar a outros, 
comprenderedes que sobre estes temas non vou a entrar, non debo ademais.


En canto a iniciativa mancomun.org pretende dinamizar o software libre 
en Galiza, - por que cremos que é moi interesante para o noso País, idea 
que recollemos no  compromiso do acordo de goberno, - pero en ningún 
caso pretende ter ningunha exclusividade sobre dito obxectivo, e 
tampouco nace como unha iniciativa pechada se non todo o contrario nace 
en construcción  a propósito para provocar todo un conxunto de debates e 
aportacións que doutro xeito descoñecería a administración, polo que 
efectivamente quedan mil ideas para desenvolver e un millón para pensar.


Na lista, creo que Miguel, falou da posibilidade de ter un contacto coa 
Consellaría , pola miña parte estaría encantado de poder quedar unha 
tarde e intentar explicar as diferentes iniciativas que estamos 
estudiando, respostar as diferentes inquedanzas que existan, e sobre 
todo buscar algunhas formas de colaboración entre a administración e os 
diferentes grupos de usuarios, -en Industria tamén incluímos ás empresas 
que aposten polo Software Libre-,  gustaríame tamén poder incluír nesa 
reunión a algunha persoa das ciberirmandades e galego21, si os parece 
adecuado poderiamos buscar unha data para finais da vindeira semana (28 
ou 29 de xuño) ou primeiros de xullo. Podemos quedar a través da lista, 
se non tamén podo coordinar coas persoas de trasno da USC que me coñecen 
ben, Moncho Flores ou Tomás Pena.


Quedo pendente das vosas respostas con respecto á posible reunión ou 
estratexias de colaboración e desculpade se non participo habitualmente 
na lista xa que actualmente ando con moitos temas simultáneos.


Unha aperta, Antonio.
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posible unha reunión?

2006-06-20 Conversa xavy
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Boas Antonio, escribo anque faga moito tempo que non o faga, para darche
a benvida como un dos membros máis antigo de trasno (de de antes incluso
que este se chamase trasno) e tamen como exmembro do SEIN-Secus

Ti ve-lo den de o punto de  vista do que está dentro, pero tamén tes que
comprender que pros que estamos fora e lavmos, por asi dicilo  un pao
tras outro resulta duro que para unha (ou duas ou tres) vez que a Xunta
desenvolve un proxecto que pode ser interesante, vemonos deixados de
lado, cando moitos levamos metido nisto desde antes daquel ano do 2000
no que naceu trasno (un servidor por exemplo leva desde o 98 metido na
traduccion, lozalizacion e divulgacion do software libre)

Por asi dicilo e se molesto a alguén coa comparación que mo diga e
desculpe, moitos sentímosnos, ou iso creo eu, como naquela pelicula no
nome do fillo, na que o goberno britanico acaba coas posibilidades de
que os presos consigan o que queren como dereito, e propoñen á Igrexa
catolica que lles propoña ós presos eses mesmos dereitos como un
privilexio. Por asi situarmonos nese exemplo nos somos os presos, e vós
a Igrexa. E cecais as circunstancias, o Goberno Inglés.

De todos modos paréceme unha idea fantástica concertarmos unha reunion
entre os diferentes grupos e asi achegar posturas. Pola miña parte en
todo o mes de xuño éme imposible, anque me gustaría asistir, debido a
compromisos das oposicions às que me presento. Non sei todo seria cousa
de falalo e de ver se o resto do grupo estaría interesado, que penso que
si, e de ver as datas que veñen ben, se non a todos, si a maioria
Unha aperta
Javier Bahillo Cabral
-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.2.1 (MingW32)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iQD1AwUBRJcbwM1OBrzsmqz4AQLQYgb8Ci+6uBXdik85IVeT90tlhBN4XseY9j1j
Q8X3tEugckq/YoUn+CSR7NNPWoOkuLv4ZhGKHcJkIanOPEJzEbLjpFsswQ6lwDXC
1GDqbmvAL0kVgEsUL4aUPDt0gadlwdNjaPqcFyJNeU/2IdesNnFdfvbW7PGAhGzh
zglmvx6KPT3gNTI+80srqPkExW8w0cWMxxKTHvy/yw0WbNBAM0EPqy/RIZdlwR1Y
ts6nYu1uvipyAFWxiyf8Mfiqw8Op4SE/wTJv4GfbZiCZOwCUd74zjDeW5Fninw03
dp17n7IOw3A=
=zWM5
-END PGP SIGNATURE-
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posible unha reunión?

2006-06-20 Conversa Xabi G. Feal
Boas e benvido sexa o teu ofrecemento. Pola miña banda, preferiría deixar a 
posíbel reunión para principios do vindeiro mes (ou posteriormente, sen 
problemas tampouco). 

Segundo se desprende do correo, existen ánimos (agardo non cínicos) de 
enmendar a desatención e corrixir os erros. Creo que pola banda dos 
tradutores voluntarios existe a vontade de que, como tería que ser unha 
Iniciativa Galega polo SW Libre con apoio institucional, a promoción destas 
tecnoloxías de balde e o libre coñecemento asociado a elas responda só ao 
interese cidadán en primeiro lugar (eu diría que en único lugar, pero nestes 
tempos hai que ser pragmático) e sexa desenvolvida con máis transparencia e 
menos clientelismo dende o propio goberno como plataforma aberta de 
coordinación e xestión. Quero dicir que a desatención inicial que fixéchedes, 
non de todo xustificábel só por despiste ou ausencia de tempo, responde máis 
ben e contrariamente ao que se di, a que:

-primades o obxectivo empresarial (Consellería de Industria) sobre o obxectivo  
do usuario.
-primades ás asociacións e persoas que xa posuían trato cordial (quén non 
diría un achegamento dende días previos ao novo marco político favorábel) ou 
desenvolven paralelamente á administración, actividades en diversas 
asociacións (neutralidade)
-confundides-mesturades, e agardo que non esteades sendo confundidos e/ou que 
non o fagades a sabendas, a diversas persoas, colectivos e entidades 
privadas, cuio interese vai máis aló da pura promoción do software libre (e 
polo tanto deberían ficar fóra desta iniciativa por incompatibilidade), nos 
que depositéchedes a vosa confianza e cedíchedes capacidades de decisión 
mentres omitíchedes por completo ás asociacións como Trasno. E non culpo ao 
profano de que o poida negar, mais existen datos e feitos que verifican isto 
(actuacións previas, por exemplo).

O que si non agardo xa é que esta política responda ás propias iniciativas do 
goberno, senón que responde ás iniciativas que se lle fixeron chegar ao 
goberno por parte de persoas e entidades privadas. De feito, anque isto non 
suporía ilexitimidade algunha, dende o meu punto de vista, se a fonte das 
iniciativas foran os voluntarios e as asociacións independentes (e ollo con 
independentes: desinteresadas) e as iniciativas desinteresadas, si o sería 
se, como ocorre realmente, diversos grupos promotores coaccionan e asumen con 
posterioridade (quen sabe se con perpetuidade) algunhas ou moitas das 
xestións e proxectos delegados relacionados coa iniciativa, acaparando o 
ámbito de actuación e atendendo a intereses propios  (e polo tanto 
desatendendo aos desinteresados axenos, como Trasno) que deste xeito 
desvirtúen os principios cos que nace a iniciativa.

Pero en fin, isto non supón inconvinte ningún, nin moito menos, para rexeitar 
un ofrecemento deste tipo para, polo menos, conversar, informar e aclarar 
malentendidos, para tentar pór a iniciativa o máis enderezada posíbel polo 
interese que nos poida ter fornecer estas ferramentas libres a toda a xente.

Saúdos.


___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posible unha reunión?

2006-06-20 Conversa mvillarino
O Martes, 20 de Xuño de 2006 02:20, Xabi G. Feal escribiu:
 Boas e benvido sexa o teu ofrecemento. Pola miña banda, preferiría deixar a
 posíbel reunión para principios do vindeiro mes (ou posteriormente, sen
 problemas tampouco).

Entre o 15 e o  17 de xulllo de2006 nalgun lugar público de Santiago ou Lugo? 
Desta forma X Villar estará (e eu comezo vacacións).

-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingrprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpcTCDnYTJRL.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posible unha reunión?

2006-06-20 Conversa mvillarino
O Martes, 20 de Xuño de 2006 11:17, Xabi G. Feal escribiu:
 Home, eu agardo que neste caso se deixen de lado os exclusivismos.

  Ola:
   Esa reunión será publica? se podo, gustaríame saber se podo asistir, en
  calidade de ouvinte. Saudos

Por suposto, eu entendo que Trasno, ainda que como sítio web e lista de correo 
tem uns administradores/responsábeis é un lugar que serve de ponto de 
comunicaçom de voluntários. Parece-me, à vista dum fio recente, que nom som o 
único que tem esta opiniom.
Portanto, a tal reuniom debe poder asistir qualquer subscritor da lista de 
correo de trasno (entendendo, para evitar problemas, por subscritores aqueles 
dados de alta antes do dia 2006-06-19, nom incluido).
E tendo en conta os problemas que tem a comunicaçom cum grupo tam heterogéneo 
como pode ser este, para garantir umha assitência ampla, a reuniom nom deve 
ser num dia laboral.

Que tal os dias 15 ou 16 de xulho de 2006, a partir das 11:00 am, no lugar que 
indique Antonio Perez Casas?
-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgp4fieLiLIgb.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: é posíbel unha reunión?

2006-06-20 Conversa mvillarino
O Martes, 20 de Xuño de 2006 18:34, José Ramom Flores d'as Seixas escribiu:
 Outra cousa é como coordenar
 esforzos, e como facer para que se vexa recoñecida a escura e paciente
 labor dos tradutores trásnicos (ou trasnenses).

Trasnegos, no meu caso :-)

 A nível global o movimento de SL é unha mistura de voluntários e empresas.
 Eu non saberia cuantificar, mais unha boa parte dos desenvolvedores de SL
 están pagados por empresas, como IBM, RedHat, Novel, Mandriva, etc. Sen o
 seu apoio o movimento de SL seria unha sombra do que é. Na Galiza para que
 o SL triunfe vai ser tamén necesário a axuda de empresas. Outra cousa é que
 estas empresas deban acreditar no SL, e ademais que é necesário chegarmos a
 unha boa relación entre a parte empresarial e a parte comunitária.

Ningúen o dubida. Pensemos simplesmente em que todo o recente auge das 
tecnoloxias d-bus (e demais em preparaçom polo freedesktop), asi como o 
desenvolvimento por inteiro de gnome, e boa parte os desenvolventes de kde, 
nom som voluntários no mesmo sentido que tradutor voluntário, senom 
currantes baixo nómina de Ximian,  Novell, Trolltech, etc.

 Por último, in my not so humble opinion,  para a reunión coa consellaria
 seria imprescindíbel estaren os coordenadores, ou algun representante, dos
 subproxectos GNOME, KDE e Mandriva.

Nacho, Xavier G. Feal, e das distros nom sei (Leandro, if i recall correctly).

 Pode estar mais xente, mais se ha MOITA 
 MÁIS xente, o asunto pode converter-se nunha feira.

Extramuros in illo tempore (hai duas semanas ±)... houbo unha breve conversa 
entra vários dos tradutores en activo ao longo de 2005-2006 da equipa de KDE 
co gallo de tentar quedar a tomar unhas cervejas. Eu entendo que moita gente 
o único que fai é moito balbordo, pero macho, se nom foi posíbel organizar un 
talher de traduçom na xgn, pensas que se han chegar a juntar 10 trasnegos? e 
o que é pior, vas-me fazer perder a oportunidade de soplar-lhe umha canha á 
Xunta?

Ja em sério: jbalvarez, jtario, nresa, xgf (+xv e mv), lregueiro, hrgandara, 
fgcastiñeira, e ti mesmo ... canta mais xente posteou nos últimos 6 meses?
Amais, umha vez concretada umha data e praça, pode por-se quorum...


-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


pgpG9fcajfiR5.pgp
Description: PGP signature
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno