Boas a todos e todas,

O primeiro presentarme, son Antonio Pérez Casas, recentemente deixei a Universidade de Santiago para ir a traballar a Consellaría de Innovación e Industria en temas relacionados coa Sociedade da Información, e entre outras tarefas son un dos responsables (irresponsable dirán algúns) de mancomun.org, apunteime recentemente a lista de trasno e máis ou menos coñezo os debates da mesma.

Con respecto ás iniciativas da Consellaría até este momento podo aceptar e concordar que non sempre acertamos, en concreto con non ter botado máis tempo en explicar a iniciativa da administración polo Software Libre, así como non ter tido máis en conta aos diferentes grupos e persoas que levades anos colaborando nas traduccións e no software libre, en calquera caso é un desacerto non intencionado, provocado por un exceso de traballo e non ter tomado o tempo necesario e coa dificultade adicional que implica á administración o traballo con grupos non “formais”, por suposto ista última expresión non pretende ser unha escusa. Pero repito non hai ningunha intención na iniciativa en non colaborar con todos os que coincidan no obxectivos de potenciar o software libre e o software en galego, como moito desacerto no mecanismo para materializar está colaboración con algúns dos grupos.

O que non comparto e nego son o resto de comentarios sobre supostas intencións ocultas de favorecer a alguén ou menosprezar a outros, comprenderedes que sobre estes temas non vou a entrar, non debo ademais.

En canto a iniciativa mancomun.org pretende dinamizar o software libre en Galiza, - por que cremos que é moi interesante para o noso País, idea que recollemos no compromiso do acordo de goberno, - pero en ningún caso pretende ter ningunha exclusividade sobre dito obxectivo, e tampouco nace como unha iniciativa pechada se non todo o contrario nace en construcción a propósito para provocar todo un conxunto de debates e aportacións que doutro xeito descoñecería a administración, polo que efectivamente quedan mil ideas para desenvolver e un millón para pensar.

Na lista, creo que Miguel, falou da posibilidade de ter un contacto coa Consellaría , pola miña parte estaría encantado de poder quedar unha tarde e intentar explicar as diferentes iniciativas que estamos estudiando, respostar as diferentes inquedanzas que existan, e sobre todo buscar algunhas formas de colaboración entre a administración e os diferentes grupos de usuarios, -en Industria tamén incluímos ás empresas que aposten polo Software Libre-, gustaríame tamén poder incluír nesa reunión a algunha persoa das ciberirmandades e galego21, si os parece adecuado poderiamos buscar unha data para finais da vindeira semana (28 ou 29 de xuño) ou primeiros de xullo. Podemos quedar a través da lista, se non tamén podo coordinar coas persoas de trasno da USC que me coñecen ben, Moncho Flores ou Tomás Pena.

Quedo pendente das vosas respostas con respecto á posible reunión ou estratexias de colaboración e desculpade se non participo habitualmente na lista xa que actualmente ando con moitos temas simultáneos.

Unha aperta, Antonio.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a