Re: [OT] Pecha Galicia-Hoxe

2011-06-28 Conversa mvillarino
 A xente non segue os medios galegos, ningún deles, porque non
 lle resultan útiles e esa é unha responsabilidade total dos editores. Os
 xornalistas deben reinventar a súa profesión se queren ter algunha.

Eu, que me considero galeguista, cando pasades unha ligazón a novas,
colunas de opinión e demais normalmente nin sabía que existisen:
aprendín da existencia de vieiros pois uns meses antes da fin, galicia
hoxe nin se me fai coñecida dos quiosques,  tios, eu que me
considero galeguista pero que non teño intereses na política teño por
primeiras fontes de información non xornais, senón colunas de opinión
informada, as rutinarias son /., o geab, albertonoguera, marcvidal,
algunhas colunas de cotizalia e expansión e pouco máis: persoalmente
as chuminadas que poida dicir a xente da U traema ao pairo, e o que
diga un rotativo que mudou a maquinaria hai pouco endebedándose até as
orellas e que ten que pagar os favores das subvencións que lle derón
pois esvárame pola mesma de antes, pouco máis paga a pena que o que
escriba Albino Prada (*). E non vou falar de máis xornais porque xa
con eses dous téñoa lubricada de abondo para un tempo.

Crítica aos medios tradicionais (aplicábel en parte ás ONG):
  - Entereime de que existían pola esquela, (aplicábel a vierios, gz hoxe etc.)
  - Información forense,
  - Inexistencia de boletíns de anticipación,
  - Opinión orientada a pagar favores,
  - Puteo do corazonciño de clientes potenciais.

 Estamos a final do ciclo e estamos inermes. Hai un inmensa cantidade de
 xente expulsada da sociedade. Teñen que aparecer cousas novas,
 necesariamente porque os malos non somos nós.

Lévase xa un ou dous anos falando de que a sociedade futura a 20-30
anos a consecuencia diso ao que se lle chama a crise estará formada
por insiders e outsiders, estes o que fican fora do que chamas a
sociedade. Poden ser facilmente perto da metade da poboación (límite
superior), e ser bons ou maus non vai ter nada que ver. Dicía Musashi
que ganara unha parte dos seus duelos non por ser mellor estratega,
nin máis forte, senon por ter tido sorte.

(*) E iso só o teño en conta porque teño algún libro coordinado por el
no 2008 onde falaba de aglutinación de concellos, eficacia do
investimento público mediante chupencións etc.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [OT] Pecha Galicia-Hoxe

2011-06-28 Conversa Xabier Villar
El 28 de junio de 2011 11:05, mvillarino mvillar...@gmail.com escribió:

  A xente non segue os medios galegos, ningún deles, porque non
  lle resultan útiles e esa é unha responsabilidade total dos editores. Os
  xornalistas deben reinventar a súa profesión se queren ter algunha.

 Eu, que me considero galeguista, cando pasades unha ligazón a novas,
 colunas de opinión e demais normalmente nin sabía que existisen:
 aprendín da existencia de vieiros pois uns meses antes da fin, galicia
 hoxe nin se me fai coñecida dos quiosques,  tios, eu que me
 considero galeguista pero que non teño intereses na política teño por
 primeiras fontes de información non xornais, senón colunas de opinión
 informada, as rutinarias son /., o geab, albertonoguera, marcvidal,
 algunhas colunas de cotizalia e expansión e pouco máis: persoalmente
 as chuminadas que poida dicir a xente da U traema ao pairo, e o que
 diga un rotativo que mudou a maquinaria hai pouco endebedándose até as
 orellas e que ten que pagar os favores das subvencións que lle derón
 pois esvárame pola mesma de antes, pouco máis paga a pena que o que
 escriba Albino Prada (*). E non vou falar de máis xornais porque xa
 con eses dous téñoa lubricada de abondo para un tempo.

 Crítica aos medios tradicionais (aplicábel en parte ás ONG):
  - Entereime de que existían pola esquela, (aplicábel a vierios, gz hoxe
 etc.)
  - Información forense,
  - Inexistencia de boletíns de anticipación,
  - Opinión orientada a pagar favores,
  - Puteo do corazonciño de clientes potenciais.

  Estamos a final do ciclo e estamos inermes. Hai un inmensa cantidade de
  xente expulsada da sociedade. Teñen que aparecer cousas novas,
  necesariamente porque os malos non somos nós.

 Lévase xa un ou dous anos falando de que a sociedade futura a 20-30
 anos a consecuencia diso ao que se lle chama a crise estará formada
 por insiders e outsiders, estes o que fican fora do que chamas a
 sociedade. Poden ser facilmente perto da metade da poboación (límite
 superior), e ser bons ou maus non vai ter nada que ver. Dicía Musashi
 que ganara unha parte dos seus duelos non por ser mellor estratega,
 nin máis forte, senon por ter tido sorte.

 (*) E iso só o teño en conta porque teño algún libro coordinado por el
 no 2008 onde falaba de aglutinación de concellos, eficacia do
 investimento público mediante chupencións etc.
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Seguramente tes razón en todo o que dis, pero o caso é que a maioría da
xente en Galicia aínda consume información dos medios tradicionais, e non é
probábel que cambie a curto prazo. E, independentemente da orientación
política que teña o medio en cuestión, ou da súa labor de pago de favores
(gustoume o de chupencións XD), non deixa de ser un instrumento de
normalización do uso da lingua. Non só é unha mágoa, senón un mal síntoma da
falta de protección da lingua o que vaian desaparecendo.

-- 

Xabier Villar
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

unir jpg e crear pdf

2011-06-28 Conversa Antón Méixome
Teño unha publicación interesante para o tema de localización escaneada e
dificilmente encontrable hoxe en día que me gustaría que coñecerades.

Coñecedes algunha maneira de xuntas máis de 40 jpg de tamaño A4 de modo que
poida un pdf único, e a poder ser con opcións de resolución para reducir o
tamaño?
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: unir jpg e crear pdf

2011-06-28 Conversa Alejo Pacín Jul
É tan sinxelo coma isto:

http://bitprison.net/jpg_to_pdf

E logo, maquetas o pdf como che pete. Para iso podes empregar pdfedit ou as
pdftools, entre outros moitos.