> A xente non segue os medios galegos, ningún deles, porque non > lle resultan útiles e esa é unha responsabilidade total dos editores. Os > xornalistas deben reinventar a súa profesión se queren ter algunha.
Eu, que me considero galeguista, cando pasades unha ligazón a novas, colunas de opinión e demais normalmente nin sabía que existisen: aprendín da existencia de vieiros pois uns meses antes da fin, galicia hoxe nin se me fai coñecida dos quiosques, .... tios, eu que me considero galeguista pero que non teño intereses na política teño por primeiras fontes de información non xornais, senón "colunas de opinión informada", as rutinarias son /., o geab, albertonoguera, marcvidal, algunhas colunas de cotizalia e expansión e pouco máis: persoalmente as chuminadas que poida dicir a xente da U traema ao pairo, e o que diga un rotativo que mudou a maquinaria hai pouco endebedándose até as orellas e que ten que pagar os favores das subvencións que lle derón pois esvárame pola mesma de antes, pouco máis paga a pena que o que escriba Albino Prada (*). E non vou falar de máis xornais porque xa con eses dous téñoa lubricada de abondo para un tempo. Crítica aos medios tradicionais (aplicábel en parte ás ONG): - Entereime de que existían pola esquela, (aplicábel a vierios, gz hoxe etc.) - Información forense, - Inexistencia de boletíns de anticipación, - Opinión orientada a pagar favores, - Puteo do corazonciño de clientes potenciais. > Estamos a final do ciclo e estamos inermes. Hai un inmensa cantidade de > xente expulsada da "sociedade". Teñen que aparecer cousas novas, > necesariamente porque os malos non somos nós. Lévase xa un ou dous anos falando de que a sociedade futura a 20-30 anos a consecuencia diso ao que se lle chama "a crise" estará formada por "insiders" e "outsiders", estes o que fican fora do que chamas a sociedade. Poden ser facilmente perto da metade da poboación (límite superior), e ser bons ou maus non vai ter nada que ver. Dicía Musashi que ganara unha parte dos seus duelos non por ser mellor estratega, nin máis forte, senon por ter tido sorte. (*) E iso só o teño en conta porque teño algún libro coordinado por el no 2008 onde falaba de aglutinación de concellos, eficacia do investimento público mediante chupencións etc. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

