El 28 de junio de 2011 11:05, mvillarino <[email protected]> escribió:
> > A xente non segue os medios galegos, ningún deles, porque non > > lle resultan útiles e esa é unha responsabilidade total dos editores. Os > > xornalistas deben reinventar a súa profesión se queren ter algunha. > > Eu, que me considero galeguista, cando pasades unha ligazón a novas, > colunas de opinión e demais normalmente nin sabía que existisen: > aprendín da existencia de vieiros pois uns meses antes da fin, galicia > hoxe nin se me fai coñecida dos quiosques, .... tios, eu que me > considero galeguista pero que non teño intereses na política teño por > primeiras fontes de información non xornais, senón "colunas de opinión > informada", as rutinarias son /., o geab, albertonoguera, marcvidal, > algunhas colunas de cotizalia e expansión e pouco máis: persoalmente > as chuminadas que poida dicir a xente da U traema ao pairo, e o que > diga un rotativo que mudou a maquinaria hai pouco endebedándose até as > orellas e que ten que pagar os favores das subvencións que lle derón > pois esvárame pola mesma de antes, pouco máis paga a pena que o que > escriba Albino Prada (*). E non vou falar de máis xornais porque xa > con eses dous téñoa lubricada de abondo para un tempo. > > Crítica aos medios tradicionais (aplicábel en parte ás ONG): > - Entereime de que existían pola esquela, (aplicábel a vierios, gz hoxe > etc.) > - Información forense, > - Inexistencia de boletíns de anticipación, > - Opinión orientada a pagar favores, > - Puteo do corazonciño de clientes potenciais. > > > Estamos a final do ciclo e estamos inermes. Hai un inmensa cantidade de > > xente expulsada da "sociedade". Teñen que aparecer cousas novas, > > necesariamente porque os malos non somos nós. > > Lévase xa un ou dous anos falando de que a sociedade futura a 20-30 > anos a consecuencia diso ao que se lle chama "a crise" estará formada > por "insiders" e "outsiders", estes o que fican fora do que chamas a > sociedade. Poden ser facilmente perto da metade da poboación (límite > superior), e ser bons ou maus non vai ter nada que ver. Dicía Musashi > que ganara unha parte dos seus duelos non por ser mellor estratega, > nin máis forte, senon por ter tido sorte. > > (*) E iso só o teño en conta porque teño algún libro coordinado por el > no 2008 onde falaba de aglutinación de concellos, eficacia do > investimento público mediante chupencións etc. > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > Seguramente tes razón en todo o que dis, pero o caso é que a maioría da xente en Galicia aínda consume información dos medios tradicionais, e non é probábel que cambie a curto prazo. E, independentemente da orientación política que teña o medio en cuestión, ou da súa labor de pago de favores (gustoume o de chupencións XD), non deixa de ser un instrumento de normalización do uso da lingua. Non só é unha mágoa, senón un mal síntoma da falta de protección da lingua o que vaian desaparecendo. -- Xabier Villar
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

