Re: -- Anuncio -- Ler por favor.

2005-09-29 Conversa Xabi G. Feal
Permitídeme contestar, resulta doado rebatir a argumentación. Antes de nada, 
quero resaltar cál é a situación que se está a dar para que sexa un 
exconcelleiro o que saia para o exclarecemento e a suposta defensa dunha 
suposta acusación.


 Permitídeme presentarme. Sou Carlos Neira Cortizas, ex-concelleiro de
 facenda en Fene e principal impulsor tanto das Xornadas de software
 libre en Fene como do Proxecto Estaleiro para a tradución de software
 libre ao galego.

 Escribo en relación cunha mensaxe que foi enviada á lista de trasno
 con data de hoxe (28 de setembro) na que se mencionan cuestións
 relativas ao concello de Fene que son incorrectas e que creo que
 cumpre aclarar, tanto no ámbito privado como no da lista en que foron
 vertidas. O propio autor, Xabier García Feal, admite correccións, e é
 por iso que fago chegar a través de terceiros as seguintes
 aclaracións:


 - A primeira cuestión refírese a confirmar que en todo momento a
 persoa á que encomendamos a xestión e organización das xornadas de
 Fene, Roberto Brenlla en nome de Agnix, en todo momento nos mantivo ao
 tanto das xestións que realizou. 

Pois lamento informarche que non foi así coa segunda parte interesada no 
asunto, pois ocultáronsenos moitos datos como xa dixen. En primeiro lugar, o 
concello que estaba detrás, e o que resultaba máis ferinte era a 
imposibilidade de estar en contacto directo con vós. Normalmente adoito por 
en contacto ás persoas interesadas en estabelecer calquera tipo de conversas, 
xa que coido é o mellor xeito de non estorbar. Máis aínda, non sei que 
interese pode ter un concello en tratar mediante terceiros, non si?


 El deuse de alta en Trasno por 
 indicación miña e de Daniel Romero, funcionario en Fene, para ver de
 obter colaboración nunha ponencia para as Xornadas e de paso comprobar
 se había vida e masa crítica en trasno, de cara a conformar nun
 futuro o Proxecto Estaleiro baixo unha filosofía aperturista e de
 colaboración de todos os que estades a traballar no eido do software
 libre en galego. A resposta foi negativa. 

A resposta foi negativa no caso do corrector ortofráfico para o Aspell polos 
motivos técnicos que xa se dixeron. Máis nada. No caso do concello de Fene 
non houbo resposta formal de ningún tipo, só se abriu un fío de discusión na 
lista nas que un recén chegado ofrecía a colaboración mediante proxecto dun 
concello descoñecido, cuns métodos sen determinar, na que se nos pedían unhas 
ideas e se nos falaba superficialmente do que suporía un proxecto serio de 
tradución de software. Non hai máis que remitirse aos arquivos da lista de 
correo. Non hai máis que dicir que deberiades nese momento estar mellor 
informados, se cadra levando as conversas directamente e sendo vós a fonte de 
propostas, non a fonte de preguntas. Así que considerar un desentendemento 
coma unha negativa formal, paréceme esaxerado, pois o que ten a idea é o que 
a leva a cabo, non o que agarda a que lla traian á casa.

 En contra do que se di na 
 mensaxe, debo aclarar que as xornadas sempre tiveron garantida a
 financiación (Concello + Deputación)

Eu non recordo ter dito nada na mensaxe sobre se as Xornadas tiveron ou non 
garantida unha financiación, ou polo menos non lembro ter dito nada, se cadra 
fállame a memoria?


 pero non así o Proxecto 
 Estaleiro, por iso dubido de que se ofrecera financiación segura para
 traducir nada. De feito o Proxecto Estaleiro nunca chegou a arrancar
 até hoxe por falta de financiamento (o Concello de Fene non pode por
 si só custealo).

Entón podes explicarme qué é isto (palabras de Roberto Brenlla)?:

Uns responsables dun concello están interesados en ofrecer algúns
fondos cos que afrontar custes de traducción ó galego.

En primeiro termo falan de darllos a Trasno (ou individualmente a
xente que colabora con Trasno) para determinadas aplicacións e
escritorios.
Coma segunda posibilidade pensan na lóxica de facelo vía becas
oficiais, por exemplo, a filólogos. (Roberto Brenlla 14-01-05)

Ao mellor entendimos mal, a min nunca se me deron ben as obviedades. Volvo 
repetir que o mellor xeito de falar entre as partes é directamente.



 - A segunda refírese ás xestións perante a D.X. de Normalización
 Lingüística realizadas por Roberto Brenlla. Podo confirmar que se
 realizaron a través dunha persoa que coñezo, e que en todo momento só
 tiveron como obxectivo promover o devandito corrector ortográfico para
 o OpenOffice, de xeito que a Administración financiara a súa
 elaboración dunha vez. 

Xa hai un excelente dicionario-corrector en mínimos feito por Ramón Flores 
para o OpenOffice entre outros programas. A cuestión da elaboración dun 
dicionario en normativa oficial discutiuse con anterioridade e concluiuse que 
por motivo da colocación dos enclíticos (feito que desembocaba nunha 
cantidade desmesurada de entradas no dicionario) era inviábel facer un 
dicionario en normativa oficial coas actuais tecnoloxías 

Re: -- Anuncio -- Ler por favor.

2005-09-29 Conversa Roberto Brenlla
Xabi,

Por favor, non sei a que veñen estas afirmacións ... máxime cando a
empresa que fundamos uns canto hai tan só uns meses *non* nos imos
presentar.  E, se non mo cres, agarda uns poucos dias, é un concurso
público e calquera poderá coñecer os pormenores. Espero que daquela
sexas tan veloz coma agora á hora de rectificar.

En canto aos comentarios verquidos na miña contra (e varios máis!),
estounos lendo con calma para ver o que fago (ou facemos). O que está
claro é que os teus comentarios están fóra da verdade. Se non opinas
igual, presenta probas se es quen de atopalas (ou inventalas).

Roberto
___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno