Re: [META] O rollete este da xuntanza do día 10 e 11, trasno, o ser e o nada, etc.....

2008-05-06 Conversa Leandro Regueiro
2008/5/5 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 Olá,
  pois vale, teño a pelota no meu tellado. Ao parecer, teño que falar na
  xuntaza/ida de pelota esa á que lle deron en chamar g11n, e non, non
  se refere a globalization.
  Pois ben, para facer un papel minimamente digno preciso da vosa
  colaboración, máis ben, da vosa información.
  Así que sen máis, paso a enumerar unhas perguntas que se forades tan
  amábeis de contestar, habían ser de grande utilidade. Eu tamén as
  responderei (mañá, que teño que facer a cea), e prégovos que as
  respostas vaias directamente á mensaxe nai, é dicer, que se responda a
  esta mensaxe, non a respostas de respostas. Asimesmo, sería útil que
  non vos influades polas respostas de outra xente. Finalmente, isto vai
  para todos, antigos, modernos, activos, pasivos, ..
  A ver, que me lío:

  1.-Que é trasno?
Grupo de tradutores que intentan traducir SL ó galego que van e veñen.
A forma de goberno é a anarquía :)

  2.-Que fai que defina a alguén como trasnego (membro de trasno)?
Traducir SL ó galego (normalmente pouco) e escribir mensaxes na lista
de correo (normalmente a isto dedícaselle máis tempo, ainda que non
moito máis)

  3.-Como escolle en que colaborar?
O que estea libre, ou o que non estea libre sempre que o que xa o leve
non sexa moi can (parafraseando a Suso)

  4.-De onde saca o tempo para colaborar?
Do tempo dos estudos, claro está, ademais doutros anacos de tempo.
Pero só se traduce en gran proximidade de exames ou cando veñen moitas
ganas (p.ex. despois de recibir un agasallo polo traballo voluntario)

  5.-Que organización segue naquelo onde colabora?
 Explicación por favor...

  5'.-Como está organizado trasno?
Anarquía total de grupúsculos que usan a lista de correo para se
comunicar. Isto non quita que nalgúns grupos (maiormente nos que hai
máis dunha persoa traducindo) haxa algún tipo de organización
semixerárquica..

  6.-Que partes da web de trasno lle resultan de utilidade?
Recursos para tradutores. É imprescindible, ainda que incompleta.

  7.-De que carece trasno?
Organización, e sobre todo de tradutores e apoio por parte da
comunidade (non falo da do SL, senón da xente común) xa sexa por
descoñecemento ou porque non lles interesa un carallo, pode que tamén
falte a experiencia dos que se van... posiblemente tamén adoece
doutras cousas, pero agora non caio...

  8.-Como se meteu nisto da tradución?
Quería ter os programas que uso en galego, así que ante a
imposibilidade de ter o windows en galego, sacrifiqueime e pasei e
GNU/Linux...

  9.-Como é que segue nisto?
As cousas non se traducen soas, sabes??

  10.-Como sería o seu proxecto de proxectos ideal?
Era o Mandrake antes de que chimparan ó Pablo Saratxaga, eu só tiña
que baixar o .po, traducir e envialo de volta. A miña interface era
el, polo que non me tiña que preocupar do CVS, nin de sincronizar
ficheiros, nin de nada que non mencionara na frase anterior.

  Máis nada, vémonos o sábado,

Iso se me entero antes de onde é o sitio da xuntanza. Dani, se me
acordo chámote :)

Ata logo,
Leandro Regueiro

2008/5/6 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:

Xa cain, depende. Normalmente estaba en cousas nas que non me tiña que
preocupar de sincronizarme con ninguén. De feito, sincronízome tan
pouco que son o único tradutor que se puxo a traducir Mandriva cando
as traducións xa non entraban na versión que estaba a piques de se
publicar (xa van dúas veces, eu sonvos así :)).

Noutros grupos teimei ata conseguir ser eu o coordinador xa que da
moita liberdade, por exemplo en wesnoth todo pasa a través de min,
pero en opensuse aproveitando que temos o maravilloso Verbum
(marabilloso igual é dicir moito, pero fai ben o que lle corresponde)
podemos bloquear ficheiros para traducir nolos dous cadansúa parte,
sen depender para nada do outro a non ser para saber que se pode ou
non se pode traducir, de feito é o sistema ideal, xa que practicamente
podo traducir sen falar co outro para nada. Unha ferramenta deste tipo
é a que lle fai falta tamén a Trasno, pero para tódolos proxectos
abertos.

5'.-Como está organizado trasno?
  Anarquía total de grupúsculos que usan a lista de correo para se
  comunicar. Isto non quita que nalgúns grupos (maiormente nos que hai
  máis dunha persoa traducindo) haxa algún tipo de organización
  semixerárquica..

6.-Que partes da web de trasno lle resultan de utilidade?
  Recursos para tradutores. É imprescindible, ainda que incompleta.

7.-De que carece trasno?
  Organización, e sobre todo de tradutores e apoio por parte da
  comunidade (non falo da do SL, senón da xente común) xa sexa por
  descoñecemento ou porque non lles interesa un carallo, pode que tamén
  falte a experiencia dos que se van... posiblemente tamén adoece
  doutras cousas, pero agora non caio...

Penso que o futuro de Trasno pasa por crear un software específico que
integre Pootle, unha wiki cos recursos e información sobre Trasno, e
posiblemente un conxunto de scripts que envien as traducións
directamente ós SVN, CVS, etc dos diferentes proxectos de tradución,
non quitando que as traducións se poidan facer de forma independiente.

8.-Como se meteu nisto da tradución?
  Quería ter os programas que uso en galego, así que ante a
  imposibilidade de ter o windows en galego, sacrifiqueime e pasei e
  GNU/Linux...

9.-Como é que segue nisto?
  As cousas non se traducen soas, sabes??

10.-Como sería o seu proxecto de proxectos ideal?
  Era o Mandrake antes de que chimparan ó Pablo Saratxaga, eu só tiña
  que baixar o .po, traducir e envialo de volta. A miña interface era
  el, polo que non me tiña que preocupar do CVS, nin de sincronizar
  ficheiros, nin de nada que non mencionara na frase anterior.

Máis nada, vémonos o sábado,

  Iso se me entero antes de onde é o sitio da xuntanza. Dani, se me
  acordo chámote :)

  Ata logo,
 Leandro Regueiro

Re: outra dubida

2008-05-06 Conversa mvillarino
O Venres, 2 de Maio de 2008, Leandro Regueiro escribiu:
 Xa vexo que ninguén ten ideas para backport. Unha busca na wikipedia
 tampouco obtivo resultados.
Cortado e apegado de http://es.opensuse.org/Traduccion/Glosario
backport 
 actualización retroactiva (backport), adaptación (backport), retroadaptación 
(backport), adaptación 
-- 
Best regards
MV

signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

Re: outra dubida

2008-05-06 Conversa Leandro Regueiro
  Xa vexo que ninguén ten ideas para backport. Unha busca na wikipedia
   tampouco obtivo resultados.
  Cortado e apegado de http://es.opensuse.org/Traduccion/Glosario
  backport
   actualización retroactiva (backport), adaptación (backport), retroadaptación
  (backport), adaptación

O que mellor lle acae é o de retroadaptación na miña opinión...

Ata logo,
  Leandro Regueiro