2008/5/5 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> Olá,
>  pois vale, teño a pelota no meu tellado. Ao parecer, teño que falar na
>  xuntaza/ida de pelota esa á que lle deron en chamar "g11n", e non, non
>  se refere a globalization.
>  Pois ben, para facer un papel minimamente digno preciso da vosa
>  colaboración, máis ben, da vosa información.
>  Así que sen máis, paso a enumerar unhas perguntas que se forades tan
>  amábeis de contestar, habían ser de grande utilidade. Eu tamén as
>  responderei (mañá, que teño que facer a cea), e prégovos que as
>  respostas vaias directamente á mensaxe nai, é dicer, que se responda a
>  esta mensaxe, non a respostas de respostas. Asimesmo, sería útil que
>  non vos influades polas respostas de outra xente. Finalmente, isto vai
>  para todos, antigos, modernos, activos, pasivos, ......
>  A ver, que me lío:
>
>  1.-Que é trasno?
Grupo de tradutores que intentan traducir SL ó galego que van e veñen.
A forma de goberno é a anarquía :)

>  2.-Que fai que defina a alguén como "trasnego" (membro de trasno)?
Traducir SL ó galego (normalmente pouco) e escribir mensaxes na lista
de correo (normalmente a isto dedícaselle máis tempo, ainda que non
moito máis)

>  3.-Como escolle en que colaborar?
O que estea libre, ou o que non estea libre sempre que o que xa o leve
non sexa moi can (parafraseando a Suso)

>  4.-De onde saca o tempo para colaborar?
Do tempo dos estudos, claro está, ademais doutros anacos de tempo.
Pero só se traduce en gran proximidade de exames ou cando veñen moitas
ganas (p.ex. despois de recibir un agasallo polo traballo voluntario)

>  5.-Que organización segue naquelo onde colabora?
???? Explicación por favor...

>  5'.-Como está organizado trasno?
Anarquía total de grupúsculos que usan a lista de correo para se
comunicar. Isto non quita que nalgúns grupos (maiormente nos que hai
máis dunha persoa traducindo) haxa algún tipo de organización
semixerárquica..

>  6.-Que partes da web de trasno lle resultan de utilidade?
Recursos para tradutores. É imprescindible, ainda que incompleta.

>  7.-De que carece trasno?
Organización, e sobre todo de tradutores e apoio por parte da
comunidade (non falo da do SL, senón da xente común) xa sexa por
descoñecemento ou porque non lles interesa un carallo, pode que tamén
falte a experiencia dos que se van... posiblemente tamén adoece
doutras cousas, pero agora non caio...

>  8.-Como se meteu nisto da tradución?
Quería ter os programas que uso en galego, así que ante a
imposibilidade de ter o windows en galego, "sacrifiqueime" e pasei e
GNU/Linux...

>  9.-Como é que segue nisto?
As cousas non se traducen soas, sabes??

>  10.-Como sería o seu "proxecto de proxectos" ideal?
Era o Mandrake antes de que chimparan ó Pablo Saratxaga, eu só tiña
que baixar o .po, traducir e envialo de volta. A miña interface era
el, polo que non me tiña que preocupar do CVS, nin de sincronizar
ficheiros, nin de nada que non mencionara na frase anterior.

>
>  Máis nada, vémonos o sábado,

Iso se me entero antes de onde é o sitio da xuntanza. Dani, se me
acordo chámote :)

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a