2008/5/6 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2008/5/5 mvillarino <[email protected]>: > > > Olá, > > pois vale, teño a pelota no meu tellado. Ao parecer, teño que falar na > > xuntaza/ida de pelota esa á que lle deron en chamar "g11n", e non, non > > se refere a globalization. > > Pois ben, para facer un papel minimamente digno preciso da vosa > > colaboración, máis ben, da vosa información. > > Así que sen máis, paso a enumerar unhas perguntas que se forades tan > > amábeis de contestar, habían ser de grande utilidade. Eu tamén as > > responderei (mañá, que teño que facer a cea), e prégovos que as > > respostas vaias directamente á mensaxe nai, é dicer, que se responda a > > esta mensaxe, non a respostas de respostas. Asimesmo, sería útil que > > non vos influades polas respostas de outra xente. Finalmente, isto vai > > para todos, antigos, modernos, activos, pasivos, ...... > > A ver, que me lío: > > > > 1.-Que é trasno? > Grupo de tradutores que intentan traducir SL ó galego que van e veñen. > A forma de goberno é a anarquía :) > > > > 2.-Que fai que defina a alguén como "trasnego" (membro de trasno)? > Traducir SL ó galego (normalmente pouco) e escribir mensaxes na lista > de correo (normalmente a isto dedícaselle máis tempo, ainda que non > moito máis) > > > > 3.-Como escolle en que colaborar? > O que estea libre, ou o que non estea libre sempre que o que xa o leve > non sexa moi can (parafraseando a Suso) > > > > 4.-De onde saca o tempo para colaborar? > Do tempo dos estudos, claro está, ademais doutros anacos de tempo. > Pero só se traduce en gran proximidade de exames ou cando veñen moitas > ganas (p.ex. despois de recibir un agasallo polo traballo voluntario) > > > > 5.-Que organización segue naquelo onde colabora? > ???? Explicación por favor... Xa cain, depende. Normalmente estaba en cousas nas que non me tiña que preocupar de sincronizarme con ninguén. De feito, sincronízome tan pouco que son o único tradutor que se puxo a traducir Mandriva cando as traducións xa non entraban na versión que estaba a piques de se publicar (xa van dúas veces, eu sonvos así :)).
Noutros grupos teimei ata conseguir ser eu o coordinador xa que da moita liberdade, por exemplo en wesnoth todo pasa a través de min, pero en opensuse aproveitando que temos o maravilloso Verbum (marabilloso igual é dicir moito, pero fai ben o que lle corresponde) podemos bloquear ficheiros para traducir nolos dous cadansúa parte, sen depender para nada do outro a non ser para saber que se pode ou non se pode traducir, de feito é o sistema ideal, xa que practicamente podo traducir sen falar co outro para nada. Unha ferramenta deste tipo é a que lle fai falta tamén a Trasno, pero para tódolos proxectos abertos. > > > 5'.-Como está organizado trasno? > Anarquía total de grupúsculos que usan a lista de correo para se > comunicar. Isto non quita que nalgúns grupos (maiormente nos que hai > máis dunha persoa traducindo) haxa algún tipo de organización > semixerárquica.. > > > > 6.-Que partes da web de trasno lle resultan de utilidade? > Recursos para tradutores. É imprescindible, ainda que incompleta. > > > > 7.-De que carece trasno? > Organización, e sobre todo de tradutores e apoio por parte da > comunidade (non falo da do SL, senón da xente común) xa sexa por > descoñecemento ou porque non lles interesa un carallo, pode que tamén > falte a experiencia dos que se van... posiblemente tamén adoece > doutras cousas, pero agora non caio... Penso que o futuro de Trasno pasa por crear un software específico que integre Pootle, unha wiki cos recursos e información sobre Trasno, e posiblemente un conxunto de scripts que envien as traducións directamente ós SVN, CVS, etc dos diferentes proxectos de tradución, non quitando que as traducións se poidan facer de forma independiente. > > 8.-Como se meteu nisto da tradución? > Quería ter os programas que uso en galego, así que ante a > imposibilidade de ter o windows en galego, "sacrifiqueime" e pasei e > GNU/Linux... > > > > 9.-Como é que segue nisto? > As cousas non se traducen soas, sabes?? > > > > 10.-Como sería o seu "proxecto de proxectos" ideal? > Era o Mandrake antes de que chimparan ó Pablo Saratxaga, eu só tiña > que baixar o .po, traducir e envialo de volta. A miña interface era > el, polo que non me tiña que preocupar do CVS, nin de sincronizar > ficheiros, nin de nada que non mencionara na frase anterior. > > > > > > Máis nada, vémonos o sábado, > > Iso se me entero antes de onde é o sitio da xuntanza. Dani, se me > acordo chámote :) > > Ata logo, > Leandro Regueiro >

