Re: [IMPORTANTE] Proposta final de estatuto

2009-07-22 Conversa Miguel Branco

 Eu propoño que se se quere o presidente teña que elixir o secretario
 (para os que queren que sexa unha persoa de control e que non comparto)
 dos  mais votados e os demais (tesoureiro, vogais...) de entre os socios
 da súa confianza ou que pense que son válidos.

 Como penso que son postos con requisitos diferentes, penso que o de que
 o voten a un para posíbel presidente non quere dicir que o votasen para
 posíbel secretario ou tesoureiro. Eu seguramente non votaría ao mesmo
 para secretario  que para presidente, daquela, ¿porque ten que elixir o
 presidente para secretario ou tesoureiro a quen foi votado como posíbel
 presidente?

non me parece mal razoamento. Podo interpretar o que dis como votacións 
individualizadas para presidente, secretario e tesoureiro? por simplificar. 
Esquematiza o que propós e votamolo, paréceche?

 Sinto ser tan fodón.
está ben que se discutan estas cousas, de fodón nada. Isto é como nas vodas: 
que hable ahora o calle para siempre, que logo para reformar o estatuto hai 
que pagar bla bla bla ;)

Re: [IMPORTANTE] Proposta final de estatuto

2009-07-22 Conversa Miguel Branco

 E que facemos en caso de empate? terei que ler a proposta.
vai un máis a segunda volta, ou faise outra votación cos empatados

 Respecto ao que comenta Damufo de que debe ser o
 presidente quen elixa a directiva, mellor evitar que a directiva odie
 ao presidente por metelos no fregado.
tal como o redactara, os que saen na primeira volta poden optar por concorrer 
á votación OU NON. 

  **Márcase como función da directiva certificar as signaturas
  electrónicas corresponden con un asociado (art .14.ix)

 Home, e non poderían ser certificadas ademais por un conxunto máis
 amplo de socios? Igual entendín mal...
Poderían delegar a función, pero entendo que a responsabilidade ten que ir 
nalguén que se elixa para a directiva

  **Establecese a 'delegación de voto' (art. 25)
 Penso que o da delegación de voto, se temos voto certificado con
 sinatura dixital non sería tan necesario...
Nese caso o voto non sería secreto. En certo sentido non lle vería sentido que 
non o fose porque daquela, poñamos, se hai x persoas que votaron 
anticipadamente e se coñece o seu voto, os demais, á hora de votar poden 
modificar tacticamente o seu voto. 

Terei que revisar como fan as votacións en gentoo, fedora, suse etc igual saco 
ideas

[KDE] KDE 4.3 retrasado

2009-07-22 Conversa Miguel Branco

Supoño que vistes isto:
 
 Message: 9
 Date: Tue, 21 Jul 2009 23:03:35 +0200
 From: Dirk Mueller muel...@kde.org
 Subject: KDE 4.3 delayed, more time for translations
 To: kde-i18n-...@kde.org
 Message-ID: 200907212303.35660.muel...@kde.org
 Content-Type: Text/Plain;  charset=us-ascii

 Hi,

 final KDE 4.3 tagging was delayed till July 28th, this gives you more time
 to finish translations.

 BTW, with currently tagged RC3, pt_BR/docs/kdebase-runtime/khelpcenter
 fails to build. other docs seem to be fine.

 Greetings,
 Dirk

estou pensando en traballar directamente en /stable ata ese día e logo portar 
os cambio á /trunk. Algún problema con isto, marce?

Re: [IMPORTANTE] Proposta final de estatuto

2009-07-22 Conversa Xosé
Supoño que se entende: KISS

A escolla da directiva ha ser o único dos estatutos que ha de dar quebradeiros 
de cabeza no futuro. Canto máis se lexisle, pior, e canto máis enrevesado, 
máis pior.

Insisto, por experiencia de anos e anos e anos, en lista única proposta polo 
presidente.

Xosé

Re: [IMPORTANTE] Proposta final de estatuto

2009-07-22 Conversa damufo

Boas:

Miguel Branco escribiu:

Eu propoño que se se quere o presidente teña que elixir o secretario
(para os que queren que sexa unha persoa de control e que non comparto)
dos  mais votados e os demais (tesoureiro, vogais...) de entre os socios
da súa confianza ou que pense que son válidos.

Como penso que son postos con requisitos diferentes, penso que o de que
o voten a un para posíbel presidente non quere dicir que o votasen para
posíbel secretario ou tesoureiro. Eu seguramente non votaría ao mesmo
para secretario  que para presidente, daquela, ¿porque ten que elixir o
presidente para secretario ou tesoureiro a quen foi votado como posíbel
presidente?

non me parece mal razoamento. Podo interpretar o que dis como votacións 
individualizadas para presidente, secretario e tesoureiro? por simplificar. 
Esquematiza o que propós e votamolo, paréceche?

Sinto ser tan fodón.
está ben que se discutan estas cousas, de fodón nada. Isto é como nas vodas: 
que hable ahora o calle para siempre, que logo para reformar o estatuto hai 
que pagar bla bla bla ;)

Eu penso que xa o comentei.
A miña proposta é (e seguro que ten algunha pega):
1. Elixir presidente, os métodos propostos parécenme ben salvo que para 
ter un presidente de consenso e garantir que como mínimo teña a maioría 
sería mellor elixir entre os dous máis votados.
2. Que o presidente elixa equipo e que este equipo sexa votado e 
aprobado por todos e será precisa a mesma maioría que para elixir 
presidente (absoluta ou a que se decida, 3/5, 3/4...)

Unha variante para os que queren contrólar ao presidente (que eu non 
comparto pero poida que así haxa máis consenso entre nós) sería (1. b) 
que despois de votar e elixir presidente, se faga o mesmo para elixir 
secretario (incluída a primeira volta)
así teriamos presidente e secretario independentes e o resto elíxeo o 
presidente e ratifícao a asemblea.

Relacionado con isto, a persoa encargada de substituír ao presidente no, 
caso que sexa, penso que tería que ser unha designada polo propio 
presidente, podendo ser o secretario se así o decide (o presidente) ou 
calquera outra.

Re: [IMPORTANTE] Proposta final de estatuto

2009-07-22 Conversa damufo

Boas:

Xosé escribiu:

Supoño que se entende: KISS

non entendo que significa isto:
Supoño que se entende: KISS Refíreste ao grupo musical? ;-)

A escolla da directiva ha ser o único dos estatutos que ha de dar quebradeiros 
de cabeza no futuro. Canto máis se lexisle, pior, e canto máis enrevesado, 
máis pior.

Insisto, por experiencia de anos e anos e anos, en lista única proposta polo 
presidente.
Se por isto te refires a que se elixe presidente e este fai unha lista 
cos cargos a elixir e esta lista apróbaa a asemblea. Por min perfecto!

Xosé

damufo

Re: [KDE] KDE 4.3 retrasado

2009-07-22 Conversa marce
O Mércores, 22 de Xullo de 2009 15:14:40 Miguel Branco escribiu:
 estou pensando en traballar directamente en /stable ata ese día e logo
 portar os cambio á /trunk. Algún problema con isto, marce?

Se traballas co Lokalize, xa cho fai automaticamente, tendo a precaución de 
indicar:
- Como cartafol das traducións: branches/stable/l10n-kde4/gl
- Como cartafol dos modelos: branches/stable/l10n-kde4/templates
= Como cartafol da galla (ou como o deixase Méixome): trunk/l10n-kde4/gl
- Como glosario: o que sexa (trunk/l10n-
kde4/gl/glosario_adaptado_lokalize_09.tbx

Re: [KDE] KDE 4.3 retrasado

2009-07-22 Conversa Miguel Branco
Ok, 

o que si, vixo que hai un paquete en kdebase con case 700 cadeas (plasma-
engine_weather): queres que o faga ou voume á kde-edu e kdegames?

O Mércores, 22 de Xullo de 2009 21:15:35 marce escribiu: