Boas:
Miguel Branco escribiu:
Eu propoño que se se quere o presidente teña que elixir o secretario
(para os que queren que sexa unha persoa de control e que non comparto)
dos mais votados e os demais (tesoureiro, vogais...) de entre os socios
da súa confianza ou que pense que son válidos.
Como penso que son postos con requisitos diferentes, penso que o de que
o voten a un para posíbel presidente non quere dicir que o votasen para
posíbel secretario ou tesoureiro. Eu seguramente non votaría ao mesmo
para secretario que para presidente, daquela, ¿porque ten que elixir o
presidente para secretario ou tesoureiro a quen foi votado como posíbel
presidente?
non me parece mal razoamento. Podo interpretar o que dis como votacións
individualizadas para presidente, secretario e tesoureiro? por simplificar.
Esquematiza o que propós e votamolo, paréceche?
Sinto ser tan fodón.
está ben que se discutan estas cousas, de fodón nada. Isto é como nas vodas:
"que hable ahora o calle para siempre", que logo para reformar o estatuto hai
que pagar bla bla bla ;)
Eu penso que xa o comentei.
A miña proposta é (e seguro que ten algunha pega):
1. Elixir presidente, os métodos propostos parécenme ben salvo que para
ter un presidente de consenso e garantir que como mínimo teña a maioría
sería mellor elixir entre os dous máis votados.
2. Que o presidente elixa equipo e que este equipo sexa votado e
aprobado por todos e será precisa a mesma maioría que para elixir
presidente (absoluta ou a que se decida, 3/5, 3/4...)
Unha variante para os que queren contrólar ao presidente (que eu non
comparto pero poida que así haxa máis consenso entre nós) sería (1. b)
que despois de votar e elixir presidente, se faga o mesmo para elixir
secretario (incluída a primeira volta)
así teriamos presidente e secretario independentes e o resto elíxeo o
presidente e ratifícao a asemblea.
Relacionado con isto, a persoa encargada de substituír ao presidente no,
caso que sexa, penso que tería que ser unha designada polo propio
presidente, podendo ser o secretario se así o decide (o presidente) ou
calquera outra.