Re: [Terminoloxía] Owner

2009-12-28 Conversa Leandro Regueiro
 Dono ou propietario?

 Sen dúbida ningunha: armador

É broma, non? O 28 é hoxe.


Re: Constitúese a Asociación Proxecto Trasno

2009-12-28 Conversa Leandro Regueiro
  o NIF G70234315, co cal a asociación queda legalmente constituída.

 E como vai o do NIF ?

 Ese NIF xa é o definitivo.

Perfecto.


Re: [Terminoloxía] Sparse file

2009-12-28 Conversa Leandro Regueiro
 *Function: adjective*
 *Inflected Form(s): spars·er; spars·est*
 *Etymology: Latin sparsus spread out, from past participle of spargere to
 scatter — more at spark http://m-w.com/dictionary/spark*
 [...]
 Alguén suxeriu esparexido, pois penso que é o que máis se lle achega
 etimolóxicamente.

 Habería que explotar a outra vía: os anacos que forman ficheiro realmente non
 están estrados, están compactados [dun xeito semellante ao que se fai con
 imaxes raster (cando se representa unha secuencia de bits de igual valor dun
 xeito abreviado)]. Con base no significado adáptaselle mellor algo como
 «ficheiro compactado» --fuxir de comprimir e semellantes-- ou «ficheiro
 abreviado».

ficheiro comprimido evidentemente é mala idea. O de compactado si
que podería ser unha boa idea, pero sigo sen velo claro.


Re: termos de metereoloxía

2009-12-28 Conversa Leandro Regueiro
 Persoalmente estou orgulloso do traballo que fixo Miguel ao empregar termos
 como  puvisada, coriscada e demais, que eu nin coñecía.

 Grazas!:  Eu tampouco os coñecía :), cambiar de idioma na wikipedia dá moito
 de si, (mailo meu pequeno xerais)

Xa. Non é por desmerecer o traballo de ninguén, pero haberá que revisar iso.


Re: [Terminoloxía] Owner

2009-12-28 Conversa marce
O Luns, 28 de Decembro de 2009 17:40:25 Leandro Regueiro escribiu:
 É broma, non?

Case, (a ship owner é un armador.)


signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.