[terminoloxia] grid, clue (encrucillados)

2013-12-08 Conversa Antón Méixome
Despois de discutilo Bouzada e mais eu chegamos a esta proposta

crossword - grid - clue

encrucillado - gradicela  - definición


Desbotamos

grella, cruzado, cuadrilátero, cuadrícula, debuxo, diagrama,

Resulta rechamante que ata hoxe non haxa unha palabra especializada
con este valor. O dicionario RAG permite chamarlle ao debuxo dos
cadros do xogo tamén encrucillado pero resulta totalmente impreciso
para manexar un software de creación de encrucillados como o genxword.
Pódese aceptar como sinónimo hiperónimo pero... un encrucillado
consta de dous elementos: cadros asociados en forma de liñas cruzadas
que forman unha figura de encrucillado?

Por certo, este tipo de precisións deberían estar na definición da
palabra encrucillado pero o que nos atopamos é que a definición do
DRAG está fortemente inspirada na do DRAE (ou ao revés pero non
creo) e como o orixinal non o fai, a RAG tampouco.

Gradicela, trátase dunha palabra enxebre que se fai sinónima de malla,
que está decaendo no seu uso e que resulta perfecta para a súa
recuperación (reixa, enreixado, gradicela): un encrucillado é un xogo
de palabras que consiste en encher coas súas letras unha gradicela que
combina as palabras adecuadas suxeridas polas súas definicións
cruzándoas de modo preciso no debuxo que forma a gradicela.

De feito, resultaría tamén moi recomendable para todas as traducións
do «grid» inglés en programas de deseño ou debuxo. Na nosa opinión
debería dárselle prioridade antes que usar «grade»

Definición non ten problema ningún e ademais xa se utiliza amplamente
neste contexto.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Traducións de Aegisub e wxWidgets

2013-12-08 Conversa Leandro Regueiro
Gran traballo! Os meus parabéns Nuria.


2013/12/7 Marcos Lans marcoslansga...@gmail.com:


 En 07/12/13 21:31, Antón Méixome escribiu:
 En canto teñamos a memoria de tradución, cumpriría facer unha
 presentación para o web.

As memorias de tradución xa están penduradas e publicadas en
http://www.trasno.net/memorias-de-traducion/

Déixovos o traballo de publicar a nova a vós, que estou a piques de
marchar para Limerick e aínda teño que aquelar algunhas cousas.


 Anexo unha captura de imaxe que pode servir para ilustrar.

 Instalar Aegisub 32-bit en Ubuntu 12.04 non foi moco de pavo, polo
 menos para min, pero logreino

 A min instalalo no Ubuntu 12.04 co deb 32-bit da páxina non me deu
 problemas.


 2013/12/7 Marcos Lans marcoslansga...@gmail.com:
 Grande traballo, parabéns.

 En 07/12/13 20:22, Nuria Andión escribiu:
 Ola a tods,
 Están xa enviadas as traducións completas e serán incluídas na seguinte
 revisión. Aegisub (http://www.aegisub.org) é un programa de edición de
 subtítulos multiplataforma e doado de utilizar que soporta os formatos
 habituais de subtítulos (ssa, srt, sub, txt, ass, mkv, mks e mka).

 wxWidgets (http://www.wxwidgets.org/) é un conxunto de ferramentas de
 construción de entornos gráficos que utiliza tamén Aegisub. Retomei a
 tradución que comezaran Leandro Regueiro e Adrián González Alba.

 Un saúdo
 Nuria Andión
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto