Re: [terminoloxia] tile

2016-01-14 Conversa Leandro Regueiro
O 14 xaneiro 2016 06:04, Marcos Lans  escribiu:
>
> Non uso windows pero na súa páxina aberta para consultas de tradución
> todas as acepcións de Tile levan a Mosaico:
>
>
> http://www.microsoft.com/Language/en-US/Search.aspx?sString=digest=gl-es

Ola,
"tile" emprégase nunha chea de contextos diferentes e non é posible
ter unha tradución única debido a que se corresponde con varios
conceptos distintos. Dito iso dubido que «mosaico» sexa unha tradución
axeitada pola razón xa comentada de que un mosaico se compón de varios
"tiles".


Deica

> On 12/01/16 19:36, Isaac Álvarez Veiga wrote:
>> En Windows emprégase “Mosaico” para o plural, pero no singular tradúcese
>> normalmente como “icona”, xa que realmente non é máis ca iso, o que pasa
>> é que os de Redmond decidiron cambiarlle o nome, pero a súa función é a
>> mesma.
>>
>>
>>
>>
>> *De: *Adrián Chaves Fernández 
>> *Enviado: *martes 12 xaneiro 2016 ás 19:03
>> *Para: *Marcos Lans 
>> *CC: *Trasno - Lista 
>> *Asunto: *Re: [terminoloxia] tile
>>
>>
>>
>> Mosaico podería valer para o plural (tiles), pero non para o singular
>> (tile).
>>
>>
>>
>> 2016-01-12 3:08 GMT+01:00 Marcos Lans > >:
>>
>> En Windows traducen: Tile > Mosaicos
>>  Live Tile > Mosaico dinámico
>>
>> 
>> http://www.microsoft.com/Language/en-US/Search.aspx?sString=digest=gl-es
>>
>>
>> On 11/01/16 20:49, Antón Méixome wrote:
>> > Ollo, non confundir co gl. til/tiles, falo do inglés
>> >
>> > Outro que se está "impoñendo"
>> >
>> > 
>> https://social.msdn.microsoft.com/search/en-US/windows?query=tile=183
>> >
>> > En ambiente android andará por aquí
>> >
>> > http://developer.android.com/design/index.html
>> >
>> > A cousa é que eu vouno traducindo por "baldosas" que compoñen un
>> > "mosaico" pola inmediatez de comprensión aínda que non me acaba de
>> > convencer.
>> > ___
>> > proxecto mailing list
>> > proxecto@trasno.net 
>> > http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>> >
>> ___
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net 
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>> ___
>> proxecto mailing list
>> proxecto@trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto


Re: tradución de android

2016-01-14 Conversa Leandro Regueiro
O 14 xaneiro 2016 00:26, Antón Méixome  escribiu:
> Envío a tradución actual de CM 12.1
>
> O tema é buscar de onde sacar a versión en inglés en-US.
>
> As versións en en-UK e en-AU son moi reducidas xa que os tradutores
> non editan todos os ficheiros dun idioma completo, supoño que só tocan
> os que lles parecen relevantes para a súa variedade. Non hai versión
> consultable orixinal salvo na plataforma Crowdin cando traduces cadea
> a cadea.

Pois vai haber que facer o mesmo que con Android: ir repositorio a
repositorio en https://github.com/CyanogenMod

Comprobei algúns ficheiros e non parece que sexa tan complicado. Por
exemplo se abres o ZIP e entras en
/cm-12.1/device/samsung/galaxys2-common/AdvancedDisplay/res/values-gl-rES/
ves que iso está en
https://github.com/CyanogenMod/android_device_samsung_galaxys2-common/tree/cm-12.1/AdvancedDisplay/res/values-gl-rES
O máis complicado é atopar o repositorio, pero se vas a
https://github.com/CyanogenMod e en "Filters" (enriba da lista de
repositorios) escribes "android_device_samsung" xa che filtra os
repositorios para /cm-12.1/device/samsung/ Así por exemplo sería
"android_frameworks_base" para /cm-12.1/frameworks/base/ Así ves que
con substituír os "/" por "_" e que "cm-12.1" é "android" é facil
filtrar.


Deica

> O 13 xaneiro 2016 22:47, Leandro Regueiro  
> escribiu:
>> O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro  
>> escribiu:
>>> O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro  
>>> escribiu:
 O 13 xaneiro 2016 19:10, Isaac Álvarez Veiga  
 escribiu:
> Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de
> CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma
> terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes? 
> Pode
> que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do
> contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo 
> Leandro. É
> unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao
> completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale tarde 
> ca
> nunca...
>
> El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome ()
> escribió:
>>
>> O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro 
>> escribiu:
>> > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
>> > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
>> > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
>> > dous directorios.
>>
>>
>> Claro,
>>
>> Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases"
>> senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de
>> código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun
>> cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux.
>> Supoño que tiraches de consola para reunilos

 Pois non. Mirei por riba e só vin traducións no directorio da ligazón.

 Respecto do método que empreguei creo que mais ou menos foi o seguinte:

 - Baixei un tar do directorio e descomprimino
 - Creei un virtualenv e instalei
 https://github.com/miracle2k/android2po nel (executando pip install
 android2po)
 - Lin o README 
 https://github.com/miracle2k/android2po/blob/master/README.rst
 - Creei un directorio chamado po
 - a2po init --android res --gettext po (sendo res o directorio cos
 ficheiros orixinais (tradución e inglés) e po o directorio onde se van
 gardar os ficheiros PO)
 -  
 http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx


 Non estou moi seguro de que debamos documentar o método xa que depende
 de os ficheiros XML de Android estean nunha estrutura de directorios
 dun proxecto Android (é dicir, non poden ser ficheiros soltos).
>>>
>>> Esquecíame. Se me indicades onde está o repositorio de Cyanogen podo
>>> ver a ver se dou sacado un TMX.
>>
>> Acabo de mirar cantos repositorios ten Android e é brutal:
>> https://android.googlesource.com/ Vai dar un traballo bestial
>> converter todo iso. Supoño que con scripts se podería automatizar,
>> claro.
>>
>>
>> Deica
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto