O 14 xaneiro 2016 00:26, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu: > Envío a tradución actual de CM 12.1 > > O tema é buscar de onde sacar a versión en inglés en-US. > > As versións en en-UK e en-AU son moi reducidas xa que os tradutores > non editan todos os ficheiros dun idioma completo, supoño que só tocan > os que lles parecen relevantes para a súa variedade. Non hai versión > consultable orixinal salvo na plataforma Crowdin cando traduces cadea > a cadea.
Pois vai haber que facer o mesmo que con Android: ir repositorio a repositorio en https://github.com/CyanogenMod Comprobei algúns ficheiros e non parece que sexa tan complicado. Por exemplo se abres o ZIP e entras en /cm-12.1/device/samsung/galaxys2-common/AdvancedDisplay/res/values-gl-rES/ ves que iso está en https://github.com/CyanogenMod/android_device_samsung_galaxys2-common/tree/cm-12.1/AdvancedDisplay/res/values-gl-rES O máis complicado é atopar o repositorio, pero se vas a https://github.com/CyanogenMod e en "Filters" (enriba da lista de repositorios) escribes "android_device_samsung" xa che filtra os repositorios para /cm-12.1/device/samsung/ Así por exemplo sería "android_frameworks_base" para /cm-12.1/frameworks/base/ Así ves que con substituír os "/" por "_" e que "cm-12.1" é "android" é facil filtrar. Deica > O 13 xaneiro 2016 22:47, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> > escribiu: >> O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> >> escribiu: >>> O 13 xaneiro 2016 22:43, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> >>> escribiu: >>>> O 13 xaneiro 2016 19:10, Isaac Álvarez Veiga <ialvarezv2...@gmail.com> >>>> escribiu: >>>>> Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de >>>>> CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma >>>>> terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes? >>>>> Pode >>>>> que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do >>>>> contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo >>>>> Leandro. É >>>>> unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao >>>>> completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale tarde >>>>> ca >>>>> nunca... >>>>> >>>>> El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome (<cert...@certima.net>) >>>>> escribió: >>>>>> >>>>>> O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> >>>>>> escribiu: >>>>>> > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para >>>>>> > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha >>>>>> > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses >>>>>> > dous directorios. >>>>>> >>>>>> >>>>>> Claro, >>>>>> >>>>>> Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases" >>>>>> senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de >>>>>> código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun >>>>>> cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux. >>>>>> Supoño que tiraches de consola para reunilos >>>> >>>> Pois non. Mirei por riba e só vin traducións no directorio da ligazón. >>>> >>>> Respecto do método que empreguei creo que mais ou menos foi o seguinte: >>>> >>>> - Baixei un tar do directorio e descomprimino >>>> - Creei un virtualenv e instalei >>>> https://github.com/miracle2k/android2po nel (executando pip install >>>> android2po) >>>> - Lin o README >>>> https://github.com/miracle2k/android2po/blob/master/README.rst >>>> - Creei un directorio chamado po >>>> - a2po init --android res --gettext po (sendo res o directorio cos >>>> ficheiros orixinais (tradución e inglés) e po o directorio onde se van >>>> gardar os ficheiros PO) >>>> - >>>> http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx >>>> >>>> >>>> Non estou moi seguro de que debamos documentar o método xa que depende >>>> de os ficheiros XML de Android estean nunha estrutura de directorios >>>> dun proxecto Android (é dicir, non poden ser ficheiros soltos). >>> >>> Esquecíame. Se me indicades onde está o repositorio de Cyanogen podo >>> ver a ver se dou sacado un TMX. >> >> Acabo de mirar cantos repositorios ten Android e é brutal: >> https://android.googlesource.com/ Vai dar un traballo bestial >> converter todo iso. Supoño que con scripts se podería automatizar, >> claro. >> >> >> Deica _______________________________________________ proxecto mailing list proxecto@trasno.net http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto