Re: [terminoloxia] handler

2012-05-07 Conversa mvillarino
Eu voto por xestor (ou asa)
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


[terminoloxia] handler

2012-05-06 Conversa damufo
Boas, no opentran aparece traducida como manexador máis manexador parece 
non existir a outra alternativa é manipulador que si existe.


A cadea é:
JDispatcher: :register: Event handler not recognised. Handler: %s
e quedaría así:
JDispatcher::register : manipulador de eventos non recoñecido. 
Manipulador: %s



Outros idiomas:
[ES]
jdispatcher: :register: event handler not recognised. handler: %s 
JDispatcher: :register: Evento del manejador no reconocido. Manejador: %s


[FR]
jdispatcher: :register: event handler not recognised. handler: %s 
JDispatcher::register : sous-programme de traitement des évènements non 
reconnu. Sous-programme#160;: %s


[PT]
jdispatcher: :register: event handler not recognised. handler: %s 
JDispatcher:: registrar: manipulador de eventos não reconhecido. 
Manipulador: %s


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] handler

2012-05-06 Conversa Adrián Chaves Fernández
O Domingo, 6 de Maio de 2012 09:11:12 damufo escribiu:
 Boas, no opentran aparece traducida como manexador máis manexador parece
 non existir a outra alternativa é manipulador que si existe.

Eu creo que «manipulador» implica que o «handler» pode facer cambios[0] sobre 
o «evento»[1], pero un «handler» non deixa de ser (nos casos que eu coñezo) 
unha función que se executa cando sucede un evento, recibindo xeralmente datos 
sobre o evento. É dicir, non «manipula» o evento, senón que «actúa» en 
reacción a este.

O concepto a traducirmos aquí non é simplemente «handler», senón «event 
handler», e ao mellor isto nos facilita as cousas.

Coincido con que «manexador» non é unha opción pouco desexable (non me gusta 
inventarmos termos se podemos evitalo), pero «manipulador» tampouco me acaba 
de convencer.

En calquera caso, aquí vai unha tormenta das ideas:
- manipulador (de eventos)
- xestor (de eventos)
- controlador (de eventos)
- función (ou método) de control
- función (ou método) de reacción
- función (ou método) reactivo[2]
- reactivo[3]
- función (ou método) reactor[4]
- reactor[5]
- función (ou método) de tratamento (de eventos)
- función (ou método) de procesamento (de eventos)
- procesador (de eventos)



Notas:
[0] Isto é unha asunción persoal, o RAG fala de «operacións sobre [algo]», e 
se dende a informática aceptamos que as «operacións» poden ser de lectura, 
podería pasar.
[1] Houbo algunha decisión sobre a tradución de «event»? Lembro falarmos diso 
algunha vez, pero non vexo nada no TBX das trasnadas.
[2] RAG para «reactivo» como adxectivo: que reacciona, que ten capacidade de 
reaccionar. Nótese que como substantivo só ten o significado químico.
[3] Poderíamos asignarlle un novo significado (aparte do químico). Polo menos a 
palabra existe.
[4] Non está recoñecida como adxectivo.
[5] A palabra existe, aínda que estaríamos inventándonos o significado.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto