Presentación Anxo

2011-01-17 Conversa Anxo TAto
Ola! Gracias a todos polo recibimento. Que ben atopar por aquí alguén de Touro! Xa baixei o gettext, poñereime en contacto cos desenvolvedores de Pondus para ver o sistema de tradución e se o está traducindo alguén, etc. Supoño que axiña terei dúbidas para preguntarvos. Saúdos

Re: Presentación Anxo

2011-01-12 Conversa Miguel Bouzada
Pondus emprega gettext. O que si que terá é que informar aos desenvolvedores non sexa que alguén estea a traballar xa na tradución, e para acordar a forma de envío. Se vai seren a súa primeira tradución, suxeriríalle que enviara á lista o resultado do seu traballo, para que os que saiban desa

Re: Presentación Anxo

2011-01-12 Conversa Miguel Bouzada
Esqueciaseme en .../pondus-0.7.2/po hay un ficheiro READMR, no que se lee *Creating a new translation: - Run `msginit` in `po/` and follow the instructions. Alternatively, you can also copy `pondus.pot` to `LL.po` (where LL is your language code) and edit the header

Presentación Anxo

2011-01-11 Conversa Anxo TAto
Ola! Chámome Anxo e veño de subscribirme á lista de correo de Trasno. Son de Touro (A Coruña) e estou estudando Telecomunicacións en Vigo. Levo unha temporada usando software libre (versión para netbook de Ubuntu) e gustaríame colaborar na traducción de aplicacións ao galego. Como podo comezar?