Re: Que opinades?

2011-01-04 Conversa Miguel Bouzada
Neste caso, refirese a un módulo (incrustado, en forma de chip, ou
semellante) sólido de memoria, solidario (por soldadura ou zócolo) non a
unha «tarxeta» do tipo SD etc... extraíble, polo que a libre interpretación
creo que só obedece a ignorancia na materia de quen traduciu que ao ver
«Memoria Flash» interpreta «memoria extraíbel»

Pola miña parte, creo que «tarxeta» e como mellor acae (cando falemos, que
non é o caso do texto criticado, de extraíbeis/removíbeis) tendo en conta o
histórico do emprego dese termo a partires do concepto das «removíbeis» que
xurdiron no tempos dos zócolos ISA.


2011/1/4 Antón Méixome cert...@certima.net


 Hoxe en día sería correcto. Aquí hai un problema de límites entre palabras,
 si; pero sobre todo un problema de falta de criterio

 Temos dúas palabras: cartón, cartoliña, ... tarxeta e outra candidata:
 placa. E marcamos distancia ata certo punto con carné e carta.

 Ata/Desde onde se segue aos demais (portugués ou español) e ata onde hai
 que asumir a nosa propia fala que evidentemente recolle a nosa realidade
 sociocultural e comercial?

 A RAG ata este momento decidiu esconderse e laissez passer:

 *cartón**s.m.* *1*. Material groso e duro, feito de pasta de papel. *Unha
 caixa de cartón.* *2*. Obxecto de cartolina ou de material plástico de
 forma rectangular onde van impresos certos datos do usuario como por exemplo
 o *carné* ou a *carta* (de estudiante, de identidade, etc.) e máis
 especificamente o *cartón* (ou *tarxeta*) *de crédito, o cartón* (ou *
 tarxeta*) *de visita*, etc. SIN. *tarxeta*. *3*. Anaco pequeno de
 cartolina que se usa no fútbol e noutros deportes para indicar distintos
 castigos segundo a cor que teña. *O cartón vermello significa a expulsión
 dun xogador. *SIN. *tarxeta*.* *s* **Cartón de visita*. Pequena cartolina
 onde vai inscrito o nome e/ou outros datos, como a profesión, enderezo,
 etc., dunha persoa, utilizada en distintos aspectos da vida social./ *Cartón
 de crédito*. Cartón emitido por unha entidade financeira a nome dunha
 persoa, onde constan certos datos seus e que é usado para distintos
 servicios sen necesidade de ter que pagar en efectivo.

 *tarxeta**s.f.* *1*. Anaco pequeno e rectangular de cartolina, plástico,
 ou papel recuberto de plástico, onde están escritos, gravados ou pegados
 datos diversos sobre o seu propietario, segundo o carácter do documento. 
 *Tarxeta
 de identidade, de estudiante. *SIN. *carné**, carta.Tarxeta de crédito, de
 visita. *SIN. *cartón**.*
 *2*. Anaco pequeno de cartolina que se usa nalgúns deportes para indicar
 distintos castigos ós xogadores, segundo a cor que teña. *O árbitro
 sacoulle a tarxeta amarela por protestar. *SIN. *cartón**.* s* **Tarxeta
 de crédito*. Tarxeta emitida por unha entidade financeira a nome dunha
 persoa, que se usa para distintos servicios sen ter que pagar en efectivo. /
 *Tarxeta de visita*. Pequena cartolina na que vai inscrito o nome e outros
 datos dunha persoa que permiten contactar con ela cando se desexe. / *Tarxeta
 postal.*Cartolina de forma rectangular que se envía por correo e que nunha
 das súas caras leva unha fotografía ou debuxo e na outra espacio para pó-los
 datos (nome, enderezo), os selos e o texto. SIN. *postal**.*
 tasa* *s.f. **taxa*.

 *placa**s.f.**1*. Lámina dun material duro, plana, de grosor uniforme e
 delgada en relación co seu tamaño. *Unha placa de cemento, de vidro.* CF.
 *prancha**.* *2*. Anaco de metal, madeira, etc., cunha inscrición. *Unha
 placa de policía. A placa da matrícula. No parque hai unha placa de bronce
 en conmemoración do acontecemento.*

 Se queredes discutimos sobre o valor que non recolle: o de soporte de
 almacenamento de datos dixitais

 tarxeta/cartón/placa de memoria?

 Sería logo tarxeta/cartón/placa PCMCIA?
 Seria logo tarxeta/cartón de embarque?
 Xa que a RAG non o fai, alguén considerou os valores despectivos que ten
 para os falantes o concepto de cartón ou o confuso que é, de saída,
 dicirlle a un usuario que estrea máquina «Introduza o cartón do PC»?
 :-D







 2011/1/4 damufo dam...@gmail.com

 Cartón de memoria??


 En 2010/12/30 14:27, Antón Méixome escribiu:

 Non sei se é real o que aquí se di e desde logo falta absolutamente o
 concepto cultura libre

 http://www.xunta.es/linguagalega/produtos_tecnoloxicos_para_o_nadal


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Que opinades?

2011-01-04 Conversa damufo

Boas:
Polo visto está claro que ambos termos (cartón e tarxeta) con correctos.
Eu decantaríame por tarxeta por ser máis independente do material co que 
se fai.
Tarxeta é iso, e so iso. Cartón ten outras acepcións  polo que eu 
descargaría cartón e deixaría tarxeta.



En 2011/01/04 13:02, Miguel Bouzada escribiu:
Neste caso, refirese a un módulo (incrustado, en forma de chip, ou 
semellante) sólido de memoria, solidario (por soldadura ou zócolo) non 
a unha «tarxeta» do tipo SD etc... extraíble, polo que a libre 
interpretación creo que só obedece a ignorancia na materia de quen 
traduciu que ao ver «Memoria Flash» interpreta «memoria extraíbel»


Pola miña parte, creo que «tarxeta» e como mellor acae (cando falemos, 
que non é o caso do texto criticado, de extraíbeis/removíbeis) tendo 
en conta o histórico do emprego dese termo a partires do concepto das 
«removíbeis» que xurdiron no tempos dos zócolos ISA.



2011/1/4 Antón Méixome cert...@certima.net mailto:cert...@certima.net


Hoxe en día sería correcto. Aquí hai un problema de límites entre
palabras, si; pero sobre todo un problema de falta de criterio

Temos dúas palabras: cartón, cartoliña, ... tarxeta e outra
candidata: placa. E marcamos distancia ata certo punto con carné e
carta.

Ata/Desde onde se segue aos demais (portugués ou español) e ata
onde hai que asumir a nosa propia fala que evidentemente recolle a
nosa realidade sociocultural e comercial?

A RAG ata este momento decidiu esconderse e laissez passer:

*cartón*/s.m./ *1*. Material groso e duro, feito de pasta de
papel. /Unha caixa de cartón./ *2*. Obxecto de cartolina ou de
material plástico de forma rectangular onde van impresos certos
datos do usuario como por exemplo o /carné/ ou a /carta/ (de
estudiante, de identidade, etc.) e máis especificamente o /cartón/
(ou /tarxeta/) /de crédito, o cartón/ (ou /tarxeta/) /de visita/,
etc. SIN. */tarxeta/*. *3*. Anaco pequeno de cartolina que se usa
no fútbol e noutros deportes para indicar distintos castigos
segundo a cor que teña. /O cartón vermello significa a expulsión
dun xogador. /SIN. */tarxeta/*.//s//*Cartón de visita*. Pequena
cartolina onde vai inscrito o nome e/ou outros datos, como a
profesión, enderezo, etc., dunha persoa, utilizada en distintos
aspectos da vida social./ *Cartón de crédito*. Cartón emitido por
unha entidade financeira a nome dunha persoa, onde constan certos
datos seus e que é usado para distintos servicios sen necesidade
de ter que pagar en efectivo.

*tarxeta*/s.f./ *1*. Anaco pequeno e rectangular de cartolina,
plástico, ou papel recuberto de plástico, onde están escritos,
gravados ou pegados datos diversos sobre o seu propietario,
segundo o carácter do documento. /Tarxeta de identidade, de
estudiante. /SIN. */carné/*/,*carta.*Tarxeta de crédito, de
visita. /SIN. */cartón/*/./
*2*. Anaco pequeno de cartolina que se usa nalgúns deportes para
indicar distintos castigos ós xogadores, segundo a cor que teña.
/O árbitro sacoulle a tarxeta amarela por protestar. /SIN.
*/cartón/*/./ s//*Tarxeta de crédito*. Tarxeta emitida por unha
entidade financeira a nome dunha persoa, que se usa para distintos
servicios sen ter que pagar en efectivo. / *Tarxeta de visita*.
Pequena cartolina na que vai inscrito o nome e outros datos dunha
persoa que permiten contactar con ela cando se desexe. / *Tarxeta
postal.*Cartolina de forma rectangular que se envía por correo e
que nunha das súas caras leva unha fotografía ou debuxo e na outra
espacio para pó-los datos (nome, enderezo), os selos e o texto.
SIN. */postal/*/./
tasa* /s.f. /*taxa*.

*placa*/s.f./*1*. Lámina dun material duro, plana, de grosor
uniforme e delgada en relación co seu tamaño. /Unha placa de
cemento, de vidro./ CF. */prancha/*/./ *2*. Anaco de metal,
madeira, etc., cunha inscrición. /Unha placa de policía. A placa
da matrícula. No parque hai unha placa de bronce en conmemoración
do acontecemento./

Se queredes discutimos sobre o valor que non recolle: o de soporte
de almacenamento de datos dixitais

tarxeta/cartón/placa de memoria?

Sería logo tarxeta/cartón/placa PCMCIA?
Seria logo tarxeta/cartón de embarque?
Xa que a RAG non o fai, alguén considerou os valores despectivos
que ten para os falantes o concepto de cartón ou o confuso que
é, de saída, dicirlle a un usuario que estrea máquina «Introduza o
cartón do PC»?
:-D







2011/1/4 damufo dam...@gmail.com mailto:dam...@gmail.com

Cartón de memoria??


En 2010/12/30 14:27, Antón Méixome escribiu:

Non sei se é real o que aquí se di e desde logo falta
absolutamente o concepto cultura libre

http://www.xunta.es/linguagalega/produtos_tecnoloxicos_para_o_nadal


___
  

Que opinades?

2010-12-30 Conversa Antón Méixome
Non sei se é real o que aquí se di e desde logo falta absolutamente o
concepto cultura libre

http://www.xunta.es/linguagalega/produtos_tecnoloxicos_para_o_nadal
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto