Re: [gzlinux] Terminoloxia informatica. En galego, XANELA, por favor

2000-02-06 Conversa Gonzalo Gonzalez Rodriguez

Ao respeito de ...

 
  Window - Fiestra (hai outras opcións que teñen ventá e xanela, pero
fiestra é maioritaria, e non vou dicir por que. O:DDD).
Ademais de que é a única enxebre. :-)))

Desde logo, non é axeitado buscar sempre a enxebreza nas palabras. Hai
que atender outros critérios máis científicos. Un critério simples, de
economia lingüística é recorrer ao portugués, que dá solucións válidas
para o galego:

Isto é como chamar-lle lámias (as do carro de bois! )  as xantes de
aliaxe dos coches. Para iso, chamamos-lle estadullo ou fungueiro ao
cinto de seguranza  ;)

E iso de que fiestra ( espero que o castrapismo ventá non vos pareza
acaído) é maioritário...

... pois non tes nada máis fácil e sinxelo que ir ao portugués, e ver como
resolven a palabra... janela... buf, que pouco enjebre. Aparte, son
+ de 200 MILLONS de persoas... se iso non che parez maioritário, ou que
non teña un standart aceitado... :?

 Por onde se usa tradicionalmente fiestra?. Xanela usa-se popularmente
 cando menos polo sul da provincia de Pontevedra, e ademais para todo
 tipo de xanelas, e non como di algun dicionário unicamente para as
 pequenas.

Xanela é unha palabra perfeitamente coñecida por todos os galegos. Non
vexo razón nengunha coerente para non usá-la.

Sexamos consecuentes co noso idioma. Non somos como o euskera.

Un saúdo

Gonzalo González Rodríguez
loure...@talgo.uvigo.es

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


RE: [gzlinux] Terminoloxia informatica. En galego, XANELA, por favor

2000-02-06 Conversa Xos� M . P�rez Sardi�a
Que non se empece a lear todo polas cuestións de sempre, que se é mellor
isto ou aquilo, que a miña leira é máis guapa cá túa. Que somos tantos ou
cantos millóns integrados e idioteces imperialistas e fascistas polo estilo
(o mesmo pensaba Hitler da raza aria).
En Galicia temos a nosa norma e a quen non lle guste que se cense en
Portugal ou Brasil. Claro está, mentres que Galicia non se incorpore
economicamente a esas áreas de influencia, o que vai para longo como non se
remedien outras moitas cousas que son máis importantes que a norma.
Caralladas e máis caralladas, minifundio e máis minifundio para ó final
frear todo tipo de iniciativas que van por diante de ideas fundamentadas no
aire e nos castelos boca abaixo. Tirade para diante rapaces que vale máis
face-lo choio que estar discutindo o indiscutible.

Por certo, a ninguén se lle ocorreu pensar que o galego ten coa súa posición
estratéxica na península futuro (o que constantemente se lle está a negar
dende tódalas posicións non isolacionistas).

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe