Ao respeito de ...

> 
> > Window -> Fiestra (hai outras opcións que teñen ventá e xanela, pero
> >           "fiestra" é maioritaria, e non vou dicir por que. O:DDD).
> >           Ademais de que é a única enxebre. :-)))

Desde logo, non é axeitado buscar sempre a "enxebreza" nas palabras. Hai
que atender outros critérios máis científicos. Un critério simples, de
"economia lingüística" é recorrer ao portugués, que dá solucións válidas
para o galego:

Isto é como chamar-lle "lámias" (as do carro de bois! )  as xantes de
aliaxe dos coches. Para iso, chamamos-lle "estadullo" ou "fungueiro" ao
cinto de seguranza  ;)

E iso de que "fiestra" ( espero que o castrapismo "ventá" non vos pareza
acaído) é maioritário...

... pois non tes nada máis fácil e sinxelo que ir ao portugués, e ver como
resolven a palabra... "janela"... buf, que pouco "enjebre". Aparte, son
+ de 200 MILLONS de persoas... se iso non che parez maioritário, ou que
non teña un standart aceitado... :?

> Por onde se usa tradicionalmente fiestra?. Xanela usa-se popularmente
> cando menos polo sul da provincia de Pontevedra, e ademais para todo
> tipo de xanelas, e non como di algun dicionário unicamente para as
> pequenas.

Xanela é unha palabra perfeitamente coñecida por todos os galegos. Non
vexo razón nengunha coerente para non usá-la.

Sexamos consecuentes co noso idioma. Non somos como o euskera.

Un saúdo

Gonzalo González Rodríguez
loure...@talgo.uvigo.es

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a