Que non se empece a lear todo polas cuestións de sempre, que se é mellor
isto ou aquilo, que a miña leira é máis guapa cá túa. Que somos tantos ou
cantos millóns integrados e idioteces imperialistas e fascistas polo estilo
(o mesmo pensaba Hitler da raza aria).
En Galicia temos a nosa norma e a quen non lle guste que se cense en
Portugal ou Brasil. Claro está, mentres que Galicia non se incorpore
economicamente a esas áreas de influencia, o que vai para longo como non se
remedien outras moitas cousas que son máis importantes que a norma.
Caralladas e máis caralladas, minifundio e máis minifundio para ó final
frear todo tipo de iniciativas que van por diante de ideas fundamentadas no
aire e nos castelos boca abaixo. Tirade para diante rapaces que vale máis
face-lo choio que estar discutindo o indiscutible.

Por certo, a ninguén se lle ocorreu pensar que o galego ten coa súa posición
estratéxica na península futuro (o que constantemente se lle está a negar
dende tódalas posicións non "isolacionistas").

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a