Re: [Mandriva] Varios

2009-10-06 Conversa José Manuel Castroagudín Silva
Boas,
entendo que o de xerar unha chave pública, etc, etc non é posible, así que
ao mellor isto faiche un apaño:

http://www.debianadmin.com/sshpass-non-interactive-ssh-password-authentication.html

Resulta que o programa sshpass engana a ssh e permite poñer o contrasinal
directamente na liña de ordes (isto é, evidentemente, bastante inseguro,
pero...). Tamén o pode ler dun ficheiro, que é un pouco menos inseguro.

Eu probeino e parece funcionar:

sshpass -p password ssh localhost

Iso, vaia, que ao mellor váleche. (e non terías que meter nunca o
contrasinal, jeje. Menos veces imposible)

2009/10/5 Alejo Pacín Jul alej...@gmail.com

 Boas.

 - Erros reportados corrixidos.
 - Ficheiros que non estaban baixo control de versións, engadidos e subidos.
 - Editada e actualizada a información da páxina de Trasno ó respecto.

 Nota 1: mañá debería de estar a información das estatísticas actualizada.

 Nota 2: como cando en Mandriva fas unha copia local do repositorio che crea
 unha estructura de carperta por paquete que contén os ficheiros .po de
 tódolas linguas, resulta un pouco engorroso á hora de traballar contra o
 servidor. Así que, fixen uns scripts en python (con axuda de Millán para
 facer o primeiro) para automatiza-los distintos procesos. Só me resta
 atopa-la maneira de introduci-lo contrasinal unha soa vez por operación e
 non unha vez por cada carpeta (solicítama o ssh de cada vez). Se a alguén se
 lle ocorre cómo, son todo oídos. Dito isto, se alguén precisa dos scripts
 por ter unha estructura similar, que mos pida e mándollos sen problema.

 *Importante:* se alguén máis á parte de min e de Leandro ten conta no svn
 de Mandriva que faga o favor de poñerse en contacto comigo.

 Un saúdo,

  Alejo Pacín.

-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Re: [Mandriva] Varios

2009-10-06 Conversa Alejo Pacín Jul
Graciñas. Vou probar.

2009/10/6 José Manuel Castroagudín Silva chavescesu...@gmail.com

 Boas,
 entendo que o de xerar unha chave pública, etc, etc non é posible, así que
 ao mellor isto faiche un apaño:

 http://www.debianadmin.com/sshpass-non-interactive-ssh-password-authentication.html

 Resulta que o programa sshpass engana a ssh e permite poñer o contrasinal
 directamente na liña de ordes (isto é, evidentemente, bastante inseguro,
 pero...). Tamén o pode ler dun ficheiro, que é un pouco menos inseguro.

 Eu probeino e parece funcionar:

 sshpass -p password ssh localhost

 Iso, vaia, que ao mellor váleche. (e non terías que meter nunca o
 contrasinal, jeje. Menos veces imposible)

 2009/10/5 Alejo Pacín Jul alej...@gmail.com

 Boas.

 - Erros reportados corrixidos.
 - Ficheiros que non estaban baixo control de versións, engadidos e
 subidos.
 - Editada e actualizada a información da páxina de Trasno ó respecto.

 Nota 1: mañá debería de estar a información das estatísticas actualizada.

 Nota 2: como cando en Mandriva fas unha copia local do repositorio che
 crea unha estructura de carperta por paquete que contén os ficheiros .po
 de tódolas linguas, resulta un pouco engorroso á hora de traballar contra o