Graciñas. Vou probar. 2009/10/6 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>
> Boas, > entendo que o de xerar unha chave pública, etc, etc non é posible, así que > ao mellor isto faiche un apaño: > > > http://www.debianadmin.com/sshpass-non-interactive-ssh-password-authentication.html > > Resulta que o programa sshpass engana a ssh e permite poñer o contrasinal > directamente na liña de ordes (isto é, evidentemente, bastante inseguro, > pero...). Tamén o pode ler dun ficheiro, que é un pouco menos inseguro. > > Eu probeino e parece funcionar: > > "sshpass -p <password> ssh localhost" > > Iso, vaia, que ao mellor váleche. (e non terías que meter nunca o > contrasinal, jeje. Menos veces imposible) > > 2009/10/5 Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com> > > Boas. >> >> - Erros reportados corrixidos. >> - Ficheiros que non estaban baixo control de versións, engadidos e >> subidos. >> - Editada e actualizada a información da páxina de Trasno ó respecto. >> >> Nota 1: mañá debería de estar a información das estatísticas actualizada. >> >> Nota 2: como cando en Mandriva fas unha copia local do repositorio che >> crea unha estructura de "carperta por paquete" que contén os ficheiros .po >> de tódolas linguas, resulta un pouco engorroso á hora de traballar contra o >> servidor. Así que, fixen uns scripts en python (con axuda de Millán para >> facer o primeiro) para automatiza-los distintos procesos. Só me resta >> atopa-la maneira de introduci-lo contrasinal unha soa vez por operación e >> non unha vez por cada carpeta (solicítama o ssh de cada vez). Se a alguén se >> lle ocorre cómo, son todo oídos. Dito isto, se alguén precisa dos scripts >> por ter unha estructura similar, que mos pida e mándollos sen problema. >> >> *Importante:* se alguén máis á parte de min e de Leandro ten conta no svn >> de Mandriva que faga o favor de poñerse en contacto comigo. >> >> Un saúdo, >> >> Alejo Pacín. >> > > > > -- > Saúde, > > Chaves - http://chav.es >