Boas,
entendo que o de xerar unha chave pública, etc, etc non é posible, así que
ao mellor isto faiche un apaño:

http://www.debianadmin.com/sshpass-non-interactive-ssh-password-authentication.html

Resulta que o programa sshpass engana a ssh e permite poñer o contrasinal
directamente na liña de ordes (isto é, evidentemente, bastante inseguro,
pero...). Tamén o pode ler dun ficheiro, que é un pouco menos inseguro.

Eu probeino e parece funcionar:

"sshpass -p <password> ssh localhost"

Iso, vaia, que ao mellor váleche. (e non terías que meter nunca o
contrasinal, jeje. Menos veces imposible)

2009/10/5 Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com>

> Boas.
>
> - Erros reportados corrixidos.
> - Ficheiros que non estaban baixo control de versións, engadidos e subidos.
> - Editada e actualizada a información da páxina de Trasno ó respecto.
>
> Nota 1: mañá debería de estar a información das estatísticas actualizada.
>
> Nota 2: como cando en Mandriva fas unha copia local do repositorio che crea
> unha estructura de "carperta por paquete" que contén os ficheiros .po de
> tódolas linguas, resulta un pouco engorroso á hora de traballar contra o
> servidor. Así que, fixen uns scripts en python (con axuda de Millán para
> facer o primeiro) para automatiza-los distintos procesos. Só me resta
> atopa-la maneira de introduci-lo contrasinal unha soa vez por operación e
> non unha vez por cada carpeta (solicítama o ssh de cada vez). Se a alguén se
> lle ocorre cómo, son todo oídos. Dito isto, se alguén precisa dos scripts
> por ter unha estructura similar, que mos pida e mándollos sen problema.
>
> *Importante:* se alguén máis á parte de min e de Leandro ten conta no svn
> de Mandriva que faga o favor de poñerse en contacto comigo.
>
> Un saúdo,
>
>                  Alejo Pacín.
>



-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a